Archivo de Noticias

Buscador

Noticias

Foto del resto de noticias (20240515-uvigo.jpg) Trinta especialistas en bioimpresión 3D impartirán un curso sobre esta tecnoloxía en Santiago entre o 18 e o 21 de xuño no marco do consorcio europeo Ibero+, unha iniciativa liderada desde a UVigo e que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable. O obxectivo do curso, organizado neste caso pola USC e a Universidad Carlos III de Madrid, é dar a coñecer as diferentes técnicas da bioimpresión e as súas aplicacións biomédicas entre públicos moi diversos.
Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) A Xunta pon en marcha a Rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a xornada de presentación desta iniciativa. A conselleira salientou que 'somos a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (33%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (59,8%)'.
Foto del resto de noticias (universidade-estudante.jpg) A Xunta de Galicia está xa a tramitar os decretos que permitirán, a partir do vindeiro curso, que o alumnado de grao das universidades públicas galegas e os de ensinanzas artísticas superiores teñan a matrícula gratuíta. A media será aprobada no Consello a principios de verán, a tempo para o inicio do período de matriculación. Así o explicou hoxe no Parlamento o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, que recalcou que Galicia será a primeira Comunidade na que todo o ensino será gratuíto, desde a escola infantil ata a universidade.
Foto del resto de noticias (arantza-portabales.jpg) A escritora Arantza Portabales recibiu o premio Clubs de Lectura 2024, por ser a autora galega máis lida nas bibliotecas escolares durante o curso. A entrega deste premio enmárcase na XVI Xornada de Clubs de Lectura, que congregou a máis de 400 coordinadores destes espazos educativos co obxectivo de compartir experiencias e afondar en novas accións sobre o libro e a lectura. As bibliotecas escolares galegas destacan pola calidade dos espazos de aprendizaxe, polas as actividades relacionadas co tratamento da información e competencias dixitais ou pola formación en diversidade e igualdade.
Foto del resto de noticias (praia_mar.jpg) O 97% das zonas rexistradas no censo de augas de baño de Galicia conta cunha clasificación sanitaria de excelente ou boa. Así se recolle no informe final sobre o Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño 2023 elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade presentado hoxe no Consello da Xunta. O Goberno galego iniciará o vindeiro 1 de xuño unha nova campaña do Programa de vixilancia, tomando como referencia o informe final da pasada tempada. Na pasada tempada, e con motivo da entrada en vigor do Decreto 175/2022, do 13 de outubro, sobre vixilancia sanitaria das augas de baño de Galicia, a Xunta fixo públicas as augas de baño que pasan a formar parte do novo Rexistro de Augas de Baño de Galicia, ben na sección I (augas de baño incluídas no Censo de zonas de augas de baño, na sección II (augas de baño en avaliación) ou na sección III (augas con prohibición permanente do baño).
Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia na reunión celebrada hoxe na rexión croata de Dalmacia para abordar o futuro do programa Interreg, que financia a cooperación entre rexións e municipios da Unión Europea, e debater os avances que favorecen a cooperación transfronteiriza en Europa. A conferencia permitiu facer balance da experiencia adquirida ata a data nas tres modalidades de cooperación territorial existentes -transfronteiriza, transnacional e interrexional-, así como da súa aplicación durante o período 2021-2027. Os participantes coincidiron na importancia da cooperación territorial, pois permite aos diferentes territorios intercambiar experiencias e traballar xuntos en igualdade de condicións.
Foto del resto de noticias (camino-cunchas.jpg) O Camiño de Santiago bateu un novo récord ao recibir ao peregrino número 100.000 antes que calquera outro ano, que adoita ser a principios de xuño. A homenaxe recaeu en Milagros, unha muller de 60 anos e procedente de Florida, que percorreu o Camiño Portugués da Costa co seu marido. Esta cifra enmárcase dentro da boa tendencia desta ruta de peregrinación, que en 2023 xa bateu os rexistros históricos a pesar de non ser Ano Santo. Cómpre destacar que esta ruta de peregrinación está cada vez máis desestacionalizada e diversificada. De esta maneira, a afluencia de peregrinos segue medrando fóra de tempada alta; e que cada vez hai un reparto máis equilibrado de camiñantes entre as distintas rutas. Así, se en 2004 o resto de rutas que non eran o Camiño Francés representaban só o 24% dos peregrinos, agora esa cifra incrementouse ata o 53%.
Foto del resto de noticias (costa-litoral-illas-cies.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello acordou hoxe 'iniciar os trámites' para solicitar formalmente ao Estado 'o traspaso dos medios materiais e persoais' a Galicia para poder 'exercer as competencias' en materia de ordenación do litoral que ten atribuídas polo seu Estatuto e que foron 'ratificadas polo Tribunal Constitucional'. O obxectivo é superar a actual situación na que o Goberno central segue exercitando un papel que non lle corresponde nesta materia. Para iso, tal e como explicou Rueda, a Xunta vai solicitar ao Executivo central 'que inicie este procedemento a través da Comisión Mixta de Transferencias', órgano paritario 'integrado por representantes de ambas administracións' e que será o que adopte o acordo de traspaso, que deberá ser aprobado mediante Real Decreto.
Foto del resto de noticias (20240510-xunta.JPG) Tivo lugar unha xornada de debate organizada pola Fundación Galicia Europa (FGE) no marco da celebración do Día de Europa co obxectivo de abordar coa mocidade universitaria o estado actual do proxecto de construción europea. No evento colaboraron a asociación xuvenil Equipo Europa e a asociación de debate universitario Retórica da Universidade de Vigo. No evento tratouse o impacto da Unión Europea e das eleccións ao Parlamento Europeo do próximo xuño. A fundación ten en marcha unha campaña en redes sociais para informar á cidadanía galega sobre o traballo das institucións da UE e sobre o seu impacto en Galicia. En liña co seu compromiso con achegar a Unión á xuventude, patente na iniciativa EuroXuventude, a campaña estará principalmente destinada á mocidade.
Foto del resto de noticias (20240509-uvigo.jpg) Catro traballos que versan sobre a liberdade vixiada, a crise dos pellets, a ocupación de vivendas e a intelixencia artificial foron galardoados este xoves co III Premio Xurídico de Investigación en lingua galega Xosé Luís Franco. Os catro gañadores, dúas estudantes da Universidade de Vigo, un de Santiago de Compostela e outra da Coruña, déronse a coñecer este xoves na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, impulsora destes premios, no transcurso dun acto co gallo do Día das Letras Galegas.

Archivo

2024 (206)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES