Estefenía Fdez.Peteiro
Lorena Somoza


O texto do actual Estatuto de Autonomía componse de 57 artigos repartidos en 1 título preliminar e outros 5 títulos.Ten ademais tres disposicións adicionais e sete transitorias.

Trala lectura do articulado do noso Estatuto de Autonomía sacamos as seguintes impresións:
· TÍTULO PRELIMINAR

ARTiGO.1º:

Este artigo pareceunos importante debido a indicación da tarefa principal da nosa comunidade que é a de defenderse e a de solidarizarse entre si todo o pobo galego.
Pensamos que os que formamos este pobo galego debemos defender ante todo a nosa sociedade que - como intentamos ver nos nosos traballos- ten unhas características propias e distintas das demais rexións e culturas.Por iso dise que Galicia ten unha identidade.

ARTIGO 3º-2:

Unha persoa é galega pola súa cultura, non importa o lugar onde resida,en Galicia ou no extranxeiro, e por elo goza dos seus dereitos como tal, para facelo oficialmente, pode acredita-la súa galeguidade.
Un descendente dun/ha galego/a, aínda que non nacera en Galicia, tamén considerase galego.

·ARTIGO 7º-1:

Falase de que as persoas galegas que non viven na propia Galicia, teñen o dereito de solicita-lo seu recoñecemento como galego,compartindo a vida social e a cultura do pobo galego.Este dereito tamén esta vinculado a unha lei do parlamento.

·NO TITULO I FIXÁMONOS :

Artigo. 32

A Comunidade Autónoma debe promociona-la cultura galega como patrimonio herdado por tódolos cidadáns.
Entre as tarefas do parlamento,encontramos unha lei que se encargase da defensa da cultura galega, indicándonos así como debemos defende-lo patrimonio colectivo.
Polo que vemos, as leis elaboradas no parlamento axudanos a recoñecer e apreciar moitos dos nosos dereitos como cidadáns.

·DO TÍTULO III destacamos:

Artigo 39:

Cada comunidade autónoma dentro duns principios e normas básicas do estado, pode organiza-la súa administración pública e pode subir ou baixar os precios dos productos e (dentro das normas xerais do Estado) tamén pode impoñer impostos, un exemplo claro –moi de actualidade- é o caso da gasolina e das bebidas, cada comunidade autonoma, dentro duns límites, poderán subi-lo precio, neste caso destínase o diñeiro para mellora-la sanidade.

·NO TÍTULO IV fixámonos:

-Artigo 45:

Este artigo indica que cando se producen actividades contaminantes ou algún risco para o entorno físico e humano de Galicia, O Estado participará nos ingresos para subvencionar o problema ,pero os afectados tamén teran que participar. Adiántase o Estatuto as preocupacións que hoxe están de actualidade.

·NO TÍTULO V fálase:

Da reforma do Estatuto que para ser aprobada ten que cumplir uns pasos:
-ten que estar aprobado polo parlamento galego por maioría de dous tercios e polas cortes xerais.
-pero se a proposta non é aprobada polo parlamento galego ou polas cortes xerais ,non poderá ser sometida novamente a debate e votación do parlamento mentres non transcorra un ano. (Artigo 56)

Despois de visto o estatuto facemos unha pequena impresón e resume

A procura da fórmula territorial española para as rexión diferenciadas e en concreto para Galicia tivo dúas fórmulas: federalista e autonómica.A federalista foi unha idea que non callou. Chegou a bó porto a fórmula autonómicaque tivo, como é ben sabido deu como resultado os dos procesos estatutarios. O primeiro proceso estatutario, iniciado en 1932, chegou a culmina-las etapas intragalegas, e non chegou o seu cumio institucional. O segundo intento é o que hoxe estamos a celebrar
.
I.-A fase federalista da constitución de Galicia

O proceso de cambio desde unha formulación unitaria do Estado a unha formula centralizada, de inspiración federalista, procederá teoricamente do pensamento francés, aínda que os modelos federais de Estados Unidos e confederal de Suíza estaban sempre moi presentes.
A Constitución de 1873 instaurou a República Federal en España. A proposta federalista aprobouse en Lugo o 6 de xullo de 1887.
A Constitución dos federalistas galegos organiza o Estado Galaico, erixindo a Galicia en Estado autónomo ou soberano, e adopta a forma democrática -republicana para o seu goberno.
A fórmula federalista é recorrente e o 4 de xuño de 1931, en etapa preconstitucional dentro da II República, os republicanos federalistas galegos acadaron un modelo organizativo, no que Galicia xurdiría de novo como un Estado autonómico dentro de República Federal española.
Desde unha perspectiva nacionalista, o modelo federalista acadou unha fórmula distinta no Anteproxecto de Estatuto de Galiza formulado pola Ponencia do Seminario de Estudios Galegos.
A Constitución española de 1931, malia dos esforzos iniciais dos federalistas, establecen un sistema político ó que se chamou Estado integral e o esforzo dos galeguistas por manter unha estructura federalista no Estado español foi inútil.

II.- Polo tanto, Galicia contou con un proceso federalista e dous procesos autonomistas (estatutarios.)

Desde que os provincialistas, os federalistas, rexionalistas e nacionalistas foron dando textos de posibles Estatutos de Autonomía, non se chegou a facelo realidade institucional ata a II República. As consecuencias en Galicia non foron pequenas, porque dunha etapa federalista, iniciada na Coruña en 1931, seguida por outros textos, foise pasando a unha etapa integralista, na que o Estatuto foise convertendo pouco a pouco nun texto compatible realmente coa forma de goberno republicana constitucionalmente fixada.
O partido federal e o partido nacionalista, non tiñan ningunha potestade para impulsar institucionalmente o proceso estatutario.
Soamente, pois, cando se aprobou a Constitución, en 1931, foi posible construír modelos políticos de organización de Galicia, que, fixeran posible a iniciativa autonómica e o establecemento deste réxime. Cada achega forma parte integrante do proceso estatutario, polo que hai que interpreta-la súa intención e o seu contido dentro da totalidade procesual.
Ademais dos partidos políticos, foron xurdindo no proceso personaxes adscritos a cargos de representación popular que non é do caso enumerar.
Na elaboración do Estatuto de 1932, a petición de propostas de particulares e institucións foi precedida da redacción dun anteproxecto, que servía de guía para un proxecto a presentar na Asemblea. Poucas veces o pobo galego puido tan intensamente tratar un proxecto colectivo como naquel proceso estatutario.
No primeiro proceso estatutario penduraba o peso do proceso sobre a etapa galega, primeiro como proposta de Estatuto pola reunión de Concellos de Galicia e logo como aprobación polo pobo galego en referendo.
O primeiro proceso estatutario tivo, pois, dúas fases ben diferentes. Iniciouse o ano 1931, e continuou entre 1932 e 1936. O segundo proceso iniciouse coa transición política. Entre ámbolos dous, en todo caso, existen vencellos importantes, como o é o propio recoñecemento constitucional do plebiscito.

III. - Proceso estatutario do 81

Seguiu o claro precedente do Estatuto do 36, por este precisamente se considerou a Galicia como "Comunidade histórica”. O título VIII da Constitución actual foi o que permitiu este proceso que xa leva 20 anos de funcionamento. Facemos referencia á Constitución porque ó se-lo Estatuto unha "Lei Orgánica" xuridicamente é "unha extensión da Constitución" aplicada ó territorio galego e os galegos.
Esta "integración constitucional" está a facilita-lo desenvolvemento dos valores propios sinalados na Constitución: liberdade, xustiza, igualdade e pluralismo. Así como os valores resaltados no propio estatuto: galeguidade, terra, lingua e cultura.
A instauración da nosa institución parlamentaria, dos órganos de goberno e a normalidade no uso dos símbolos de Galicia (bandeira, escudo, himno) permiten que os galegos teñamos sentido de pertenza a un territorio(Galicia), e teñámo-la inclusión nun estado (España) e podamos experimentar unha crecente integración nunha entidade supra-estatal (Unión Europea). Esta nova realidade dá un paso importante no ano 2002 coa introducción efectiva da moeda única e co desenvolvemento da idea de Constitución Europea que xa ten como primeiro paso dado a Carta de Dereitos e Deberes dos cidadáns europeos.


Joven