Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No berce do Nadal de Viveiro

jueves, 26 de diciembre de 2019
Nistes días de Nadal, de vento fero e o mar bravo, os nosos corazóns achéganse ó berce para visitar ó Neniño de barro, que nos recorda as nosas miserias, e cantámoslle con preocupación panxoliñas que falan de aluminio, do carbón das Pontes- Baltasar vai quedar no paro- dos descartes da pesca, da deriva catalana e a falta de goberno.

Non, non temos moi boas novas. Máis ben pensamos no paro, na emigración, no eterno abandono político, nos parches das pequenas subvencións, nas carreteras que nos prometen e no negro futuro que se asoma. Tamén nos acordamos, non podía sern da outra maneira, das persoas desaparecidas en Viero e Burela e do dolor delas mesmas e a súas familias. Non, meu Rei, non hai moita chufa, senón tristura agochada tras a festa de espumillón e falsa felicidade.

Por iso cómpre non esquecernos nunca de que es a Única Verdade. Porque os nosos soños sempre están vencellados a Ti, como único remedio dos nosos males. Non, non repares na hipocresía mundana, nin en caretas que só son decorados, nin nos nosos defectos que son , como os agasallos distes días, múltiples e variados…. Agarima ós nenos e mantenlles a ledicia de vivir soñando coa estrela, cos beléns, cos Reis… de recibirte con isa tenrura, sinceridade e espontaneidade, que tanto agradecen os nosos corazóns xa vellos, mustíos e cansos.

Non esquezas, Meu Amor, achuchar a tantos velliños que pululan polas soedades das súas casas ou tristes xeriátricos e repártelles apertas garimosas dos seus e meus; nin tampouco enfermos nin sufridores de calquer tipo, porque sabes ben que non hai felicidade mentras o mundo non repare o seu desvarío. E canso tamén debes estar Ti de nós, que sendo aparentemente tan ricos, señamos tan pobres de corazón. Somos tamén de barro e fácilmente maleables. Perdóanos unha vez máis…Ti que sabes.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES