Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
ALGÚNS VALORES E DEREITOS CONSTITUCIONAIS (TÍTULO I) O sistema penal.

Jaime Rodríguez González

DOS DEREITOS PROTEXIDOS ANTE OS TRIBUNAIS PARECÉRONME MOI INTERESANTES OS SEGUINTES:

*Igualdade ante a lei, así como ó dereito á vida. Non tortura. Non pena de morte (artigo 15 da Constitución)

*Liberdade ideolóxica e relixiosa (artigo 16).

*Protección xudicial dos dereitos (artigo 24).

*Legalidade penal. Remuneración do traballo ós reclusos e a prohibición de tribunais de honor (artigo 25).


Coa lectura do artigo 25 empecei a interesarme polos sistemas penales, e atopei que hai distintos métodos de aplica-los medios de reacción contra o delito, e son:


SISTEMA MONISTA:

Ou se aplica a pena ou a medida de seguridade.

SISTEMA DUALISTA:
Promove a imposición da pena e a aplicación das medidas de seguridade conxuntamente. Débense aplica-las dúas, pero non ó mesmo tempo.

SISTEMA VICARIAL:
O xuiz pode acordar que se aplique antes a medida preventiva que a pena ou non, ó considerar que a medida previa xa foi suficiente.
O dereito penal utiliza para o cumprimento da función de protección: a vía represiva e a vía preventiva.
Estas dúas vías serven para protexe-los intereses da sociedade pero sempre intentando a reinserción social do individuo
Dende a perspectiva dunha persoa da miña idade pareceume de interese saber que toda pena debe cumpli-las seguintes funcións:

1º *Evitar novas accións delictivas do suxeito que demostrou ser nocivo para a sociedade.
*Corrección do delincuente para a súa reintegración na sociedade.

2º Calquera pena que atente contra os dereitos do delincuente e a súa integridade física ou psicolóxica está prohibida.
Estes dous dereitos son irrenunciables e inalienables para a persoa que está detida, e dicir, se algún destes dereitos é violado ou detido pode denuncialo.
Hai asuntos moi discutidos sobre os sistemas penales: o cárcere non é válido na maioría dos casos para rehabilitar ao delincuente e poder reinsertalo na sociedade, xa que neses casos o cárcere é unha escola de delincuentes.

¿A persoa que delinca moitas veces non se pode reinsertar na sociedade? Sabemos que é dificil porque tamén marxina o Estado ademais da sociedade, xa que para ocupar certos postos do Estado é necesario ter un certificado de penales negativos.
A reinserción social do delincuente ¿É función da ciencia da criminoloxía e das ciencias penitenciarias? Todos estes temas (e moitos máis) saen ante nós cando estudiamo-lo título I da Constitución.