Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS.
Título VIII Organización Territorial do Estado.

Manuel Castro Rey

O primeiro que temos que saber é que o estado organizase en administración local, provincial e de comunidades autónomas que se constitúan. As CC.AA. gozan de autonomía para a xestión dos seus respectivos e particulares intereses.
Algo que é moi importante, é que o haber un estatuto en cada autonomía, poderíase chegar a dar privilexios en alguna delas, pero esto pódese solucionar aplicando o principio de solidariedade.
Cabe destacar que os españois somos iguais ante a lei (sen referirme as razas, crenzas relixiosas, etc...), tanto sexamos galegos ou cataláns ou madrileños... e que ningunha autoridade, sexa presidente, deputado, etc...non poderá adoptar medidas tanto sexan directas ou indirectas que impidan a liberdade da circulación e establecemento de ningunha persoa. Por eso temos que celebrar a liberdade da que dispoñemos.

Ademais dispoñemos de personalidade xurídica plena, coa máxima liberdade, os nosos representantes son elexidos, polo pobo, eso fai que nós somo-los responsables do goberno na nosa terra e do noso destino.
Estas son unhas reflexións miñas xerais sobre este título 8º.

Da administración local aínda está pendente, polo que lemos nos xornais, a cuestión das facendas locais dispoñan dos medios necesarios para levárense a cabo as súas necesidades e estos estarán abalados de tributos propios e do Estado se é necesario (pacto local) do que aínda se falará en datas próximas.
As comunidades autónomas teñen transferidas unha serie de competencias que se recollen nos Estatutos de Autonomía.

En concreto no Título II (das competencias de Galicia) do noso Estatuto de Autonomía (que é a lei orgánica 1/1981) Neste apartado fálase desas competencias e deles, como curiosidade destaco:

*Artesanía.

*Museos, bibliotecas, etc...

*Sanidade.

*Lexislación civil.

*Lexislación laboral.

*Lexislación mercantil, penal e penitenciaria.

Cada comunidade ten a súa propia decisión, e a decisión (valga a redundancia) está nas institucións que, baixo o amparo da Constitución. A partir do ano 1981, en Galicia, pola aprobación do Estatuto de Autonomía, se foron creando as institucións de autogoberno. Na nosa comunidade autónoma ten especial protagonismo o Goberno de Galicia (máis coñecido como "Xunta de Galicia") que preside o noso querido amigo Don MANUEL FRAGA quen foi un dos 7 redactores da Constitución.

A institucionalización das Comunidades Autónomas significou o cambio da concepción centralista do Estado. Como sabemos, o movemento autonómico principiou a súa andaina na Constitución de 1931, quedou tronzado e apartado pola traxedia da guerra civil e nesta Constitución voltouse a retoma-la realidade das diferencias rexionais.
O asunto, tal como eu o vexo estivo latente dende a centralización feita polos Reis Católicos . No século 19 foron aparecendo os problemas de axuste entre a unidade centralizada e a diversidade. Nunca se atopou un enunciado do problema que conducira a unha solución aceptable; pero neste título constitucional retomouse a solución autonómica, e dicir, unha organización diferente e rexional porque non é federalismo, nin confederalismo. Trátase de conxuga-la necesaria unidade do Estado coa satisfacción dos anceios cidadáns de autogoberno das diferentes rexións de España.
A fórmula, por orixinal, foi moi discutida; pero, a medida que vai funcionando, encaixa na realidade española plural e unha. Sobre todo, porque fundamenta o progreso na realidade e achégase á dinámica social.
Os estatutos de autonomía son a concreción da organización autonómica.