Pobres de solemnidade
miércoles, 21 de marzo de 2007
En tempos, todo estaba moi claro: Dunha banda, os que tiñan un pasar, os que se gobernaban axeitadamente e vivían ben. Doutra, os pobres, sendo os de solemnidade os que presentaban as carencias máis absolutas.
Medramos colectivamente, melloramos socialmente, e conformamos unha sociedade que progresa, que se integra en Europa. E formamos entre todos unha inmensa clase media que non ve nin deixa ver os pobres da actualidade.
A Vicepresidencia de Igualdade da Xunta fixo un estudio sobre a pobreza e a exclusión social en Galicia que reflicte unha situación sangrante. 400.000 galegos son pobres, e deles 104.000 equivalen, pola súa pobreza extrema, ós antigos pobres de solemnidade.
Fálase do este da provincia de Pontevedra e parte da de Ourense como de maior pobreza, centrándose o problema preferentemente nos concellos de menos de vinte mil habitantes, aínda que non é exclusivo deles.
Dentro do colectivo de pobres, destaca que a metade deles son mulleres e que un de cada oito pensionistas galegos está incluido nesta lista negra.
Os pobres son invisibles para os non tan pobres. Deben, polo tanto, as institucións facilitar a visibilidade por parte dos poderes públicos e do resto da sociedade, porque esto non é problema dunha clase social, das institucións ou do partido que goberne, senón que é un problema de todos.
¡Acabemos coa pobreza de solemnidade!. A súa existencia avergoña, denigra e desprestixia a toda a sociedade galega, a tódolos galegos.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora