Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS.
Título VII de Economía e Facenda.

María Angeles Rodríguez Rozas
¿COMO É A NOSA ECONOMÍA?

Para coñecer como funciona a nosa economía, o papel que xoga o Estado nela e como foi a súa evolución no tempo, coido que debemos remontarnos uns cantos anos atrás.
Podemos dicir que desde mediados dos anos setenta ata 1950, España estivo suxeita a unha grave crise económica.
A grave crise internacional iniciada en 1973 debido á forte subida do prezo do petróleo, agravou aínda máis as repercusións da crise anterior no noso país, xa que era e segue sendo un grande importador de petróleo. As crises económicas deixáronse sentir en España profundamente porque coincidiron cos difíciles anos da transición política cara á democracia.
Para paliar esta situación as principais forzas políticas acordaron facer: unha nova política de reforma salarial, e emprender unha serie de reformas fiscais para moderniza-la economía española, como cambia-lo sistema fiscal, é dicir, reformar aquel sistema que se encarga de recadar impostos, que era totalmente inxusto. Todos estes acordos foron asinados no ano 1977 e foron denominados como "Pactos da Moncloa", que deron lugar a unha mellora da economía, que foi frustrada de novo coa crise do petróleo do ano 1979.
A economía vólvese a recuperar gracias á constante caída do prezo do petróleo, e entre 1986 e 1990 prodúcese en España un extraordinario crecemento económico que fixo que a nosa economía se abrise ó exterior o que fixo que aumentaran as exportacións, as rendas producidas polo turismo e os investimentos exteriores.
Como podemos comprobar a evolución da economía española caracterízase por constantes subidas e baixadas de prezo no petróleo.
A política aplicada polos gobernos para mellora-la situación económica, baseouse nas seguintes medidas que están expostas na nosa Constitución (título VII):
- Aplica-lo papel da economía de mercado, é dicir amplia-las reformas liberalizadoras, a privatización de empresas públicas e a reducción da intervención do Estado que se ocupará de elimina-lo monopolio. Tal e como se nos explica no artigo 128.
- Manter salarios moderados mediante unha política de pactos cos sindicatos, que son asociacións formadas para a defensa de intereses económicos, públicos comúns. Isto quere dicir que todo traballador ten dereito a un salario mínimo ou base. Tamén se facilitará o acceso dos traballadores á propiedade dos medios de producción (art. 129).
- Os poderes públicos terán a obriga de promove-lo desenrrolo de tódolos sectores económicos para que igualmente tódolos españois teñan o mesmo nivel de vida. Para isto incentívanse con maior ansia as zonas de montaña, que se explica detalladamente no artigo 130.
- O goberno tamén terá a obriga de elaborar os proxectos de planificación de acordo coa Comunidade Autónoma e cos sindicatos e organizacións empresariais, profesionais e económicas.
E ademais é función do Goberno elaborar os Presupostos Xerais do Estado (dos cales falaremos de seguido) e as Cortes Xerais da súa aprobación. De todo isto fálanos a Constitución dende o artigo 134 ó 135.
A maneira de gasta-los presupostos foi ó Consello de Contas (Art.136). Tamén existe este Consello en Galicia (Art. 53.3 do Estatuto de Autonomía).
Anteriormente dixemos que o Estado tiña a obriga de elaborar os Presupostos Xerais do Estado (PXE), pero ¿que son?
Tódolos anos o goberno fai un balance dos cartos dos que dispón o Estado para poder investir na sanidade pública, na educación, na cultura etc. presupostos nos que se inclúen os gastos e os ingresos do sector público e estatal.
O encargado de elabora-los Presupostos é o goberno a través do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Unha vez redactados preséntanse ante o Congreso dos Deputados, e posteriormente despois de debate-los ás Cortes Xerais aprobaranos ou non, se non os aproban, permanecerán vixentes os do ano anterior, ata aprobar os novos, procedemento que consta no artigo 134 da Constitución.
Unha vez aprobados os Presupostos, ó Goberno pode aumentar o gasto público, é dicir, conceder máis cartos para a sanidade ou para a educación públicas, ou ben disminuí-los ingresos, recortando os financiamentos para as sociedades públicas.
Tamén un ano máis en Galicia redactáronse os Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma e segundo o titular de Economía e Facenda, o encargado de facer os impostos en nome da Xunta, Xosé Antonio Orza, Galicia contará con 1.124 billóns de ptas. e o máis importante cun déficit cero. Segundo se publicou, isto servirá para: crear 34.000 novos postos de traballo, potenciar os investimentos para a Sanidade e a Educación con máis de 84.622 millóns de ptas.
Dende hai anos o obxectivo dos orzamentos foi acada-lo déficit cero sen incrementa-la débeda.
Cumprido o obxectivo dos Presupostos esixidos no equilibrio presupostario, a obriga co "Estado de Benestar" deu lugar a que a sanidade e a educación principalmente reciban este ano un 60% dos fondos do próximo ano.
A verdade é que para acada-lo déficit cero e dispoñer de tanto capital, foi gracias o "Marco de Apoio Comunitario", que son subvencións que aporta a U.E. ás Comunidades Autónomas, como é o caso de Galicia, por un determinado tempo. Neste caso dende o 2000 o 2006 cunha dotación de 83.042 millóns de ptas.
A Constitución de 1978 fixou en España unha economía mixta como no resto das economías dos distintos países de Europa occidental. Unha economía baseada na propiedade privada e na liberdade de empresa pero con certa intervención do Estado. Aínda que nestas dúas últimas décadas houbo unha apertura da economía, é dicir, que se pasou dunha economía totalmente controlada polo Estado a outra máis liberalizada. Pero aínda así o Estado segue sendo fundamental: invirte en redes de ferrocarrís, en telecomunicacións e en alta tecnoloxía, ademais encárgase de prestar servicios sociais, como é a sanidade pública, o paro, as pensións, a educación “gratuíta”, vivendas de prestación social, axudas á agricultura etc. Isto é o que se denomina Estado de Benestar.
Aínda así o crecemento económico non deu rematado con dous dos grandes problemas dos que dispón España que son: o paro e a desigualdade económica entre unhas Comunidades e outras así como entre os grupos de poboación, xa que as riquezas do mundo non están repartidas homoxéneamente.
Coa apertura económica de España ó exterior o que se conseguiu foi entrar na Comunidade Económica Europea ó que supón moitas posibilidades de apertura de mercados e a mellora das relacións coas distintas potencias de Europa.