Botando contas
viernes, 08 de octubre de 2010
Despois de tres anos e medio de campaña electoral máis ou menos encuberta, chegamos ás solemnes vísperas das eleccións municipais, e en todos os concellos velan armas agardando as longas xornadas de loita que se aveciñan.
Velar armas significa tamén facer reconto das forzas propias e dos demais, reforzar listas, fichar elementos que produzan grata sorpresa electoral e consigan incorporar votantes indecisos nunha sempre necesaria captación por relación persoal.
Andan os gobernantes apurando nas obras, resumindo realizacións, para "vender" axeitadamente os resultados conseguidos. Andan as oposicións buscando defectos a esas obras, e fitando fendas polas que poder atacar os argumentos dos contrarios. Fan maiores equilibrios aínda os que gobernan en minoría, e procuran separar posturas e deixar claros os ámbitos os que gobernan en virtude dun pacto que resultou xeitoso durante bastante tempo, e agora evidénciase antinatura.
Pero as contas a priori nunca dan, por pretender que sexan clarificadoras cando aínda faltan moitos días, moita loita política, antes de que os galegos votemos e configuremos o mapa político que vai rexer os próximos catro anos.
Co noso voto destruiremos centos de ilusións e reafirmaremos ducias de brillantes traxectorias. Cos nosos votos faremos contas que serán as que en definitiva vallan diante das previas e interesadas feitas con tanto adianto.
O noso voto é o que máis lles interesa, é o que temos de maior valor e, en definitiva, é o que agora están contando, aínda sabendo que somos volubles e, segundo vaian transcurrindo os días, podemos variar de opinión, co que as súas contas poden quedar en nada.
![Editorial](/_images/opinion/105.jpg)
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora