Preguntas variadas
jueves, 19 de noviembre de 2015
O ser humano empeza a facerse preguntas no momenmto en que é capaz de empezar a articular as primeiras palabras con significado propio.
Cada vez dado que as criaturas están moi estimuladas- empeza máis cedo.
Ó principio fan moita graza porque son preguntas inocentes e inxenuas.
Conforme imos avanzando en idade cronolóxica, as preguntas fanse máis obxectivas, van dirixidas a un obxectivo concreto.
Na etapa académica, as preguntas van dirixidas ó saber en liñas xerais. Son preguntas con interese cultural e formativo.
Andando o tempo, xa na idade adulta, as preguntas collen novos matices; hainas de tódolas cores:
-PREGUNTAS PURAS E DIRECTAS:
¿Queres vir comigo á festa?
-PREGUNTAS CON SEGUNDAS INTENCIÓNS.
(CAPCIOSAS):
E logo
(con retranca)
¿Non che valía máis comprar un coche máis pequeno?
¿Para que queres un tan grande para ti soa?
(Nin que lles pediras algo)
-PREGUNTAS OPORTUNAS:
Hai una actividade cultural en tal sitio.
Levo prazas baleiras no coche,
¿Queres vir?
-PREGUNTAS INOPORTUNAS.
¿Qué comedes na vosa casa?
¿Cantos cartos tes na libreta de aforros?
A min e a outras persoas en idade máis ou menos avanzada, preguntáronnos:
¿CÓMO LLE GUSTARÍA ENVELLECER?
Estou convencida que esta pregunta se nos fai para ver como podemos encauzar da mellor da forma posible esta etapa da vida.
Fíxonola o Coordinador da UNED Sénior na Galicia Rural, da que son alumna desde a súa fundación.
Seguramente será coa sa intención de estudiar diferentes actividades que nos faciliten a mellor manera de vivir con gozo esta etapa da vida.
Pois ben, no meu caso:
Para empezar direi que a ancianidade é una etapa máis da vida.
Cada persoa enfócaa á súa maneira:
EU TEÑO VARIAS COUSAS MOI CLARAS:
1.- Que, -quen non morre de novo-, chega a ancián.
2.- Que a ancianidade hai que preparala nas etapas anteriores.
3.-. Que a ancianidade é una etapa tanto ou máis interesante que as anteriores.
4.- Que cada persoa persoa vive a súa propia ancianidade
5.- Que hai que deixar un espazo para o misterio, porque a vida dá moitas voltas e nunca se sabe o que pode pasar.
6.- Que de aí para diante
outra etapa nos espera.
E COMO ESTA PREGUNTA MA FIXERON A MIN EN PARTICULAR, DIREI:
-Que dou grazas a Deus ante todo, á vida mesma e ás persoas que me axudaron a vivir ata o día de hoxe.
Estou entrando ou xa entrei case sen decatarme- nesta etapa chamada ancianidade, aínda que pola miña mente circulen ideas xoves.
-Que penso que a preparei e que a sigo preparando o mellor que eu entendo dentro das miñas capacidades: mentais, económicas, e espirituais.
Consedero e considerarei esta etapa moi productiva, de feito sigo levando una vida moi activa tanto a nivel individual como social.
-Que teño moi claro que a miña ancianidade é miña, porque cada persoa ten a súa única e intransferible.
Cando chegue o momento de verme en apuros, pido a Deus fortaleza e confianza para chegar con dignidade ata o final deste camiño terrenal.
Que deixo un espazo para o misterio porque non sei o que vai a pasar nin como vai a pasar de aquí en diante.
Quero confiar que todo sairá ben, porque a Providencia sempre me levou da súa man.
Sempre puxo no meu camiño, persoas que me axudaron a chegar feliz ata o día de hoxe.
E cando me che a hora final- quero poñerme nas mans do meu Creador, igual que levo feito toda a vida, e despois xa El sabe cal é morada que me ten reservada.
Confío que será na súa presenza e na compañía das persoas que máis amei e que máis me amaron nesta vida.
E PARA RESUMIR, DIREI QUE VIVO ESTA ETAPA EN PAZ CON DEUS, COS DEMAIS E COMIGO MESMA E PRECISAMENTE POR ESO- VÍVOA CON TODA A ESPERANZA DE QUE SON CAPAZ.
Esto é o que penso como muller crente que son.
Para min a fe cristiá é a riqueza máis grande que teño. Seguramente que é a única riqueza, porque o resto vouno deixar todo aquí o día menos pensado.
Dou moitas grazas á miña familia por educarme nos valores cristiáns.
Tamén as dou ás persoas que ó longo da vida me axudan,
por activa ou por pasiva.- a levalos a cabo.
E no meu epitafio gustríame que puxeran:
O meu nome e os meus apelidos.
A data de nacemento e a de pasamento.
GRAZAS A DEUS POR TODO
E se alguén me quere lembrar que poña:
Recordo de
Eso mesmo puxen no panteón familiar, onde respousan os restos dos meus antepasados.
Comigo, xa farán o que consideren oportuno.
Doulles as grazas anticipadas porque sei que farán o mellor que poidan e saiban.
Mentres ese día non chega.
Seguirei pensando en positivo.
PENSANDO EN POSITIVO será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión na que toquei un tema que move de xeito especial as miñas fibras máis internas.
Graciñas.
![Cachaza Platas, Mercedes](/_images/opinion/361.jpg)
Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora