Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
ALGÚNS VALORES E DEREITOS CONSTITUCIONAIS.
(TÍTULO I) Pluralismo e diálogo.

Marcos Castro Fernández



¿Que é máis práctico, que goberne un ou que gobernen varios? Segundo o meu punto de vista é máis práctico que gobernen varios. Porque non hai ninguén neste mundo totalmente perfecto, entón, se hai varias persoas con opinións distintas, unhas complementaránse con outras porque sempre se teñen unhas cualidades para algo. O bó duns cantos pode chegar case a perfección.
Falouse moito e séguese falando do poder como “servicio”, e moitos países hai máis bens que necesidades e noutros, menos desenvolvidos, non hai bens e hai mortes de inanición. Ninguén neste mundo pode gobernar só, sinxelamente porque non existe “o absolutamente mellor”. “ O mellor” posuiría unhas características divinas e non se acostuman atopar entre os mortais.


A UNIDADE REAL

Así son as cousas, do que se trata é de mellorar esa colectividade. Que todos gobernen é imposible. Entón, para que exista unha democracia auténtica hai que conseguir un nivel aceptable de preparación política nos cidadans.
Cando imos votar, moitas veces non sabe que facer. A xente vota mecánicamente, ou sexa, vota a quen o seu mellor amigo lle di, ou pola contra vota o que lle cae mal ó seu inimigo. Por iso mesmo o pobo, necesita unha preparación política casi igual que un político.


PLURALIDADE E CONSENSO


¿Non sería mellor unha soa ideoloxía?
A contestación é simplemente, non. Sinxelamente porque a unidade non existe.
¿Qué é o consenso?
O consenso consiste en respecta-las opinións alleas. Só se pode ser demócrata cando respecta-las ideas dos demais. Nestos temas El Rei ou o presidente xogan un papel importante e isto mostráronolo nos sucesos de Febreiro do 1981, onde o Rei nos salvou dunha nova Guerra Civil ou dunha situación política de suma gravidade.


O DIÁLOGO

Diálogo é unha palabra composta do prefixo “día” e o verbo “ legein”. Ambos compoñentes expresan movemento e aportación cooperativa. Considérase o diálogo como o punto de entendemento, de comunicación, de paz e de irmandade. A finalidade do encontro entre os homes, aínda é unha meta non lograda e un pouco lonxana. É urxente que se fomenten e propicien dende tódolos ángulos e estamentos sociais as virtudes da cooperación social como o civismo e a tolerancia, a razonabilidade, o sentido do diálogo como encontro, coma linguaxe máis intelixente e clara, capaz de producir actitudes favorables na búsqueda do interese común. Ser dialogantes é facer camiño cara á auténtica madurez, hacia unha máis completa humanización que nos capacita para vivi-la vida como constante búsqueda de aceptación, comprensión e entendemento cos demáis, con un mesmo e con tódolos acontecementos da vida que nos toca vivir. É no diálogo cos demais, mesmo onde descubrimos as razóns para a propia superación e o sentido da propia vida.


CONDICIÓNS QUE FAVORECEN O DIÁLOGO

- Clima propicio
- Ánimo aberto
- Formas respetadas no diálogo
- Saber atander e escoitar
- Reflexión e concentración no diálogo
- Carácter personalizado
- Aprendizaxe, e preparación paciente e progresiva
- Nin o medo nin a excesiva prudencia fano posible
- O tacto e a gracia persoal
- A tranquilidade, a paz e a serenidade do espírito, e o dispoñer do tempo necesario e o lugar adecuado son as últimas condicións recomendables para o diálogo equilibrador e fecundo.

En resumo as persoas dialogantes son aquelas que deben marca-las relacións sociais.


TIPOS DE DIÁLOGOS

NEGATIVOS:
- Diálogos coactivos e recriminatorios
- Diálogos hipócritas
- Diálogos interrogatorios
- Diálogos autoritarios

POSITIVOS:
- Diálogos de afecto e simpatía
- Diálogos espontáneos
- Diálogos racionais
- Diálogos conselleiros