Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Privatizar a Natureza

miércoles, 15 de mayo de 2024
Hai uns anos houbera unha polémica que chegara ao Parlamento Galego porque non quedaba claro se ían cobrar pola auga nas aldeas. Isto era un disparate posto que moitas aldeas temos traída gracias á iniciativa veciñal. Polo que dita traída é da súa propiedade.

A polémica pasou sen pena nin gloria e coido que, naquel momento, non era real. O que si é real é a auga que precisa unha celulousa para o seu funcionamento e que a utilización desta auga vai limitar a outras actividades como o marisqueo da Arousa ou diversas iniciativas de agricultura ecolóxica na Ulloa. A cambio non temos claro o que se ofrece a nivel de postos de traballo.

Con todo, dubido que vaia a pena ceder para deber o favor, máis cando non son capaces de definir tan claramente os beneficios como o ecoloxismo define as perdas. Estamos xogando con lume e a pregunta é: Se gañan eles e se demostra todo o prexuízo que vemos vir, os culpables asumirán a súa culpa?

Podo, dende o polo oposto, chegar a empatizar e a entender as razóns que levan a defender a Altri. O que non entendo, é defender esta postura dende a submisión máis absoluta : Sen pedir garantías de ningún tipo. Se unha comarca asume un prexuízo o mínimo é que se lle ofrezan contrapartidas de diversa índole, e se cadra os postos de traballo non son o máis importante. Os defensores da iniciativa deberían saber non só cantos postos de traballo haberá senón tamén transmitir seguridade e confianza en que van controlar os prexuízos ecolóxicos.

Polo que se ve, as actitudes son un motivo máis para opoñerse ao monstro da celulosa.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES