Primeira Parte
|
||||||||
|
||||||||
(Unha rúa calquera de calquera cidade. Se é posible con beirarrúa na que poidan sentar Xosé e María. De non ser así, é preciso algún outro obxecto que sirva de asento. Tamén pode valer un escano. Nunha banda hai unha porta practicable e sobre dela un letreiro: FONDA. LA BUENA ACOGIDA. SOLO CAMAS. Soa música de vilancicos. Ambiente de festas do Nadal nunha cidade.
A vestimenta é actual. María está moi embarazada, pero terá que ser de mentira; porque tén que desembarazarse en menos dun cuarto de hora. Está anoitecendo). |