Teresa Vázquez


Os obxectivos estatutarios dos poderes públicos galegos.

Co paso dun Estado liberal de dereito ó Estado social conseguiuse que os poderes públicos traballen considerando os dereitos fundamentais como a base deste traballo. A participación dos cidadáns nesta tarefa é moi importante. A finalidade de todo isto é a relación e a comunicación máis directa entre as autoridades da Comunidade Autónoma e os cidadáns.
O Estatuto ten uns obxectivos que deben, no marco dun estado social e de dereito, xustifica-la existencia desa Comunidade Autónoma . Como sinalou o profesor Meilán Gil: "o artigo primeiro do Estatuto sintetiza a finalidade esencial da Comunidade Autónoma,..".

Os obxectivos

Estes obxectivos son as orientacións xerais que marcan o contido das guías do estado social, tamén marcan o camiño a seguir para alcanza-la finalidade estatutaria. A nosa norma institucional introduce algunhas novidades:
O artigo 1.2 do Estatuto galego di que a Comunidade Autónoma asume a defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses.
Isto sinala que Galicia é diferente das outras Autonomías, a nosa identidade non é nova senón que xa a tiñamos, o noso territorio (a terra) marca a forma de vida dos galegos e o noso xeito de relacionármonos e comunicármonos entre nós ademais da nosa cultura.
No artigo 4.3 o noso Estatuto sinala que os poderes públicos da Comunidade aseguran o dereito dos galegos a vivir e traballar na súa terra. No artigo 5.2 sinala que os poderes públicos de Galicia garanten o uso do castelán e galego en tódolos ámbitos da vida pública.
Polo tanto, identidade (galeguidade), terra, cultura e lingua son valores diferenciais recollidos no Estatuto.

A función promocional dos poderes públicos

Aquí recóllese o contido do artigo 1.2 da Constitución engadindo a participación dos galegos na política, cultura, etc. Tamén, como queda dito, deben garanti-los poderes públicos o uso dos dous idiomas: galego e castelá
Ademais, os poderes públicos deben promove-la liberdade, a xustiza a igualdade e a pluralidade que son os valores xerais establecidos na Constitución española. No Estado social préstaselle moita atención os dereitos económicos e sociais onde a liberdade e a- igualdade compleméntanse para o desenvolvemento do individuo.
.

O complemento do Estado liberal de dereito e o social articúlanse de xeito que agora favorécese á sociedade en conxunto, no só a un individuo en particular.
No Estado liberal os dereitos fundamentais eran garantir un ámbito persoal fronte ó Estado. Pouco a pouco, isto foi cambiando e facéndose máis forte a idea dos dereitos fundamentais fronte ós poderes públicos. A actuación dos poderes públicos ten que promove-las condicións de liberdade e igualdade dos individuos e dos grupos en que estes se integren, tamén teñen que elimina-los obstáculos que impidan ou dificulten este fin.

O Tribunal Constitucional mostra que os dereitos fundamentais son elementos moi importantes no ordenamento xurídico, é dicir, son os valores concretos nos que se basea o ordenamento xurídico.

Función promocional e estado social de dereito

O Dereito estatutario ten como fin a promoción dos dereitos fundamentais. Teñen que dirixirse á organización de prestacións positivas do Estado en favor do cidadán. O Estado social debe axudar a cada persoa a tomar decisións individuais correctas, e asemade ten que garanti-la "igualdade de oportunidades" para tódos os españois.
Si o Estado promove e incentiva as posibilidades de cada persoa beneficiará á sociedade xa que os cidadáns participarán activamente na vida social e política. A isto contribúe a liberdade e igualdade de oportunidades.
Temos que ter en conta que toda liberdade individual ten uns límites, estes límites establécense no momento en que para o beneficio individual danase á sociedade. Con isto temos claro que as liberdades públicas e os dereitos fundamentais non son absolutos, senón que teñen uns límites.

Función da comunidade

O cidadán ten que loitar para conseguir unha Galicia máis moderna, mellor en tódolos aspectos, para logralo ten que vivir e traballar nesta terra, e a Comunidade ten que axudarlle a conseguir estes fins.
Especial atención merece a promoción do uso do galego en tódolos ámbitos da vida pública, cultural e informativa
A doutrina constitucional recoñeceu que o uso do galego e o castelán na nosa comunidade pode facerse de xeito indistinto tendo a mesma validez xurídica os dous idiomas. Os poderes públicos galegos teñen a obriga de promover e garanti-lo uso normal dos dous idiomas na vida tanto social como cultural, económica ou política dos galegos. Isto non quere dicir que o coñecemento do galego unicamente ten que ser obrigatorio, xuridicamente falando, senón que é un deber social ou ético. Non se poden defender e promove-los intereses galegos senón coñecémo-la nosa propia lingua.
A CONCLUSIÓN xeral que podemos establecer é que posuímos UNHA LEI ORGÁNICA Ó SERVICIO DOS INTERESES GALEGOS, entre os que destacan:

  • A defensa da identidade de Galicia, e dos seus intereses
  • Os galegos teñen dereito a colaborar nas tarefas da conformación dos poderes públicos, liberdade e igualdade efectiva, a traballaren e viviren en Galicia,
  • Potencia-lo uso do galego como idioma cooficial.

Galicia será o que os galegos queiramos que sexa coa a nosa participación na defensa da identidade de Galicia así como na promoción, aceptación e participación na vida política, económica e cultural.


Joven