Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS.
Título V das Relacións entre o Goberno
e as Cortes Xerais.

María Isabel Núñez Cobas
INTRODUCCIÓN:

Logo de ler nos xornais as novas políticas, penso que as relacións entre o Goberno e as Cortes Xerais, son algo así como as de dous socios que se unen para pór un negocio en marcha e se reparten os traballos que hai que facer, poñendo unas regras, nas que se establece o que a cada un deles lle compete e de que xeito ten que desenvolvelo.
Desta forma podo resumir o que di a Constitución no seu:
TITULO V


I.- Relacións ordinarias ou tempo de traballo:

- A relación entre o Goberno e as Cortes Xerais pódese resumir en:
- O Goberno responde solidariamente da súa xestión política perante o Congreso dos Deputados (Art. 108).
- As Cámaras poden reclama-la presencia dos membros do Goberno para ser sometidos á interpelacións e preguntas, de feito o Sr. Presidente vai cada semana, e para esto os Regulamentos das Cámaras establecerán o tempo semanal. Tamén podense acadar información das Comunidades Autónomas.
- As interpelacións poden dar lugar a unha moción para que a Cámara manifeste a súa posición.
- Os membros do Goberno teñen acceso ás sesións das Cámaras e ás súas Comisións.


II.- Maneira de facer unha lei

En primeiro lugar hai que dicir que as leis fundamentais son as relacionadas coas liberdades e cos dereitos.
A decisión de escribir unha lei é do Goberno, do Congreso e do Senado.
A que vai regular esa nova lei será unha lei orgánica que deriva da Constitución, e que tratará da súa perfecta ejecución e observación. Dita lei terá que ser aprobada no Consello de Ministros no que terán que dici-las razóns polas cales se queren esa leis ou esa lei.
Unha vez aprobada dita lei ó Presidente do Congreso darao a coñecer ó Presidente do Senado. Cando esa lei chega ó Presidente do Senado terán que poñerse de acordo por maioría absoluta da aprobación de dita lei. Iso sí, algo fundamental é a aprobación de El-Rei.
Outra cousa que cabe nomear tamén é que as cámaras sempre dirixen ó Goberno.


III.- Casos ou tempos de crises

O Presidente do Goberno, despois da deliberación do Consello de Ministros pode propor ás Cámaras:
1) Unha cuestión de confianza (Art. 112), perante o Congreso dos Deputados, sobre o seu programa ou sobre unha declaración política xeral. Outórgaselle a confianza cando vote a favor a maioría simple (a metade máis un) dos Deputados. E se hai maioría absoluta do Congreso dos Deputados poden esixir ó Goberno responsabilidade política.
2) Unha moción de censura (Art. 113), que se pode presentar ó Goberno, cando hai una proposta de ó menos a décima parte dos Deputados. E ten que incluír outro candidato á Presidencia do Goberno. Teñen que pasar cinco días para poder votar a moción de censura, e dentro dos dous primeiros días deste prazo, pódense presentar outras mocións alternativas.
Caso de non ser aprobada a moción polo Congreso non poderían presentar os mesmos, outra dentro do mesmo período de sesións.

Se o Congreso lle nega a confianza ó Goberno, terá que presenta-la súa dimisión ante El-Rei, e procederase a designar un novo Presidente do Goberno, segundo o disposto no Art. 99.
Se o Congreso adopta unha moción de censura, o Goberno presentará igual a súa dimisión perante El-Rei, e o candidato presentado entenderase que ten a confianza da Cámara, e será nomeado Presidente do Goberno por El-Rei.


IV.- Disolución da Cámara (Art. 115)

O Presidente, despois da deliberación do Consello de Ministros, e baixo a súa exclusiva responsabilidade, poderá propor a disolución do Congreso, do Senado e das Cortes Xerais, que deberá ser decretada por El-Rei. Con este decreto de disolución fixará a data de novas eleccións.
Si está en trámite unha moción de censura non se pode presentar a proposta de disolución. Ten que transcorrer un ano para pedir unha nova disolución.


V.- Regulación dos estados de alarma, excepción ou sitio.

Calquera destes estados ten que ser regulado por lei (Art. 116).
- O Goberno mediante decreto, acordado en Consello de Ministros, declarará o estado de alarma, por un prazo máximo de quince días, e delimitará o ámbito territorial, e dará conta o Congreso dos Deputados.
- O estado de excepción, será declarado polo Goberno por decreto acordado en Consello de Ministros, e autorizado no Congreso dos Deputados. Ten que delimitar o ámbito territorial e a súa duración será de trinta días, que poden ser prorrogados por outros trinta cos mesmos requisitos.
- O estado de sitio, será declarado pola maioría absoluta do Congreso dos Deputados a proposta exclusiva do Goberno, este determinará o seu ámbito territorial, duración e condicións.

O Congreso non poderá disolverse mentres dure algún destes estados, nin poderá interromperse o seu funcionamento nin os poderes constitucionais do Estado. Si estivera disolto o Congreso ou expirara o seu mandato, nalgún
destes estados a súas competencias serían asumidas pola súa Deputación Permanente. A declaración de calquera destes estados non modifica a responsabilidade do Goberno e dos seus Axentes recoñecidos na Constitución e nas Leis.