Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS.
Título VI do Poder Xudicial.

Javier Prieto Bugallo

UN PROCEDEMENTO XUDICIAL


Podemos dicir que o proceso xudicial –desde a denuncia ata á sentencia- é un proceso longo e lento. Imos ver:
Todo comeza no momento en que unha persoa fai a denuncia de algo acontecido e que considera “inxusto”, p. ex. Un roubo. Unha vez posta a denuncia, o denunciante debe tentar facer “un retrato robot” do asaltante ou fai exame das fotos de reincidentes que lle facilite a policía, ou fai ámbalas cousas. Rematada a identificación e comprobados os feitos así como a culpabilidade do inculpado, a policía (por orde dun xuíz) detén ó denunciado ó que pode –como límite- te-lo retido 72 horas (art. 17.2), enterado dos seus dereitos e coa súa familia enterada e con un abogado que se encargue da defensa.
Cando a policía ten varios sospeitosos, chaman ó denunciante, quen procede á identificación. Unha vez identificado, prodúcese o interrogatorio en presencia do abogado, se é o autor do delito (no noso caso do roubo) pasa a disposición xudicial quen decide; se non tivera abogado, facilítase un de oficio.
Prodúcese despois unha vista na que o sospeitoso pode declararse culpable ou inocente, segundo o consello do seu abogado. No primeiro caso, sinálase un día para coñece-la condena, no segundo caso, pásase a xuizo, fíxase unha data que pode ser meses ou, a veces, anos despois. Con posterioridade, coñecida a sentencia, se resulta inocente, ponse en liberdade sen cargos. No suposto de considerarse culpable, de novo fíxase unha data para coñece-la sentencia condenatoria á que será sometido; esta varía segundo feitos e circunstancias.
Pode producirse un terceiro caso no que o acusado saia en liberdade baixo fianza, dase cando o xuiz non encontra probas suficientes para dar un veredicto. O xuízo podería ser reanudado, se foran atopadas novas probas.
Rematado o xuicio, se fora do caso, pode haber unha apelación, que será estudiada e poderase sinalar unha nova data para saber se a apelación prospera ou non. Esto que se remata de dicir non quere significar que tódolos procedimentos sexan así, somentes debemos saber que o sistema intenta protexernos; aínda que sexa lento. Polo que sabemos, hai atasco na administración de xusticia e tentan poñer remedio ó asunto, ¡os atascos son pesados!


TÍTULO VI DO PODER XUDICIAL

Todo o que vimos de ver é unha mostra do que resulta deste apartado constitucional, donde se marcan as “grandes liñas” da Administración da Xusticia.
Entre as normas que se fixan, pareceume interesante saber:
Que a xusticia “emana do pobo” e adminístrase en nome de El-Rei por Xuíces e Maxistrados...independentes, inamovibles, responsables e sometidos unicamente ó imperio da lei” (art. 117. 1) e que están prohibidos “os Tribunais de excepción” (art. 117.6).
Que é obrigatorio o cumplimento das sentencias e que debemos colaborar cos Tribunais (art.118) cando sexamos requeridos.
Que o interés público será tutelado polo Ministerio Fiscal (art. 124).
Que os Xuíces , Maxistrados e Fiscais “non poderán desempeñar outros cargos públicos nin pertencer a partidos políticos” (art. 127. 1) mentres estean en activo.
Que, nalgún momento, podemos te-la oportunidade de “administrar” xusticia na institución do xurado (art. 125).


VALORACIÓN PERSOAL

Cando se xunta este título cos artigos do Título I (onde se establecen os dereitos e liberdades) semella que a organización é un impedimento para o áxil desenvolvemento das garantías constitucionais. É moi inquedante que os procesos xudiciais sexan lentos, en especial naqueles casos de moita sensibilidade social, por exemplo nos casos de drogas, parece que persoas xa recuperadas teñen que ir ó cárcere por algo que fixeron xa hai catro ou máis anos. ¿Son moitas as institucións xudiciais? ¿Son excesivos os procedimentos?
É posible que as garantías dunha boa xustiza esixan tempo e perspectivas diferentes.