Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS.
Título IX do Tribunal Constitucional.

Lorena Devesa Méndez

COMPOSICIÓN

Está integrado por doce membros, “Maxistrados de Tribunal Constitucional”; son nomeados por El-Rey a proposta das Cámaras que integran ás Cortes Xeráis do Goberno e do Consello Xeral do Poder Xudicial.


DESIGNACIÓN

Faise para nove anos, recae en Maxistrados e Fiscais, Profesores de Universidade, Funcionarios Públicos ou Avogados tendo que ter máis de quince anos de exercicio profesional.


RENOVACIÓN

Renóvanse por terceiras partes cada tres anos.
Maxistrados que exercen actualmente a función:

Don Pedro Cruz Villalón Congreso
Don Julio D. González Campos Congreso
Don Rafael de Mendizábal Allende Congreso
Don Carles Viver Pi – Sunyer Congreso
Don Manuel Jiménez de Parga y Cabrera Gobierno
Don Tomás S. Vives Antón Gobierno
Don Pablo García Manzano Consejo G. Poder Judicial
Don Pablo Manuel Cachón Villar Consejo G. Poder Judicial
Doña Mª Emilia Casas Baamonde Senado
Don Vicente Conde Martín de Hijas Senado
Don Fernando Garrido Falla Senado
Don Guillermo Jiménez Sánchez Senado

Organízase no Pleno (doce Maxistrados), dos que hai dúas salas de seis Maxistrados. O Tribunal divídese en Seccións (tres Maxistrados).
A composición actual do Tribunal Constitucional é a seguinte, segundo ás súas salas:

Sala Primeira:
Presidente: D. Pedro Cruz Villalón
Maxistrados: D. Manuel Jiménez de Parga y Cabrera
D. Pablo García Manzano
D. Pablo Cachón Villar
D. Fernando Garrido Falla
Dña. Mª Emilia Casas Baamonde

Sala Segunda :
Presidente: D. Carles Viver Pi – Sunyer
Maxistrados: D. Rafael de Mendizábal Allende
D. Julio de González Campos
D Tomás S. Vives Antón
D. Vicente Conde Martín de Hijas
D. Guillermo Jiménez Sánchez

-O Tribunal Constitucional en Pleno de entre os seus membros, propón ó seu presidente, e digo propón porque sen o seu consentimento non será posible, o nomeamento por tres anos. O mesmo procedemento faise co Vicepresidente, quen só poderá substituir ó actual presidente en casos indicados como pode se-la ausencia do mesmo ou que este deixe a súa praza vacante ou outros motivos legais.

*Maxistrados que desempeñaron, ou desempeñan hoxe, os cargos de presidente e Vicepresidente do T.C :

PRESIDENTES
VICEPRESIDENTES
D. Manuel García Pelayo y Alonso D. Jerónimo Arozamena Sierra
D. Francisco Tomás y Valiente Dña. Gloria Begué Cantón
D. Miguel Rodríguez–Piñeiro y Bravo F. D. Francisco Rubio LLorente
D. Álvaro Rodríguez Bereijo D. Luis López Guerra
D. Pedro Cruz Villalón D. José Gabaldón López
D. Carles Viver Pi-Sunyer


SÓ DÚAS MULLERES

É curioso obeservar algo tan simple, tan vulgar, de tódolos días como a aceptación da muller na sociedade. Ó observa-las distintas listas nas que figuran os Maxistrados (Presidentes e Vicepresidentes) podo ve-lo nome de dúas mulleres, ás que cabe destacar.
Dña. Mª Emilia Casas Baamonde (Maxistrada de Senado) e Dña. Gloria Begué Cantón (Vicepresidenta).
Con estes datos e dende o meu punto de vista podo obter dúas conclusións:

1- Que isto pasa simplemente por destino, quero dicir, que "para nada" é unha discriminación de sexos; senón, pura coincidencia.

2- Que a diferencia de sexos segue estando presente nas nosas vidas. Que ideolóxicamente segue habendo unha asimetría de sexos, é dicir, que un xénero ten menos oportunidades que outro na vida.


E.T.A. PERSISTE

Ó mira-la lista de presidentes que desempeñaron a súa función, vexo un nome, un nome que por desgracia xa oíra antes, non polo simple feito de ser membro do Tribunal Constitucional, senón polo gran feito de ser asasinado. D. Francisco Tomás y Valiente, que exerceu á súa presidencia dende o 04-03-86 ata o 02-07-92 foi asasinado por ETA cando exercía a súa profesión, cando intentaba
defende-los dereitos que témo-los cidadáns de poder elexir, elexir ser dun partido ou doutro, elexi-la profesión que queremos desempeñar, elexir se queremos representá-la nosa sociedade, “¡SIMPLEMENTE ELEXIR!”. Parándome agora a pensar e observando que vivimos nunha democracia creo que só nos queda “loitar”, “loitar” polos nosos dereitos e non deixar que ningún grupo, partido ou como queiran chamarse nos hunda, “LOITAR” polo noso e pola nosa democracia.


DESEMPEÑO DA SÚA FUNCIÓN XURISDICCIONAL

Para isto conta con cinco Secretarías de Xustiza que se ocupa da tramitación dos asuntos que corresponden ó Pleno e a cada unha das Salas.
As Secretarías de Xustiza contan con persoal dos Corpos de Oficiais, Auxiliares e Axentes de Xustiza.

*Os órganos gubernativos colexiados son:

a) O Pleno gubernativo, chámase ó Pleno do Tribunal cando exerce funcións de carácter non xurisdiccional, referidas ó Goberno e organización interna do mesmo...
b) A Xunta de Goberno, composta polo Presidente, o Vicepresidente dos Maxistrados (un por sala) e o Secretario Xeral.

*Os órganos gubernativos unipersoáis:
a) O Presidente: en representación da Constitución e un amplo abano de facultades directivas. Está asistido por un Gabinete Técnico que se responsabiliza, das relacións externas e cos medios de comunicación.
b) O Vicepresidente.
c) A Secretaría Xeral; o seu titular é elexido polo Pleno, entre os funcionarios, con rango de Letrados por un período de tres anos.
d) A Vicesecretaría Xeral, nomeado polo Presidente oído o Pleno.

*Os órganos de Apoio; estructúranse en Servicios e Unidades:
a)Xerencia
b)Servicio de estudios, biblioteca e documentación.
c)Servicio de doutrina constitucional e informática

-O T.C está asistido, por Letrados de carreira e adscripción temporal, sendo a súa misión fundamental a do estudio, informe e asesoramento das materias que coñece o Tribunal.


RECURSO DE AMPARO CONSTITUCIONAL

- A tramitación do recurso de amparo Constitucional está recollida, nos arts. 48 a 58 LOTC.
Art 53.2 di que a “calquer cidadán poderá recaba-la tutela das libertades e dereitos reconocidos no art.14 e na Sección Primeira do Capítulo Segundo ante os tribunais ordinarios por un procedimento baseado nos principios a través do recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional”.

- A garantía de dereitos e liberdades fundamentáis das persoas está, en 1º lugar:

- Nos Xuices e Tribunáis integrados no Poder Xudicial.
Subsidiariamente, a Constitución estableceu un sistema específico e último de tutela de varios de eses dereitos que asisten ó cidadán ante o Tribunal Constitucional.


CONFIGURACIÓN

O tribunal configúrase como órgano xurisdiccional superior en materia de garantías constitucionais, e por isto último, garante os dereitos e liberdades fundamentáis recoñecidas na Constitución.


INTERPOSICIÓN

Unicamente cabe interpo-lo recurso de amparo frente a:

1- Vulneracións dos dereitos e liberdades fundamentais recoñecidos nos art. 14 ó 29 da Constitución.

2- O dereito á obxeción de conciencia ó servicio militar obrigatorio no art. 30 CE. Este recurso non é ordinario.


ORIXE

As vulneracións alegadas han de te-la súa orixe en actos xurídicos ou simple vía de feito dos poderes públicos de Estado, das Comunidades Autónomas e demais entes públicos. Poden impugnarse tanto actuacións administrativas (art. 43 LOCT) como xudiciais (art. 44 LOCT) asi como aqueles actos que non teñan “valor de lei” (art. 42 LOCT).


¿COMO SE INICIA O RECURSO DE AMPARO?

O recurso iníciase mediante unha demanda do interesado, o que acudirá ó Tribunal representado polo Procurador e asistido por un Avogado. A demanda debe facerse con:
- Claridade e Concisión dos feitos.
- Cita dos dereitos fundamentais que se estimen infrinxidos.
- Fixará con precisión o amparo que se solicita .
- Cóntase cun prazo de vinte días hábiles para presenta-la súa queixa. Os recursos de amparo contra actos parlamentarios sen valor de ley deben interporse dentro dos tres meses seguintes á súa firmeza.


INADMISIÓN

O recurso non será admitido nos seguintes casos que dispón o art. 50 da ley orgánica do tribunal:
a) Que a demanda incumpla de maneira manifesta e insubsanable algún dos requisitos contidos no art. 41 ó 46 ou concurra na mesma o caso ó que se refire o art. 4.2.
b) Que a demanda se deduza respecto de dereitos ou liberdades non supsceptibles de amparo constitucional.
c) Que a demanda careza de contido que xustifique unha decisión sobre o fondo da mesma por parte do T.C.
d) Que o T.C houbera xa desestimado no fondo un recurso ou cuestión de inconstitucionalidade ou un recurso de amparo en suposto sustancialmente igual.


¿ADMISIÓN? SI, ENTÓN...

O recurso será admitido a trámite agora:
1- A Sala requerirá con carácter urxente, no seu caso, ó xuiz ou ó Tribunal que coñecen do procedemento previo para que no prazo de dez días remita as actuacións emplazando ós que foron parte no procedemento antecedente.
2- Unha vez recibida-las actuacións darase vista das mesmas ó promotor de amparo, ós persoados no proceso ó Ministerio Fiscal, e se estivera interesada a Administración Pública, ó Avogado do Estado (queda pendente para sentencia).
3- As sentencias do Tribunal Constitucional notifícanse ás partes no correspondente procedemento e publícanse no BOE (Boletín Oficial do Estado).

*¡NOTA!. Contra ditas sentencias non cabe recurso algún ó procedemento é gratuito. Non obstante, o Tribunal poderá impor ó pago dos costes se apreciase temeridade, mala fe ou abuso de dereito na tramitación dos recursos.


Para finalizar, e dende un punto de vista persoal, gustaríame destacar outra ¡¡¡curiosidade!!! Que son as palabras do xuiz Jackson nas que queda reflectida a importancia das decisións adoptadas polo Tribunal Constitucional:
“Non somos finales, porque seamos infalibles; somos infalibles porque somos derradeiros”.


Información:


TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

Dirección Postal: Domenico Scarlatti, 6 MADRID–28003

Gabinete de Prensa: tcgapre@tsai.es

Correo Electrónico: Webmaster: ist70049@tsai.es

Dirección electrónica:
http//www.tribunalconstitucional.es