6 O primeiro recoñecemento autonómico frustrado de Galicia:

Ambiente prebélico na aprobación do Estatuto .
de Autonomía de Galicia do 36
Borja González


Recollémo-lo ambiente político dos dous meses nos que foi sometido a “consulta” pública o estatuto do 36.

  • SÁBADO 9 DE MAIO DE 1936:

    - O Estatuto Galego seguirá inmediatamente o Estatuto Vasco.
    Como vemos o impulso político ó Estatuto Galego vai bastante detrás do Catalán e inmediatamente despois do vasco.

  • XOVES 14 DE MAIO DE 1936:

    - Para o domingo 17 de maio, asemblea en Santiago para levar a cabo os acordos do Estatuto de Autonomía de Galicia.

  • MARTES 19 DE MAIO DE 1936:

    - Celebración dunha asemblea para atopar unha data na cal convocarase o plebiscito legal sobre o texto legal.

  • DOMINGO 24 DE MAIO DE 1936:

    - Divulgación e propaganda do Estatuto de Galicia.

  • VENRES 29 DE MAIO DE 1936:

    - Constituíuse o comité provincial de propaganda pro-estatuto.

    - Conclusión: O mes de maio foi o da preparación da campaña a prol do estatuto.

  • XOVES 11 DE XUÑO DE 1936:

    - Segundo acto da campaña plebiscitaria en Lugo, coa reunión do comité executivo.

  • VENRES 12 DE XUÑO DE 1936:

    - Suárez Picallo fala ós periodistas do futuro Estatuto de Galicia.

    - Nas vésperas da campaña do plebiscito para a Autonomía de Galicia.


  • XOVES 18 DE XUÑO DE 1936

    - Dereita galeguista e o Estatuto de Galicia.


  • SÁBADO 20 DE XUÑO DE 1936:

    - Efectúanse achegas económicas para subvenciona-los gastos do Estatuto por valor de 95 ptas.

    - Nas cidades galegas realízanse mítines sobre o Estatuto.

    - Á marxe do Estatuto de Galicia, o Madrid gaña ó Barcelona a Copa de España por 2-1.


  • XOVES 27 DE XUÑO DE 1936:

    - Otero Pedrayo realiza nunha conferencia a través de Radio Lugo a favor o Estatuto Galego.

    - Aparecen apoios para ó Estatuto con gritos como “A nosa terra é nosa” e “¡¡ Viva Galicia autónoma!!”.


  • SÁBADO 18 DE XULLO DE 1936:

    - Desatase a Guerra Civil.

    - Enterro tralo asasinato de José Calvo Sotelo (conservador), exministro e deputado das Cortes.

  • MARTES 21 DE XULLO DE 1936:

    - As forzas militares de Lugo sumáronse ó movemento iniciado en África e Andalucía que triunfará na Guerra Civil .

    - O proceso autonómico quedou frustrado.

Joven