Anterior PáxinaPrincipal
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS.
Título X da Reforma Constitucional

María Fernández Fernández


A REFORMA CONSTITUCIONAL

É prácticamente imposible facer unha Constitución a gusto de todos. O noso texto constitucional ten un capítulo no que explica como podemos cambiala para que sexa mellor.

Referímonos ó título X, no que aparecen os artigos que nos indican o que se fará no caso de querer cambiala.


¿QUÉ SIGNIFICA REFORMA?

Reforma: Simplemente é volver a formar, refacer.


¿DÓNDE ATOPÁMO-LA REFORMA CONSTITUCIONAL?

No título X da Constitución Española do 29 de Decembro de 1978. Abarca do artigo 166 ó 169.


¿QUÉ DI CADA UN DELES?

Artigo 166


Reforma : A iniciativa correspóndelle

a) Ó Goberno, ó Congreso e ó Senado de acordo coa Constitución e as regulacións das cámaras.

b) As Comunidades Autónomas poderán solicitar que se adopte un proxecto de lei mediante as Asembleas, ou ben remitir á Mesa do Congreso cun máximo de tres membros de Asemblea encargados da súa defensa.

Artigo 167

Para poder realizar calquer cambio ou reforma é necesario unha maioría que aprobe esa reforma.

1º- Por tres quintos dos membros de cada Cámara.

2º- Por dous tercios que voten a favor do texto, de non haber acordo.

3º- O texto terase que someter a referéndum.

Artigo 168

Revisión: Só se poderá falar de revisar total ou parcialmente a Constitución no caso de que esta reforma afectase ó Título Preliminar, ó Capítulo segundo do Título I ou o Título II.

Excepción: Non se poderá inicíar a reforma se:

1º- Estamos en tempo de guerra.

2º- Mentras unha lei orgánica non declare o Estado de alarma.


O QUE GUSTA E NON GUSTA DA CONSTITUCIÓN.

Hai cousas dentro da nosa Constitución que a moita xente non lle gusta, como pode ser:

- A maioría de idade ós 18.
- Os pasos dados nas Autonomías.
- A discriminación da muller na sucesión da Coroa.

Tamén hai cousas que a Constitución non ten, e que a moita xente lle gustaría que tivese.

Pero fíxose non a gusto dunha soa persoa, senón pensando no mellor para a sociedade.

Neste apartado fai algún anos había unha lista máis longa, co paso do tempo fóronse facendo cambios moi beneficiosos para a sociedade. Por exemplo agora:

- Recoñécese o dereito ó divorcio.
- Legalizouse o aborto en determinados casos.
- Estase a lexislar sobre segredos informáticos.


CONCLUSIÓN

Un marco xeral como é a Constitución parece que debe ser estable para “habituármonos” ó seu cumplimento pleno e á súa correcta interpretación.