Noitebús
martes, 28 de diciembre de 2010
As noites de festa son para a mocidade trampas mortais nas que os sacrificios humáns son traxedia habitual nas nosas estradas. Concentrar nun vehículos varios noctámbulos, e conseguir que o conductor non consuma alcohol é unha solución que non sempre logra a perfección, e o chamado noitebús veu poñer unha nota favorable nun clima de preocupación de familias e institucións.
O Noitebús veu funcionando co apoio dos concellos e da Xunta, nun total de cento noventa e cinco rutas por todo Galicia, especialmente nas zonas do rural.
Pero a previsión é que a Xunta de Galicia deixe de financir este xeito de transporte festivo da fin de semana, en base á crise que dificulta o investimento de seis millóns de euros ó ano neste sistema de prevención de accidentes.
Os concellos non parecen estar dispostos a financiar o sistema, entre outras razóns por problemas económicos, quedando nas familias afectadas a decisión definitiva sobre o tema, de xeito que os rapaces aboen unha cantidade algo máis alta que os dous euros e medio que pagan na actualidade.
O sistema ten demostrado as súas bondades, debendo continuar en funcionamento e mesmo potenciarse no posible como un remedio a tanto dor e tanta traxedia como a fin de semana propicia cando se xuntan alcohol e conducción. E se o tema é económico, tendo en conta os custos das bebidas e diversións da fin de semana, tampouco debera ser obstáculo para a súa continuidade negociando o seu funcionamento entre as institucións e os afectados.
Que hai que entender que as institucións se retraigan á hora das aportacións económicas a este sistema, pero unha vez posto en marcha e demostradas as súas virtudes, non se pode deixar desaparecer cando os custos individuais son ínfimos en comparación cos resultados.
![Editorial](/_images/opinion/105.jpg)
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora