7 Outra forma de autonomía:O REINO UNIDO

Vanesa Vázquez


Introducción.

Hai diferentes sistemas de organización territorial. Na organización territorial dos distintos estatutos téndese a pensar que todo o que hai poderiase simplificar nas tres posibilidades de España, pero pódense buscar outras solucións de distribucións territonais, así é o caso do:

Reino Unido

O Reino Unido está formado polos seguintes territorios: Inglaterra, Escocia, o País de Gales, Ulster, a illa de Man e as illas do Canal.
O Common Law e os principios do dereito constitucional son típicamente británicas e para entendelos aquí temos que fixarnos no carácter monárquico, no historicismo, no non estatismo, na soberanía do Parlamento e no respecto á identidade de cada territorio.

  • O historicismo.
    A configuración territorial do Reino Unido foi o resultado dun proceso que produciu unha unión asimétrica de territorios, desiguais en status xurídico e características, vinculados pola lealtade á Coroa e un único Parlamento.
  • Non estatismo.
    Aínda que se afirme que o Reino Unido sexa un estado unitario por haber un só titular de soberanía, isto non é exacto porque ó dicir "estado unitario" suxire un tipo de organización territorial como as que nós chamamos así e por iso non pode haber un estado unitario onde antes non houbo un estado auténtico.
    Non hai centralización.
  • O respecto á identidade e ás peculiaridades.
    O Reino Unido non tivo ameazadas a súa identidade, a súa cultura e a súa sociedade civil coma outros países.
    Londres foi o máis respectuoso coas peculiaridades periféricas ca outros poderes centrais.
Autogoberno local
Inglaterra é o país do Autogobemo local. As autoridades locais respondían só ante os seus propios electores.
Nas oligarquias rurais británicas non houbo caciquismo por esta-los dous niveis de goberno, o local e o central, ben diferenciados.
Os partidos nacionais non estaban moi presentes na vida local ata hai poucos decenios.
O Goberno ocúpase de poucas tarefas.
Unidades básicas do goberno local son: condado, chamado county ou shire, divídese en distritos e aínda en parroquias.
AS REXIÓNS TRADICIONAIS
  • Escocia
    Está unida a Inglaterra pola Coroa e polo Parlamento.
    Os escoceses manteñen a súa identidade, teñen himno, bandeira, equipos deportivos, moeda e distínguense polo seu ordenamento xurídico. É coñecida por falar dunha cultura política propia.
    Existe un partido nacionalista, o SNP (Scottish National Party). Hoxe Escocia non ten idioma propio, pero retén o seu dereito, os seus xuíces e a súa avogacía.
    A igrexa nacional escocesa é presbiteriana, A Oficina de Asuntos Escoceses fai ás veces de goberno de Escocia en asuntos internacionais.

  • O País de Gales
    Con Enrique VIlI como rei foron dictadas as Laws in Wales Acts ("Leis sobre o dereito de Gales"). O preámbulo da lei de 1535 di que tódolos súbditos do rei se deberán rexer polas mesmas leis. Esas leis tiveron o efecto de facilita-la súa integración no Reino Unido. Existe unha Welsh Office (Oficina de Gales) similar á escocesa. Ten o seu idioma e tamén un partido nacionalista. Escocia e Gales son consultados cando os problemas internacionais lles afectaran directamente.

  • Irlanda do Norte
    Ó remata-la Primeira Guerra Mundial constituíuse o Estado Libre de Irlanda.
    Existe un parlamento propio, chamado Stormat, é bicameral.
    A Coroa está representada por un gobernador.
    Tamén ten unha constitución chamada Northern Ireland Constitution Act.
    O seu problema é que os descendentes daqueles colonos británicos protestantes levan xeracións vivindo e afirman que esa é a súa terra pero tampouco queren abandona-lo Reino Unido.
    O problema do Ulster complicase, ademáis de ser político polo desexo dos católicos de unirse o Estado de Irlanda (Eire), polos conflictos relixiosos entre católicos e protestantes que parecen en vías de solución.

Joven