Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (15)

martes, 30 de abril de 2024
XVI. Parroquia: Vilaleo, Santa María de.
A esta cruz chégase por medio dunha estrada local, que parte da LU- 621.

1. Cruces do Adro da Igrexa.
Coordenadas U.T.M. X: 632.272. Y: 4.748.011.

Consérvanse dúas cruces, que na actualidade teñen unha función ornamental de dous nichos. A unha delas fáltalle a base, e a parte superior do brazo lonxitudinal está deteriorado. A intacta, corresponde a unha cruz, que ten unha base moldurada da que arrinca unha cruz, que amosa unha sección cuadrangular nos extremos do brazo transversal e no superior do lonxitudinal, e oitavada no resto; ademais, nos extremos dos brazos hai un tipo de cruz florenzada. É moi probable que formasen parte dun antigo Viacrucis. É probable que hai anos formasen parte dun Viacrucis.

XVII. Parroquia: Vilarello, San Pedro de.
A esta cruz accédese por medio dunha estrada local, que procede da CP-2704.

1. Cruz do Adro
Coordenadas U.T.M. X: 639.946 Y: 4.752.111.

Consérvase unha cruz de cantería, que está situada por riba do nicho da "Casa do Mesón da Baixo". A cruz amosa unha base de forma paralelepípeda, que serve de sostén a unha cruz de sección cuadrangular nos extremos do brazo transversal e no extremo superior do brazo lonxitudinal, e oitavada no resto; ademais, os extremos mostran un tipo de cruz florenzada.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES