Unha fonda non é un fogar
jueves, 21 de febrero de 2019
Desafortunadamente hoxe en día hai moitos fogares que se están parecendo a unha fonda:
Unhas persoas entran e outras saen, unhas saúdanse, outras abrázanse, outras intercambian algunhas palabras
Si
algo desto está sucedendo.
Os traballos e outras historias ocupan tanto ás persoas que non permiten que os membros dunha mesma familia teñan tanto contacto persoal como precisan.
Hoxe en día pais e fillos intercomunícanse por whatsapp.
Hoxe en día hai pais e nais que se comunican cos profesores dos seus fillos a través de whatsapp.
¿Sustitúe este xeito de comunicarse á entrevista persoal?
Non, claro que non.
Pero a realidade é así en non poucos casos.
-¿Todo esto por que?
Polos cartos e por outras historias...
-¿Tan importantes son os cartos?
-¿Tan importantrs son esas outras historias..?
Os cartos son unha ferramenta moi importante para ir pola vida.
¡Que faríamos sen eles!
Pero aínda así non o son todo.
De feito cando visitamos lugares de moito luxo onde se manexan moitos cartos, non é onde se respira máis calidez humana,nin máis seguridade, nin o trato é máis personalizado...
¡Todo rapidez, todo calculado, todo pensando na economía..!
Pensanso na economía, no consumismo, no materialismo e nas apariencias
Tamén se comproba que non é nos fogares economicamente máis fortes, nos que conviven mellor.
Tampouco está demostrado que o consumismo produza a felicidade.
O materialismo, tampouco.
E as apariencias son:
¡FUME! ¡FUME!
¡VAIEDADE!¡VAIEDADE!
Certamente podemos comprobar que a veces os cartos incluso chegan a botar a perder as relacións.
A veces os moitos cartos soben a soberbia
Non deberían subila, pero a veces
Algunhas persoas pensan que os cartos solucionan todo, pero non é así.
Non sei por que me parece que estamos viviendo de apariencias.
Vivimos de apariencias incluso entre os membros dunha mesma familia.
¡Que pena!
Este ritmo de vida non leva a bo término.
Os membros dunha mesma familia necesitan tempo:
-Para relacionarse.
-Para facerse compañía.
-Para comunicarse.
-Para divertirse.
-Para convivir.
-Para disfrutar uns dos outros e cos outros
PORQUE CONVIVIR, EQUIVALE A VIVIR CON
Realmente, realmente
o tempo que dúas ou tres xeracións poden disfrutar xuntas, non é moito.
¿Hai algo máis bonito que ver como disfruatn os pais cos fillos e cos netos?
E se chegan a convivir catro xeracións, mellor aínda.
¿Non merece a pena dedicarlles tempo?
Eu pensó que si.
De seguir a este ritmo
¿Cómo serán as familias do futuro?
¿Cómo robots?
Pero
¿Os humanos somos robots?.
Ós que nos tocou nacer e medrar nun fogar onde se facía vida de familia, fomos uns afortunados.
QUÉDANNOS MOI GRANDES OS FOGARES CON SABOR A FONDA
Hoxe en día moitos nenos botan en falta ter tempo para compartir cos seus proxenitores.
¡Que pena!
OS HUMANOS NON SOMOS ROBOTS
Este seráo título do seguinte artigo.
Grazas a tódalas familias que aínda reservan tempo para compartir.
GRAZAS A ELAS SEGUEN CONSERVÁNDOSE VALORES TAN FUNDAMENTAIS QUE SÓ SE APRENDEN E SE PRACTICAN EXCLUSIVAMENTE NOS FOGARES DE TODA A VIDA.
Grazas tamén por reservar un momento do seu preciado tempo para ler esta pequena reflexión miña.
![Cachaza Platas, Mercedes](/_images/opinion/361.jpg)
Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora