Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
PERCEPCIÓNS DE 9 TÍTULOS CONSTITUCIONAIS
Título II da Coroa

Miriam López Corbelle



DATOS DO REI

O 22 de novembro cumpríronse 25 anos da proclamación de Juan Carlos I como Rei. Son tamén 300 anos da chegada da dinastía Borbón.


INFANCIA

O Rei Juan Carlos I naceu en Roma o 5 de xaneiro de 1938.
O seus primeiros anos de vida trascorreron en Roma onde naceron os seus irmáns menores, os infantes Margarita e Alfonso.
O 25 de agosto de 1948 don Juan entrevistouse con Franco a bordo do iate “Azor”, onde acordaron que don Juan Carlos estudiaría en España.
“Las Jarillas”, propiedade dos marqueses de Urquijo, sería a súa primeira residencia en España. Nesta finca iniciou o Bacharelato e alí fixo amigos que ainda hoxe conserva.
Tras aproba-lo “curso de ingreso” no madrileño Instituto de San Isidro, en 1952 proseguiu os seus estudios en San Sebastián.
En 1954 aprobou “la reválida” rematando o Bacharelato.


XUVENTUDE

En maio de 1955 ingresou na Academia Militar de Zaragoza cando tiña 17 anos, en decembro de ese ano xurou bandeira.
En 1956, Don Juan Carlos e o seu irmán Alfonso estaban xogando cunha pistola que seu pai tiña gardada, e comezaron a manipular nela e a maldita bala que alí quedara atascada disparouse accidentalmente, ferindo de morte o infante Alfonso, quen poucos minutos despois morría nos brazos de seu pai. Este foi un drama que marcou profundamente a vida de Juan Carlos.
Permaneceu en Zaragoza ata 1957; despois pasou á Escola Naval de Marín; Embarcou no Juan Sebastián Elcano, e o 6 de xulio de 1958 obtivo o emprego de alférez de fragata. Finalmente, incorporouse á Academia Militar do Aire en San Javier (Murcia).


NOIVADO

A comenzos dos anos 50 don Juan Carlos coñecera a dona Sofía nun cruceiro en 1961, na boda dos duques de Kent onde comenzou a súa relación.
O 12 de setembro en Lausana, na residencia da raíña Victoria Eugenia, fixose público o seu compromiso e anunciouse a boda para a primavera de 1962.
A futura esposa de don Juan Carlos contaba na súa árbore xenealóxica con dous emperadores xermanos, oito reis de Dinamarca, cinco reis de Suecia, sete zares de Rusia, un rei e unha raíña de Noruega, unha raíña de Inglaterra e cinco reis de Grecia.


VODA

O 14 de maio de 1962, Atenas era unha festa. Os Príncipes casáronse primeiro polo rito cátolico na catedral de San Dionisio, e despois polo ortodoxo na catedral de Santa María, nunha cerimonia bendicida polo patriarca de Atenas. A voda civil tivo lugar no Palacio Real.
Trala voda, os noivos embarcaron no iate Eros, propiedade do armador grego Niarchos, onde iniciaron unha lúa de mel que durou catro meses nunha inesquecible volta ó mundo.


FILLOS

O 20 de decembro de 1963 a Princesa Sofía deu a luz na madrileña clínica de Loreto unha nena a quen impuxo o nome de Elena.
O 26 de decembro de 1963, don Juan e dona María asistiron o bautizo da súa neta Elena, quen tivo como padriños a condesa de Barcelona e o infante don Alfonso de Orléans.
O 13 de xuño de 1965, o sanatorio de Loreto, veu ó mundo outra nena, Cristina e tivo como padriños a Alfonso Borbón-Dampierre e a infanta Cristina de Borbón e Battenberg.
O 30 de xaneiro de 1968 naceu Felipe, que entón só tiña o título de Infante.
A mediados de xullo de 1969, don Juan Carlos pasou uns días coa súa familia en Estoril. O seu regreso das vacacións, atopouse coa mensaxe de Franco no que anunciaba que o designaría sucesor a título de Rei se él aceptaba.
O nomeamento produciuse o 22 de xullo de 1969; don Juan Carlos xurou nas Cortes e él e a súa esposa foron nomeados Príncipes de España e non Príncipes de Asturias que é o tradicional título dos herdeiros da Coroa.


REI DE ESPAÑA

O 22 de novembro de 1975, horas despois de ter presidido o enterro de Franco, don Juan Carlos comparecía nas Cortes para a súa proclamación como rei de España acompañado por dona Sofía e os seus fillos.
O longo deste cuarto de século foi moito co que lle tocou loitar ó Rei, aínda que pasara á historia do noso país como o home que axudou a facer posible a transición democrática.
O 14 de maio de 1977 viviu, con intensa emoción por ambalas partes, a renuncia do seu pai, conde de Barcelona, os seus dereitos dinásticos, depositando no Rei a continuidade e legalidade dinástica.
En 1978, celebrouse o referéndum para a Constitución coas primeiras eleccións democráticas no noso país despois de máis de 40 anos. Don Juan Carlos viviu tamén a plena integración de España en Europa e asistiu á normal alternativa no poder de dereitas e das esquerdas.
Con todo, non foi un camiño fácil. A lacra do terrorismo marcou dolorosamente estas vodas de prata reais no trono.
O 18 de marzo de 1995, o Rei saía dos Reales Alcázares de Sevilla dando o seu brazo á Infanta Elena, quen ese día se converteu na esposa de Jaime de Marichalar. Son os duques de Lugo.
O 4 de octubre de 1997 na catedral de Barcelona casáronse a infanta Cristina e Iñaki Urdangarín.


OS NETOS

O 17 de xullo de 1998 a duquesa de Lugo deu a luz un varón.
O neno impuxéronlle os nomes de Felipe Juan Froilán de Todos los Santos.
A infanta Cristina o 29 de setembro de 1999, deu a luz a outro varón ó que chamaron Juan Valentín de Todos los Santos.
O pasado 9 de setembro veu ó mundo a pequena Victoria Federica de Todos los Santos de Marichalar y Borbón e para axiña esperase o nacemento do segundo fillo da Infanta Cristina. ¿Será a compañeira de xogos de Victoria Federica? ou ¿será outro neno?.

OS MOMENTOS MÁIS DIFÍCILES

O terrorismo etarra, por un lado, sementando a dor e a desolación; por outro, o Rei enfrentouse tamén á oposición das correntes máis inmovilistas que estaban en contra do sistema democrático e que desembocaron no Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. O teniente coronel Tejero tomou o Congreso e o tenente xeneral Milans del Bosch sacou os tanques as rúas de Valencia.
Esa noite don Juan Carlos logrou, coa súa indiscutible autoridade como Capitán Xeral dos Exércitos, impoñer ós principios democráticos.
En 1996, o rei foi ademáis obxectivo de un comando ETA que planeaba atentar contra él en Palma de Mallorca.
O 1 de abril de 1993 faleceu en Pamplona don Juan, despois dunha longa loita contra o cáncer que o conde de Barcelona levou con admirable entereza.
A familia real volveu a compartir momentos de dor o 3 de Xaneiro do 2000 no funeral de María das Mercedes, a nai do Rei. Esta morreu ós 89 anos mentras durmía.

AFECCIÓNS

Ó Rei gustáballe ler tebeos, xogar ó fútbol, a neve.
Encántanlle os coches e as motos e en máis dunha ocasión deu un bo susto ó servicio de seguridade cando se escapaba en moto do palacio de La Zarzuela.
Gústanlle os toros.

O SEU SUCESOR

A continuidade dinástica da Coroa representada no Príncipe Felipe de Borbón e Grecia.
Cursou os seus estudios primarios no colexio Santa María de los Rosales.
O 22 de xaneiro de 1977 apareceu no Boletín Oficial do Estado o seu nomeamento como príncipe de Asturias, Príncipe de Gerona e de Viana, duque de Montblanc, conde de Cervera e Señor de Balaguer, títulos inherentes a súa condición de Herdeiro da Coroa.
Cando rematou os seus estudios secundarios, estudiou o equivalente ó COU español no colexio Lakefield, en Canadá.
Ó seu regreso, xurou bandeira na Academia Militar de Zaragoza o 2 de setembro de 1985.
Ingresou na Escola Naval de Marín, na Academia Militar do Aire, en San Javier.
Estudiou na Universidade Autónoma de Madrid, onde se especializou en Dereito, Economía e Ciencias Políticas.
En 1993 cursou un máster de Relacións Internacionais na Universidade norteamericana de Georgetown.
En 1995 graduouse.
O 30 de xaneiro de 1986, o día que cumpría 18 anos, xurou no Congreso a Constitución de 1978 ante a Familia Real e as máis altas autoridades da Nación.


CONCLUSIÓNS

Don Juan Carlos é un rei constitucional por iso:
El-Rei é o Xefe do Estado, símbolo da súa unidade e permanencia, arbitra e modera o funcionamento regular das institucións, asume a máis alta representación do Estado Español nas relacións internacionais, especialmente coas nacións da súa comunidade histórica, e exerce as funcións que lle atribúen expresamente á Constitución e mailas leis.

O seu título é o de Rei de España e poderá facer uso dos mais que lle correspondan á Coroa.

A persoa de El-Rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade.

El-Rei, ó ser proclamado perante as Cortes Xerais, prestara xuramento de desempeñar fielmente as súas funcións, gardar e facer que se garde a Constitución e mailas leis e que se respeten os dereitos dos cidadáns e das Comunidades Autónomas.

O Príncipe herdeiro, ó chegar á maioría de idade, e o Rexente ou Rexentes ó se faceren cargo das súas funcións, prestarán o mesmo xuramento, así como o de fidelidade a El-Rei.

Dos actos de El-Rei serán responsables as persoas que os referenden.

El-Rei ten que ser informado dos asuntos do Estado.

El-Rei ten o mando supremo das Forzas Armadas.

A El-Rei correspóndelle, logo da autorización das Cortes Xerais, declara-la guerra e face-la paz.


Un estudio (breve) sobre as cualidades dun "home público" como é El Rei

Fixen unha enquisa sobre as cualidades preferidas do Rei.

Homes Mulleres Total
Divertido 18 16 34
Guapo 14 23 37
Honrado 24 23 47
Responsable 24 23 47
Xusticeiro 25 25 50
Total 105 110 215
Mulleres
Divertido 14'54 %
Guapo, Honrado, Responsable 20’90 %
Xusticeiro 23’80 %
Homes
Divertido 17'14 %
Guapo 13’33 %
Responsable e Honrado 22'85 %
Xusticeiro 23’80 %
TOTAL
Xusticeiro 23’25 %
Honrado, Responsable 21’86 %
Guapo 17’20 %
Divertido 15’81 %
Mozos Mozas Total
Divertido 14 19 33
Guapo 12 23 35
Honrado 25 22 47
Responsable 21 21 42
Xusticeiro 25 25 50
Total 97 110 207
Mozos
Honrado e Xusticeiro 25’77 %
Responsable 21’64 %
Divertido 14’43 %
Guapo 12’37 %
Mozas
Xusticeiro 23’80 %
Guapo 20’90 %
Honrado 20 %
Responsable 19’09 %
Divertido 17’27 %
TOTAL
Xusticeiro 24'15 %
Honrado 22'70 %
Responsable 20'28 %
Guapo 16'90 %
Divertido 15'94 %


Como se ve na escala, os adultos, tanto os homes como as mulleres, están de acordo con que ante todo El Rei sexa xusticeiro, e dicir, que sexa garante de equilibrio de poderes e do cumplimento das leis, en segundo lugar, responsable e honrado aínda que neste posto as mulleres inclúen que sexa guapo, mentres cos homes prefiren que sexa divertido antes que sexa un "guaperas".
Tamén se pode ver como, polo menos nesta ocasión, os adolescentes nos poñemos de acordo cos adultos, pois as escalas de valores máis ou menos coinciden, e tamén as mozas poñen en segundo lugar que ser guapo é unha das cousas boas que ten un rei.

Mentres que facía esta enquisa as mulleres e rapazas comentáronme que o Príncipe, e dicir, o herdeiro da Coroa, era moi guapo, bueno, eso é o que dixeron as mulleres de 30 anos para riba, as rapazas dixeron que admitían que era guapo, pero que o marido da Infanta Cristina, o Iñaki Urdangarín, era máis guapo. Pola mesma razón que o seu fillo é tamén máis guapo que Felipe Juan Froilán de Todos los Santos, aínda que isto non se debería dicir pois os seus pais a Infanta Elena e Jaime de Marichalar son os nosos Duques de Lugo.