Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (21)

viernes, 19 de abril de 2024
Como se capaban os cabalos?

"Non creas na esterilidade da dor."
-C. Fiesinger-.

Para capar os cabalos o primeiro que había que facer era tombalos entre varias Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (21)persoas, pois unha non chegaba, despois atábanse cunhas cordas ben fortes, coas cordas de prender as vacas, que se mercaban na rúa de San Pedro, en Lugo, na casa do Maragato, había que prendelos moi ben cunhas ataduras xa predispostas para o efecto e con motivo de que non se movera o cabalo.

Nos primeiros tempos facíase dunha maneira rudimentaria porque non se tiñan outros coñecementos e procedíase a darlle a volta aos testículos como xa dixemos que se facía cos touros e cos castróns e carneiros, é dicir, dábanselle sempre un mínimo de tres voltas, primeiro de abaixo para arriba de si mesmo ao testículo e despois ao revés outras tres, rematado isto, volvíase coller e dábaselle outras tres voltas da esquerda para a dereita e da dereita para a esquerda, sempre xirando sobre si. Pepe do Real xa recorda utilizar o bisturí e a medicación correspondente. Cunhas pinzas collíanse os testículos e retorcíanse, pero como as técnicas van sempre mellorando, finalmente xa viñeran outro tipo de pinzas coas que buscando o cordón, con esa pinza moderna como se fose un alicate, trincábase durante uns segundos e xa quedaba capado.

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustración: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES