Noticias

Presentada a primeira adaptación a novela gráfica do clásico 'Memorias dun neno labrego'

A Xunta de Galicia e Editorial Galaxia acaban de presentar dous novos títulos que engrosan a lista de obras publicadas pola editorial viguesa co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades: a primeira adaptación a novela gráfica do clásico Memorias dun neno labrego, de Xosé Neiras Vilas realizada por Iria Aldegunde, e a Música dos Valladares. Retratos de familia, da autoría de Pablo Bernárdez. O primeiro, dirixido a un público novo, é unha innovadora versión de Memorias dun neno labrego traslada a Balbino, o rapaz de aldea máis famoso da literatura galega, ao mundo da banda deseñada a través das ilustracións da compostelá Iria Aldegunde. O volume únese á longa lista de versións que desde a súa publicación, en 1961, suma o título co que o autor de Gres fundou a narrativa galega contemporánea.

A Xunta de Galicia e Editorial Galaxia acaban de presentar dous novos títulos que engrosan a lista de obras publicadas pola editorial viguesa co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades: a primeira adaptación a novela gráfica do clásico Memorias dun neno labrego, de Xosé Neiras Vilas realizada por Iria Aldegunde, e a Música dos Valladares. Retratos de familia, da autoría de Pablo Bernárdez.

Así informou en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que destacou “a importancia de traer á actualidade e adaptar a todo tipo de público lector, especialmente á mocidade, obras como a de Neira Vilas, que ostenta o título do libro máis lido e traducido da literatura galega”.

Dirixido a un público novo, esta innovadora versión de Memorias dun neno labrego traslada a Balbino, o rapaz de aldea máis famoso da literatura galega, ao mundo da banda deseñada a través das ilustracións da compostelá Iria Aldegunde.

O volume únese á longa lista de versións que desde a súa publicación, en 1961, suma o título co que o autor de Gres fundou a narrativa galega contemporánea.

Na presentación tamén participaron, ademais de Valentín García, a ilustradora; o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo, e o director de Produción de Galaxia, Xesús Domínguez, ademais da propia ilustradora.

A música da familia Valladares

Respecto ao libro A música dos Valladares. Retratos de familia, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou “a necesidade de dar a coñecer a vida e obra dunha familia tan relevante para a nosa cultura como foi a dos Valladares, que nos deixou un importante legado en diferentes facetas do mundo artístico”.

O volume, no que destacan as ilustracións de Hortensia Fernández, repasa a traxectoria vital e profesional dos irmáns Marcial, Avelina e Serxio a través da súa música. Cunha finalidade divulgativa, presenta textos alusivos á biografía dos compoñentes máis destacados desta numerosa familia ullá do século XIX.

Cada texto vai asociado a unha peza musical e unha ilustración. Ademais, as ditas pezas son accesibles mediante descarga a partir dun código QR, tanto en formato audio, arranxadas e gravadas para a ocasión, como en PDF para as letras e as partituras.

Acompañando a Valentín García tamén estiveron, ademais do autor e a ilustradora, os músicos Cibrán Seixo e Rubén Servide.

R., 2024-01-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (puccini.jpg) A posta en escena de La Bohème abrirá esta 72ª edición con dúas representacións o 8 e o 10 de setembro no Palacio da Ópera. A homenaxe a Puccini arranca, pois, cunha das súas obras máis coñecidas, que regresa á Coruña despois de 17 anos. Con ela, volven tamén á Temporada Lírica o tenor Celso Albelo e a soprano Miren Urbieta-Vega, nos papeis protagonistas desta produción da Luglio Musicale Trapanese, con dirección escénica de Danilo Coppola. Helena Abad, Manuel Mas, Simón Orfila, Pablo Carballido, Jacobo Rubianes e Alfonso Castro completan o elenco desta montaxe, na que José Miguel Pérez-Sierra levará a batuta da Orquestra Sinfónica de Galicia e para a que se contará, así mesmo, cos coros Gaos e Cantabile.
Foto de la tercera plana (gozo-festival.jpg) O cantante Rod Stewart vén de incorporarse ao cartel de O Gozo Festival 2024 co concerto que realizará o vindeiro 15 de decembro no Coliseum da Coruña. O artista, con máis de 250 millóns de discos e singles vendidos na súa carreira musical, chegará a Galicia da man deste festival que, ademais, ten programadas distintas opcións durante este ano en diferentes cidades galegas a cargo de reputados artistas internacionais. Nestes momentos hai máis de 52.000 entradas vendidas para o inicio da programación con público confirmado de Uruguay, Finlandia, México, Arxentina, Irlanda ou Xapón.

Notas

O proxecto Nature FIRST, no que participa 3edata, está a xerar solucións innovadoras para a monitorización da biodiversidade. A empresa de base tecnolóxica presentou en Frascati (Italia), no marco do Seminario sobre crimes ambientais e o papel das novas tecnoloxías de observación da Terra, as súas últimas achegas para esta investigación no eido da cartografía de hábitats en espazos protexidos.
Máis de 1200 participantes (académicos/as e activistas de diferentes países) preto de 200 sesións, sete conversas plenarias e máis de 20 actividades divulgativas, artísticas e culturais. Estas son algunhas das cifras da ESEE-Degrowth 2024, evento no que se agrupan a 15 Conferencia da Sociedade Europea de Economía Ecolóxica e a 10 Conferencia Internacional de Decrecemento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES