Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS
Título IV do Goberno e da Administración

Vanesa Méndez Ares

O outro día estabamos a miña curmá e mais eu a xogar para ver quen sabía mái sobre a Constitución e ¡como non! gañou ela. As preguntas que tivemos que respostar foron as seguintes:

1º- ¿Cómo se nomean os ministros?
A proposta do Presidente, nomeaos El-Rei.

2º- ¿Cómo e cando cesa o Goberno? Por finalización de mandato (4 anos),
nos casos de desconfianza parlamentaria, por dimisión ou morte do Presidente, e por disolución das Cámaras (Cumplidos os 4 anos de lexislatura).

3º- ¿Cal é a composición do Goberno?
Presidente, Vicepresidente, Ministros e os mais membros que establece a lei.

4º- Principios que rexen a Administración Pública.
Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordenación.

5º- ¿Cómo é o procedemento do nomeamento do Presidente?
El Rei propón un candidato e este exporá perante o Congreso dos Deputados o programa político e solicita a confianza da Cámara. O Congreso dos Deputados por voto da maioría absoluta outórgalle a confianza e El-Rei nomea ao Presidente senón sométese a unha nova votación en 48 horas a confianza será por maioría simple.

6º- ¿Cal é a función do Presidente dentro do Goberno?
Dirixilo e coordinalo.

7º- Di as funcións do Goberno.
Dirixi-la política xeral e exerce-la función executiva.

8º- ¿Cantos vicepresidentes ten o Goberno actual?
Dous: Rajoy e Rato.

9º- ¿Cantas mulleres hai no Goberno actual?
Tres: Celia Villalobos, Ana Birulés e Pilar del Castillo

10º- ¿Cales son os ministros de: FOMENTO
CIENCIAS E TECNOLOXÍA
AD. PÚBLICAS
SANIDADE
M. AMBIENTE?

Pois o de Fomento é Cascos, de Ciencia e Tecnoloxía é Ana Birulés, o de Ad. Públicas é Jesús Posada, o de Sanidade é Celia Villalobos, o de M. Ambiente é Jaume Matas.

11º-¿Quen é o ministro mais xove de todos?
Pio Cabanillas Alonso.

12º-¿Cal é o organo superior consultivo do Goberno?
O Consello de Estado é o Supremo órgano.

13º-¿Cando tomou posesión o Goberno actual?
Aznar, o presidente, xuran o 27 de abril e os de mais o 28 de abril de 2000.

14º-Misión das forzas e corpos de seguridade do Estado.
Protexe-lo libre exercicio dos dereitos, liberdades e garantiza-la seguridade cidadá.

15º-¿Quen controla a legalidade da actuación administrativa?
Os tribunais.

Composición do Goberno

Presidente:
- José María Aznar

Vicepresidentes:
- Mariano Rajoy
- Rodrigo Rato

Ministros:
- Josep Piqué
- Angel Acebes
- Federico Trillo
- Jaime Mayor Oreja
- Cristóbal Montero
- Pilar Del Castillo
- Juan Carlos Aparicio
- Francisco Álvarez Cascos
- Ana Birules Bertran
- Miguel Arias Cañete
- Jesús Posada Moreno
- Celia Villalobos Talero
- Jaume Matas Palou
- Pío Cabanillas Alonso

Así foi como repasei o contido do título IV.