5 As primeiras manifestacións políticas do feito diferencial galego:

O NACIONALISMO
Melisa San Mateo


A periodización, configurada na politicoloxía, dos movementos políticos contemporáneos en Galicia. Aparece como unha experiencia moi concreta posterior ó provincia-lismo, o agrarismo e o rexionalismo, considerados polos propios nacionalistas, coma os seus máis directos antecedentes. Acostúmase a dicir que, como movemento organizativo concreto, xorde no ano 1916, tendo por obxectivo a exaltación e a reivindicación do poder político e organización administrativa propia para Galicia. Sinalamos esta data fundacional para referímonos neste traballo ó primeiro período nacionalista que estenderemos no tempo ata a Guerra Civil. Polo tanto, non entramos no 2º período, nacionalismo cultural, dos anos cincuenta, nin no 3º período en que os nacionalismos de diferente cuño propuñan outras solucións, diferentes á actual Constitución, nin tampouco ó actual nacionalismo –4º período- que está integrado no marco do Estatuto e, por conseguinte, da legalidade vixente. Todos eles, nembargantes, confésanse herdeiros desta primeira etapa fundacional.

En 1916 Antón Vilar Ponte fai un chamamento á intelectualidade galega para reivindicar a nosa lingua e cultura. Neste ano tamén publícanse algúns artigos en La Voz de Galicia, baixo o titulo de nacionalismo galego. O propio Vilar Ponte consigue que unha serie de intelec-tuais galegos se unan nas Irmandades de Amigos da Fala. Un grupo residente en Madrid, capitaneados por Aurelio Ribalta e Rodrigo Sanz, prestan atención a esta afirmación territorial e poñen as bases ideolóxicas do movemento como continuación dos postulados rexionalistas, pero intentando superalo na súa conceptualización e na práctica social. Vexamos:

Vilar Ponte afirma que el foi o primeiro que utilizou a expresión nacionalismo galego, nunca antes se falara de nacionalismo. Nun artigo titulado Verbas mortas, explica como se foi desgastando a palabra rexionalismo e, de feito, naquel tempo empregábanse practicamente ámbolos conceptos (rexionalismo e nacionalismo) como sinónimos. No libro de Ponte Nacionalismo galego , a este titulo xenérico únese o específico da nosa afirmación rexional. Tamén se dicía “rexionalismo integral”.

No numero 3 de A Nosa Terra, publicado 15 de decembro de 1916, Ramón Cabanillas. publicaba un artigo baixo o títu-lo de Nazonalismo ou soberanía rexional. Cabanillas dicía que Nazonalismo é unha palabra que ten a virtude dos foguetes: estoupa. Logo, di que soberanía rexional o mesmo que nacionalismo, desprazando o problema semántico cara a un campo moi diferente, posto que en vez de falar de autonomía falase de soberanía, o cal aínda tiña que molestar mais os partidarios do “rexionalismo ben entendido”, como se comezou a chamar a quen, dende o sistema establecido, falaban de descentralización administrativa. No folleto A los gallegos emigrados, Lois Porteiro planeaba o problema semántico nun capitulo titulado “Una contienda en redor de un vocablo”. No Manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo do 1918, os persoeiros das Irmandades da Fala fan constar a adopción da palabra nacionalismo, de acordo cunha declaración previa que dicía: Tendo Galicia tódalas características esenciais de nazonalidade, nos nomeámonos de hoxe para sempre nazonalistas galegos, xa que a verba rexionalismo non recolle tódalas aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.
No Manifesto tamén se proclama a autonomía integral para Galicia como un programa constituínte, e falase dunha proclamación de “soberanía estética”, aspecto no que a autonomía integral parecía ter a máxima capacidade

Á idea de nacionalismo úneselle a de galeguismo que se atribúe a Antón Vilar Ponte a posta no cam-po político desta palabra: Galeguismo. Con ela sucedeu o mesmo que coa palabra rexionalismo. Galeguismo significou inicialmente nacionalismo, pero logo desuelle o mesmo sentido que o de rexionalismo. Durante o tempo da II República a voz galeguismo recuperará o seu sentido inicial, e durante o franquismo terá a clara connotación de separatismo.

Na teoría do nacionalismo galego precisase que a voz galeguismo utilizase como sinónimo de nacionalismo galego Co fin de distinguila do euskarismo ou do catalanismo, posto que se cree que o galego non pode fundarse nunha ideo-loxía traída de fora e que as directrices mentais da intención nacionalista galega teñen que xerarse na propia Galicia. En Nacionalismo galego, Risco precisara estes conceptos do nacionalismo e galeguismo, Galeguismo será, equivalente a nacionalismo, pero nacionalismo propio de Galicia, distinto a outros nacionalismos. Así pasou a signi-ficar amplamente toda ideoloxía que teña por obxectivo o recoñecemento, afirmación e desenrolo da personalidade de Galicia.

Coa finalidade de fundar a súa lexitimidade sobre bases conceptuais claras, os propios protagonistas tiveron que face-la definición do nacionalismo galego. Máis que unha teoría pura do concepto, fixéronse definicións operativas, orientadas cara o público, que tiñan intención de convencer ou de a-nimar cara a acción. Vicente Risco tiña unha concepción propia da clientela nacionalista. Este sector social foi considerado como un movemento para minorías selectas. Dende o punto de vista da acción inmediata, era natural que puxeran gran empeño na procura da lexitimidade dun modo científico. Outros, como Vilar Ponte, estaban interesados en constituír agrupacións en todas partes de Galicia, o interese pola divulgación e por crear instrumentos conceptuais sinxelos era moito maior.

A primeira base do nacionalismo é a afirmación da personalidade política de Galicia. O titulo da obra fundacional de Vilar Ponte non pode ser máis expresiva: Nosa afirmación rexional. Vicente Risco en A ideoloxía do nacionalismo galego expón en esquema o ideario do nacionalismo e di que e o esforzo de afirmación vital dun pobo que non quere morrer, e tamén que o nacionalismo galego é Sempre afirmativo e nunca negativo. Por outra banda, Antón Vilar Ponte fixo do idioma a segunda base do nacionalismo e o instrumento clave da afirmación rexional. A cuestión da “articulación” de Galicia (e das demais rexións) dentro de España foi un tema debatido para o que Xoán Vicente Viqueira propuxo a teoría, que tamén defendía Francisco Giner de los Ríos, e que se chamou a teoría concéntrica (círculos de integración crecente en dereitos e responsabilidades que van da aldea, pasando pola bisbarra e as rexións, ata chegar ó Estado e as organizacións supra estatais).
A acción política do primeiro nacionalismo galego pasou por diferentes subetapas que normalmente poden ser resumidas en tres:

  1. Entre 1916 e 1923 prodúcese a fase que se pode chamar da afirmación rexional. É unha etapa moi breve, pero sumamente intensa en acontecementos. O espírito asociativo enriquecese coas Asembleas das Irmandades da Fala .
  2. Á etapa de afirmación rexional, sucédea outra etapa de represión nacionalista, se miramos dende a perspectiva do Estado, ou de repleción cultural, se miramos dende o punto de vista da propia forza nacionalista. O endurecemento da dictadura do Xeneral Miguel Primo de Rivera (1923-30) fixo que o nacionalismo galego, coñecerá o insulto e o desprezo
    Dúas institucións culturais xorden nesta etapa da represión nacionalista: -A Sociedade de Cultura Galega “Nós”, fundada en Ourense o 8 de novembro de 1922 con Vicente Risco como a figura fundamental.
    -O Seminario de Estudos Galegos, creado o 12 de novembro de 1923. En A Nosa Terra, pasada a represión dictatorial Salvador Cabeza de León, presidente do Seminario, publicara un artigo no que quedara moi clara a intención dos seminaristas.

  3. Rexionalismo de corte católico-tracionalista, en profunda rotura cos deseños anteriores, baixo a dirección de Alfredo Brañas, non contemplaba a presencia de poder lexislativo galego, pero foi un inspirador férreo da loita contra o caciquismo e defensor apaixonado das especificidades galegas, sobre todo, dos seus modo de producción tradicional.

Joven