![]() |
||||||||
4.-Entramos nos SÉCULOS ESCUROS.
(Galicia conserva algunha peculiaridade) |
||||||||
|
||||||||
A historia de Galicia e especialmente da súa lingua , entra nos chamados Séculos Escuros XVI-XVIII. Esta caracterizada case polo absoluto silencio literario: son os chamados certamente Séculos Escuros. |
||||||||
![]() |
Unha Capitanía Xeral
|
|||||||
Olalla López Belón
|
||||||||
|
||||||||
A concesión da capitanía xeneral expedida polos Reis Católicos (29 novembro de l494) a favor de Gonzalo de Córdoba aparece como xa fora designado o noso reino de Sicilia e outras partes de Italia. Tamén en América durante a colonización denomínase Capitanía a unha extensa demarcación territorial que era gobernada con certa independencia. En España as Capitanías Xenerais existen dende finais do século XVII ou principios do XVIII. En 1705 apareceron as Capitanías Xenerais de Aragón, Andalucía, Cataluña, Castela a Vella, Estremadura,Galicia, Guipùzcua,Navarra, Valencia, Costa de Granada, Canarias e Mallorca. |
||||||||
Durante o sáculo XIX o número de Capitanías Xenerais experimentou diversas modificación ata a actualidade . O fronte dela encontrase un xeneral do Exército da Terra. | ||||||||
A función das capitanías |
||||||||
A condición de Capitán Xeral uníuselle o cargo de gobernador foi como quedou dito- creado en Galicia durante o reinado dos Reis Católicos e ven a sustituir os condes que gobernaron durante a Idade Media. |
||||||||
|
||||||||
|
||||||||
As Xuntas eran, exceptuando as Cortes, a institución Parlamentaria, que desempeñou o papel máis importante neste Séculos de baixa representación xeral e estamental.. |
||||||||
Son, un instrumento que a monarquía utiliza para a súa política . Ata 1834 é unha proba do recoñecemento da identidade do Reino de Galicia . Eran, unha institución feble politicamente. Reuníase as instancias do monarca, do gobernador ou do Real Acordo, eran convocadas cando as necesidades o requirían. Carecían de poder para discutir tanto os impostos, como os servicios, nin posuía local propio, persoal fixo, etc. Trátase dunha institución carecente de poder fronte as esixencias da monarquía. En ocasións o negarse os procuradores a conceder servicios, foron chamados o presencia do gobernador. Despois de recibida a convocatoria da Xunta os rexedores de cada cidade elixían un deles, que se desprazaba ò lugar no que ten lugar as xuntanzas. Non quedan claros cales eran os criterios que seguían para a elección. As veces un mesmo rexedor concorre a varias Xuntas. Os oficios de rexedores aparecen no século XVII. As Xuntas expresaban o sentir dos fidalgos. Representan as oligarquías urbanas, aínda que non sempre a fidalguía se sentiu identificada cas Xuntas. A fidalguía vía desagrado de actuacións dunhas Xuntas formadas por rexedores de cidades. En 1665 os fidalgos solicitábanlle o rei Carlos II, que se volvese a revitaliza-la figura dos fidalgos do reino. As Xuntas representaban en definitiva as oligarquías urbanas, representan o sentir da fidalguía. |
||||||||
|
||||||||