2.- Suevia : a Gallaecia post-romana.
Adrián Gómez Cuíña


Ano 375, o pobo dos hunos ataca aos godos na estepa póntica; mentres tanto, o Imperio Romano, reconstituído por Diocleciano, esténdese dende as terras de Escocia ata o continente africano -para ser máis exactos- ata as cataratas do Nilo.

Xa no 439, as tropas de Xenserico entraban en Cartago e as comezaba o esborrallamento do Imperio, que agora quedaba reducido a múltiples terreos nos que convivían as xentes baixo o dominio e protección de Roma e as tribos vidas dende o nordés e o centro de Europa.

Atopámonos fronte o declive das formas políticas romanas que pouco a pouco morren , pero non así as formas sociais, impostas dende a propia sociedade aos seus colonizadores. Así podemos dividir aos pobos bárbaros que invadiron Hispania en dous grupos ben diferenciados entre si, os pouco romanizados suevos e no outro extremo o pobo dos visigodos, máis semellantes aos romanos que aos seus compañeiros invasores.

Para falarmos da presencia dos suevos en Gallaecia,comezaremos por facer un pequeno resumo do que foi a invasión do resto da península.

Trala chegada de tropas visigodas polos límites de Hispania coa Galia cara o ano 409, estes dedícanse a andaren pola península exercendo coma bandoleiros,única forma de vida que coñecían e que desempeñaron con total naturalidade e liberdade ata chegar a estas terras, que semellaban a fin da viaxe. Finalmente, e por moi incrible que semelle, os bárbaros decídense a firmaren un tratado de paz cos romanos, no cal tan só se pide aos bárbaros que se manteñan afastados das terras da provincia Tarraconense, de gran importancia polo seu contacto co mar Mediterráneo, principal vía de comunicación con Roma.
Dentro do tratado firmado por ámbalas dúas partes,non se fai referencia nin ao deber de aportar tropas ao exército romano para combater nas Galias, coma tampouco se fala dun determinado reparto das terras para os pobos invasores, así que son eles mesmos os que deciden a súa distribución: os vándalos silingos quedáronse coa Bética, os alanos coa Cartaxineses e maila Lusitania e, por último, os vándalos asdingos ocuparon os terreos que máis nos interesan a nós, os terreos de Gallaecia.

.

Así pois, as terras de Gallaecia, que trala reorganización de Diocleciano abranguían a actual Galicia, norte de Portugal ata o río Douro e parte da meseta norte, queda repartida entre vándalos e suevos,sendo para os primeiros a zona máis próxima ao océano,dende a liña marcada polo Macizo Galaico.

Debido ao escaso número de habitantes xermanos que chegaran ata Gallaecia (30.000 individuos coma moito) e ao medo a unha dispersión que rematase na perda da identidade que os unía,decidiron establecerse a súa maioría no asentamento chamado Convento Xurídico Bracarense, no tramo no cal limitan os últimos tramos do Miño e o Douro. A pesar de ser un territorio que semellase illado dos demais núcleos de poboación xermana, ata a Gallaecia sueva chegaron naves vándalas procedentes do sur da Bética. Non se sabe a ciencia certa o porqué da presencia destas naves en Gallaecia, algunhas hipóteses sinalan a que o goberno imperial mandaría estas naves a fin de manter máis vixiado ao inquedo Reckila, ou, como apoian a inmensa maioría de estudios e de historiadores, as naves eran un dos métodos elixidos polos vándalos para levaren a cabo as súas actividades de piratería. Sexa unha causa ou sexa outra, o máis importante do caso é a existencia dunha ruta marítima que unía a provincia de Gallaecia co mar Mediterráneo. Dentro do campo relixioso,os suevos de pertenza ao arianismo, ven coma no ano 559, o rei Teodomiro convértese ao catolicismo xunto con toda a súa corte,e que co tempo, este cambio, que tamén rematará coa conversión da maioría de suevos, terá unhas consecuencias na política e moi en especial nas relacións con Roma.
Se xa en épocas anteriores a conversión ao arianismo significara a submisión aos visigodos, agora no século VI era todo o contrario, pois co paso ao catolicismo sepáranse dos visigodos e acercan posturas a Roma que ve nos suevos unha posibilidade de facer rexurdir das cinzas ao Imperio, idea que agrada ao emperador Xustiniano, en pleno apoxeo. Así pois, os suevos, que tanto tiveran en común cos visigodos convértense en inimigos, nun obstáculo máis que se eleva dende a parte noroeste de Hispania, da inhóspita Gallaecia. Na nosa terra, polo tanto, hai unha comunidade dentro da península con características diferenciadas


Joven