![]() |
||
![]() |
3.-Galicia foi Reino Cristián
|
|
Carlos Núñez López
|
|
|
|
||
Tres anos despois de que os árabes pasaron o estreito de Xibraltar o caudillo musulmán Muza chega á Lugo ( posiblemente no 714). Nesta data comezaba, logo da caída do reino visigodo, un novo período histórico: a formación dos reinos cristiáns peninsulares |
||
Semi-aillada na retagarda da fisterra e fortalecida pola atracción relixiosa que vai supor sartego do Apóstolo Santiago, Galicia tivo en períodos moi breves monarcas propios e, polo tanto, foi un reino, poucas veces soberanos e as máis delas asociados ós reis astur-leoneses. Dende o primeiro momento a nobreza galega participa activamente no proxecto de facer un reino cristián na Península Ibérica. |
||
Entre os anos 847-850 sabemos que Ordoño I goberna en Galicia antes de asumir tamén o reino de León. Sucedéronlle o seu fillo Afonso II (862), Sancho Ordoñez (914) e Vermudo II, proclamado rei pola nobreza galega no ano 982. Este rei será o que verá como Almanzor destrúe a catedral de Santiago de Compostela no ano 997. |
||
ALGÚNS REIS GALEGOS | ||
Fernando I, rei de León e de Castela, divide o territorio de Galicia - que daquela se estendía ata Coimbra e cobráballe tributos ós reinos taifas de Badaxoz e Sevilla - entre os seus fillos..
|
||
Entre os anos 1065 e 1073, Galicia constitúese en reino independente. García I foi o seu monarca. Pero o seu breve reinado foi demasiado accidentado e caracterízase pola inestabilidade política e pola conspiración constante dos seus irmáns, reis de Castela e de León, Sancho e Afonso. Un deles, Afonso, acabará por metelo preso no castelo de Luna ata a súa morte no ano 1090. Daquela, o reino galego perde a independencia e intégrase no reunificado reino castelán-leonés baixo o dominio de Alonso VI. |
||
No 1096, Alfonso VI, que- como quedou dito era irmán de García-, para evitar calquera posible restauración do reino de Galicia, acordou partilo en dous: O condado de Galicia, ó norte do río Miño, que o pasa ás mans de Raimundo de Borgoña, casado con Dona Urraca, e a Galicia do sur que pasa a mans de Tareixa e Henrique de Borgoña, curmán do anterior. O fillo destes, Afonso Henríquez, proclamarase primeiro rei de Portugal en 1139. | ||
Desapareceu así a unidade da vella Gallaecia con Alfonso VI reinando en Castela e León. Paradoxicamente comeza tamén unha das épocas de esplendor de Compostela, a chamada Era Compostelá, que chegará ata o rei sabio Alfonso X. |
||
É moi interesante o estudio desta época e a consulta da documentación incluída nos TUMBOS (como o tumbo A que se atopa na Catedral de Santiago) onde se poden ver cousas tan interesantes como a sinatura de Vermudo II. (Nota. Un tumbo é un libro grande (ordinariamente) de pergameo onde as igrexas, mosteiros, mesmo concellos e comunidades tiñan copiados diferentes documentos que lle concernían: escrituras, doazóns, privilexios, etc... |
||
TEMOS PANTEÓN DOS REIS GALEGOS. | ||
A pesar da brevidade do reino e da súa dependencia dos ástures ou dos leoneses, na catedral de Santiago atópase o denominado panteón dos reis galegos. Está alí soterrada a raíña Berenguela (morta en 1149) que foi esposa de Alfonso Raimúndez, fillo de Dona Urraca, coroado por Xelmírez rei de Galicia en 1111 e logo rei de León e de Castela co nome de Alfonso VII (non está soterrado aquí, malia a súa promesa). Tamén xacen aquí os seus sucesores, Fernando II (1118) e Alfonso IX (1230) - que debería ser VIl na cronoloxía galego-leonesa. Están (entre outros) no panteón: Raimundo de Borgoña (1107), conde de Galicia e pai de Afonso VII, a raíña Xoana de Castro (morta en 1347), esposa de Pedro I. |
||
|
||