Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS.
Título III das Cortes Xerais.

Alejandra López Yáñez


O título trata dos nosos Parlamentos (temos un sistema bicameral)
Dúas cousas interensáronme: 1º- A composición actual e 2º- a forma de traballar

1º- Composición das cámaras
As Cortes representan ó pobo español, e están formadas polo Congreso de Deputados e o Senado. O Congreso está composto por unha cifra aproximada de 300 ou 400 deputados elixidos por sufraxio universal, e que son os representantes do país que participa exercendo o poder lexislativo segundo a Constitución.
En Lugo elixiranse catro deputados que se votan cada catro anos, e ese cargo pódeo ocupar calquera español, maior de idade, non inhabilitado e que se presente as eleccións.

O reparto de Deputados nesta 7º lexislatura é o seguinte:

- 183 Partido Popular (P.P.)
- 125 Partido Socialista Obreiro Español (P.S.O.E.)
- 15
- 8 Esquerda Unida (I.U)
- 7 Partido Nacionalista Vasco (P.N.V.)
- 4 Coalición Canaria (C.C.)
- 3 Bloque Nacionalista Galego (B.N.G.)
- 1 Partido Andalucista (P.A.)
- 1 Esquerda Republicana de Cataluña (E.R.C.)
- 1 Iniciativa per Catalunya-Verds (I.C.V)
- 1 Eusko Alcartasuna (E.A.)
- 1 Chunta Aragonesa (C.H.A.)

En total hai 350 Deputados.

O reparto de Deputados e Senadores en Lugo e Galicia nesta lexislatura:

LUGO:

- 3 P.P.:
-- Julio Padilla Carballada
-- Reyes Costas Manzanares
-- Benito Cobo Rego

- 1 P.S.O.E:
-- José Blanco López


DEPUTADOS DE GALICIA:
- 16 P.P.
- 6 P.S.O.E.
- 3 B.N.G.

En total en Galicia hai 25 Deputados.
Os Senadores de Lugo son:
- Francisco Cacharro Pardo
- César Aja Mariño
- Fernando Carlos Rodríguez Pérez
- Luis Angel Lago Lage

Os Senadores en España son:
- 127 P.P.
- 61 P.S.O.E.
- 8 C.I.U.
- 6 P.N.V.
- 5 C.C.
- 1 P.I.L.

En total hai 208 Senadores.

Mesa do Congreso:

-- Presidenta: Luisa Fernanda Rudí
-- Vicepresidentes: Francisco Campos (P.P.)
- Amparo Rubiales (P.S.O.E.)
- Soledad Becerril (P.P)
- Josep López de Lerma (C.I.U)

Secretarías:

-- Joan Oliard (P.S.O.E.)
-- Gabriel Mato (P.P)
-- Mª Jesús Saenz (P.P)
-- Presentación Uran (I.U)

Senado:

-- Presidenta: Esperanza Aguirre
-- Vicepresidentes: Alfredo Prada (P.P)
- Javier Rojo (P.S.O.E)

Secretarías:

-- Mª Eugenia Martín Mendizábal (P.P)
-- Damián Caneda (P.P)
-- Pilar Novoa (P.S.O.E)
-- Jaume Cardona (C.I.U)


2º- Forma de funcionamento
Os Senadores ó igual que os Deputados son elixidos cada catro anos, e haberá un Senador por cada comunidade autónoma.
- ¿Cando podes votar?
Para poder votar tes que ter 18 anos, é dicir, ser maior de idade.

Todos estes Deputados e Senadores terán un soldo que decidirán as Cámaras, que son as que establecen tódalas regras, e ó mesmo tempo elixen os Presidentes que son os que controlan os poderes administrativos e a política das súas propias sedes.
-¿Qué profesións teñen?
Poden ter diferentes profesións como poden ser avogados, xuíces, fiscales, formar parte do tribunal constitucional, dos altos cargos da administración, poden ser militares, policías ou Corpos de Seguridade ou membros das xuntas electorais.

O Congreso e o Senado poderán nomear Comisións, que tratarán de investigar sobre calquera tema de importancia para a nosa sociedade.
As Cámaras teñen unhas datas determinadas para reunirse, aínda que iso non quere dicir que non podan reunirse un día fora das datas sinaladas.

-¿Como se propón unha lei?
En primeiro lugar hai que dicir que as leis fundamentais son as relacionadas coas liberdades e cos dereitos.
A decisión de escribir unha lei é do Goberno, o Congreso e do Senado.
A que vai regular esa nova lei será unha lei orgánica que deriva da Constitución, e que tratará da súa perfecta execución e observación. Dita lei terá que ser aprobada no Consello de Ministros no que terán que dicir as razóns polas cales se queren esas leis ou esa lei.
Unha vez aprobada dita lei o Presidente do Congreso darao a coñecer ó Presidente do Senado. Cando esa lei chega ó Presidente do Senado terán que poñerse de acordo por maioría absoluta da aprobación de dita lei. Iso sí, algo fundamental é a aprobación de El-Rei.

Outra cosa que cabe nomear tamén é que as cámaras sempre dirixen ó Goberno.

-¿Como se realizan os tratados internacionais?
Para que poida haber un tratado ou denunciar un tratado internacional terán que estar de acordo as Cortes; ó mesmo tempo poderán ser diversos tipos de tratados: tratados políticos, tratados militares, etc.
De tódolos tratados que suceden teñen que estar enterados o Senado e o Congreso de Deputados.
Por último, dicir que todo tratado que se leve a cabo terá que ter en conta todo aquelo que esixe a Constitución.