6 O primeiro recoñecemento autonómico frustrado de Galicia:


Cinco anos antes do Estatuto (1932).
Catalunya leva a iniciativa
Alberto M. Martínez


Os meses finais de 1931 foron os do debate e aprobación da Constitución republicana. Vexamos máis en concreto a evolución dos acontecementos, fixándonos nalgunhas datas, tal e como o temos visto no periódico lucense El Progreso que consultamos na Hemeroteca da Biblioteca Nodal de Lugo.

Decembro de 1931.

  • Día 2.- Remata o debate parlamentario constitucional.
    O Consello de Ministros presuposta diñeiros para obras de estradas en Lugo.
  • Día 9.- Aprobase no Parlamento a Constitución coa seguinte votación: 376 votos a favor e 8 deputados retiráronse do Salón de Plenos para non participar neste acto. A votación principiou ás 19,35 e rematou ás 19,50 con unha intervención de Dn. Julián Besteiro que era o Presidente das Cortes
  • Día 10.- El Progreso recolle a noticia do Parlamento. Destaca que “as súas Señorías” rexeitaron una emenda que pedía apraza-lo dereito a voto das mulleres (¡aínda andaban con estas cousas!).
    A Universidade de Santiago debía andar mal de diñeiro, pedíalle as Deputacións –a través da prensa- que lle mandara os cartos para as Residencias dos estudiantes
    A selección de fútbol tampouco ía moi ben acababa de perder con Inglaterra por 7 a 1
  • O día 12 toma posesión o Presidente da República (Alcalá Zamora) , o 23 celebrase Consello de Ministros e o 29 discútese sobre o problema ferroviario (¡non sería sobre a alta velocidade?)
    :

ANO DE 1932.

3- Xaneiro: En Badaxoz prodúcense novos enfrontamentos na rúa.
Aquí, no norte, as temperaturas chegan a acadar os –25º C.

5- Xaneiro: Corren rumores de crise no goberno.

6- Xaneiro: Nas Cortes andan a discuti-los presupostos.

4- Febreiro: Comeza o debate sobre a proposta da lei do divorcio, que será noticia durante bastantes días.

10- Febreiro: Os deputados faltaban as reunións, por iso todos aqueles que faltasen a unha sesión serían multados (¡tamén daquela!).

26- Febreiro: Remata o debate sobre a lei do divorcio.
Temos en Lugo actuacións dignas de mención, Miguel Fleta, un gran tenor, visítanos é actúa no Círculo das Artes. Tamén temos actuacións no Café Mercantil, na Praza de Sto.Domingo.

27- Febreiro: Un rapaz de 20 anos, durante a sesión do Parlamento, lanza unha pedra contra os bancos azuis (son os bancos do goberno).

4- Marzo: Son aprobados os impostos sobre a fabricación de cervexa e tabaco.

27- Marzo: Rumores de crise no goberno, son desmentidos polo Señor Azaña.

9- Abril: Ofértanse oposicións para médicos na casa de Socorro de Lugo.

13- Abril: Un gran zeppelin andaba a dar a volta o mundo, o Gran Zeppelin, surca o ceo de Lugo

14- Abril: Celébrase en Madrid a festa da República.

5- Maio: Comeza a discusión do Estatuto de Cataluña, que atopa moitas dificultades.
Prodúcese un atentado contra o Señor Azaña, pero fracasa.

10- Maio: Triunfo do “Deportivo da Coruña” sobre o “R. Madrid F.C”. O resultado foi de 3 a 0. (Regueiro, ¡era xogador do RealMadrid! ¿O seu pai!)

13- Maio: Sigue debaténdose sobre o Estatuto de Cataluña.

21- Maio: Intervén Lerroux (xefe dos radicais) no debate sobre o Estatuto de Cataluña.

26- Maio: Os deputados galegos defenderán unha emenda para que a reforma agraria non afecte a Galicia.

3- Xuño: Ortega e Gasset (filósofo) e Maura (líder conservador) opóñense ó Estatuto de Cataluña.

11- Xuño: Disturbios en Lugo logo dunha folga xeral.

21- Xuño: As Cortes celebran sesións dobres, traballando tarde e noite. Dous dos deputados andan a labazadas, no corredor do congreso.

26- Xuño: Os militares andan inquietos, arrestan o xeral Cavalcanti.

29- Xuño: Prodúcese un tráxico accidente ferroviario na liña férrea que une Rábade con Lugo.

1- Xullo: Discútese nas Cortes a reforma do Código Penal. Mentres en Lugo tentaban cerrar á circulación a Rúa da Liberdade, coñecida agora como a Rúa da Raíña, así a xente tería nais sitio para pasear.

2- Xullo: Discútese a reforma agraria no Parlamento, séguese a falar sobre ó accidente ferroviario (con foto)

6- Xullo: O Tenor lucense Xesús Salvador García triunfaba en París.

12- Xullo: Comézase a falar de sublevación comunista. Mitin da Unión Rexional de Dereitos, no Teatro Principal.

24- Xullo: Corren rumores de movementos militares. Créanse escolas na provincia de Lugo.

26 Xullo: Os monárquicos piden que volte o Rei.

19- Agosto: Discútese a expropiación de fincas.

23- Agosto: Xuízo contra militares.

1- Setembro: Séguese a discutir o Estatuto de Cataluña.

10- Setembro: Apróbase definitivamente o Estatuto de Cataluña, tamén é aprobada a reforma agraria.

15- Setembro: Folga xeral en Bilbao.

29- Setembro:
O Concello de Lugo atravesa unha crise.

5- Outubro: Festa de San Froilán, xa Pelúdez aparecía debuxado e como colaborador de El Progreso. As festas coinciden coa presentación dun modernísimo autobús, contaba con W.C, bar e outras comodidades para facer a viaxe máis agradable.

7- Outubro: Asemblea do partido Republicano en Lugo.

27- Outubro: O Dólar estaba a 12 pesetas
O Franco 48 pesetas
A Lira a 62 pesetas

6- Novembro:
Anúnciase a publicación “Ante el Estatuto” (refírese ó Estatuto de Galicia) do escritor Portela Valladares, o prezo do exemplar era de 4 pesetas.

30- Novembro: O colexio Balmes preparaba para a oposición á Facenda. No código penal francés mantense a pena de morte.

6- Decembro: Apertura do 1º Parlamento Catalán.

13- Decembro: Apróbase que existan nos Institutos dous tipos de Bacharelato para escoller: científico e literario (¡empezaban os itinerarios!).

14 Decembro: Reúnense os axuntamentos de Galicia para falar do Estatuto para Galicia. A reunión foi na Cámara de Comercio de Santiago.

15- Decembro: Película de moda en Lugo, “Ave del Paraíso”.

16- Decembro: Creación do imposto sobre a Renda, IRPF.

23- Decembro: O premio gordo da lotería vaise para Huesca, e o segundo premio caeu en Galicia, concretamente en Betanzos.


Educación