 |
|
|
|
INSTITUTO DE ENSINO SECUNDARIO
ANXEL FOLE
LUGO
Departamento de Filosofía
|
|
|
Plan xeral de traballo
sobre
O Estatuto de autonomía de Galicia:cumio dunha historia.
|
 |
|
|
.- Introducción: |
|
|
|
Os traballos de aula resultan máis dinámicos e máis motivadores para o alumnado se son acompañados por traballos específicos sobre temas da materia, en concreto sobre textos legais especialmente interesantes. Tomando como base as experiencias do curso 2000 2001,cos estudios sobre a Constitución e sobre a Carta de dereitos e deberes da Unión Europea, tomouse a iniciativa -neste curso- de estudiar o Estatuto de Autonomía de Galicia e deste xeito completa-los tres referentes territoriais nos que na actualidade se move a nosa vida social: Galicia, España e Europa. Desta maneira desenvolviámo-la idea de Xan Vicente Viqueira sobra a posibilidade de integración de Galicia en varios círculos concéntricos de maior amplitude, tendo sempre como base central a propia identidade. Esta identidade galega ten a súa garantía xurídica no Estatuto de Autonomía
|
|
|
.-Obxectivos. |
|
|
- Son fins xerais desta tarefa:
|
- Axudar a facer unha reflexión sobre a historia que nos levou ó feito da organización autonómica.
- Estudia-los valores contidos no estatuto.
- Desenvolver metodoloxías de traballo sobre valores e da súa publicación na rede.
|
.- Tese central dos traballos. |
|
|
- A situación actual do feito autonómico constitúe unha maneira de recoñece-la personalidade diferencial de Galicia . Este recoñecemento é o cumio dun proceso desenvolvido o longo da historia.
|
Prof. Manuel Regueiro Tenreiro
|
|
|
|
|
|
|