Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
ALGÚNS VALORES E DEREITOS CONSTITUCIONAIS.
(TÍTULO I) Liberdade e Igualdade.

María Rodríguez Núñez


Se buscamos en qué consiste o ben social máis preciado de todos, atoparemos con toda seguridade os termos de Liberdade e Igualdade.
A liberdade é a ausencia de obligación e de coacción. O fin da lei debe se-la liberdade, e o seu principio básico é que todos os homes nacen libres e iguais, por isto non debemos impoñer a nosa vontade sobre o outro ser humano, senón que debemos deixar que cada un viva a súa propia vida coma elixa. Cada persoa debe ser respectada, polo que tódolos demáis deben permitirlle exercer a súa capacidade para decidir. Unha persoa non é libre cando ten que actuar baixo a vontade doutro, xa sexa pola forza bruta, por unha ameaza ou por calquera impedimento dunha acción. Unha sociedade na que ninguén recibe ningún tipo de coacción por parte de calquera outra vontade, é unha sociedade na que cada individuo ten completa liberdade, aínda que sexa unha utopía, esto conséguese có esforzo. Os medios para conseguir esta liberdade veñen dados pola lei, a que se ocupa de que todos teñamos liberdade, podendo elixir e actuar sen ser forzados a facelo, sempre e cando non perxudiquemos ós demais. Cando alguén perxudica a outra persoa, está negándolle a súa liberdade, por iso a lei é imposta ós cidadáns, e se forza a obedecela mediante unha serie de sancións legais, e impoñendo castigos. Na Constitución Española de 1978 veñen especificados os seguintes dereitos:

- O artigo 25 di que as penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán encamiñadas á reeducación e reinserción social e non poderán consistir en traballos forzados. O condenado á pena de prisión que estea cumprindo a mesma gozará dos dereitos fundamentais, fóra dos que se vexan expresamente limitados polo contido do fallo condenatorio, o sentido da lei, e a lei penintenciaria. En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e mais os beneficios correspondentes á seguridade social, así como o acceso á cultura, e ó desenvolvemento integral da súa personalidade.
A Administración civil non poderá impor sancións que impliquen privación de liberdade.

- O artigo 33 di: Ninguén poderá ser privado dos seus bens e dereitos se non é por causas xustificadas de utilidade pública ou interés social, mediante a correspondente indemnización e de conformidade disposto polas leis.

- O artigo 55 di que a utilización inxustificada e abusiva das facultades recoñecidas na lei orgánica producirá responsabilidade penal, como violación dos dereitos e liberdades recoñecidas polas leis.

A verdadeira igualdade reside en que ningún cidadán sexa tan rico como para mercar a outro cidadán e que ningún sexa tan pobre que se vexa na obriga de se vender. A experiencia ensina que a igualdade de oportunidades segue a ser un mito, os costumes, os hábitos, as mentalidades e as diferencias económicas aínda seguen descriminando cando existe unha clara vontade de supera-las desigualdades. A educación pode ter un papel básico e intrasferible, o respeto á outra e ó outro, ó negro igual que ó branco, ó rico como ó pobre, ó minusválido, ó seropositivo, etc. A escola, os centros educativos e a famila son os espacios idóneos para a formación de tales hábitos, por iso no artigo 27 da nosa Constitución recoñécese a liberdade de ensino e o dereito á educación, que terá por obxeto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respeto ós principios democráticos de convivencia e os dereitos e liberdades fundamentais.

Un gran avance cara a igualdade foi o movemento feminista. Os dereitos da muller tiveron que ser recoñecidos como dereitos específicos, posto que a súa teórica inclusión nos “Dereitos do Home e do Cidadán” non significaba ningún recoñecemento dunha real igualdade de oportunidades. A muller foi excluída dos dereitos chamados universais (Sufraxio, traballo, educación, etc.) O movemento feminista busca, no mundo occidental, a igualdade legal dos dous sexos. Podemos dicir que nestes momentos non existen barreiras expresas que impidan a formación da muller para traballos de responsabilidade ou para tomar parte en decisións transcendentais.

A loita pola igualdade da muller sirve de punto de referencia doutras desigualdades aínda pendentes. Ponse de manifesto na existencia de extranxeiros que buscan un lugar como seres humanos, mentres ese lugar se lles nega. O problema de fondo é, sin duda, económico: O problema de ter que distribuir unha riqueza e uns bens básicos escasos, o dereito ó traballo, á educación, a unha vivenda, á saúde; en suma, os dereitos económicos-sociais como dereitos universais son postos en cuestión pola realidade inmigrante que poñen de manifesto o escándalo da desigualdade real. A xenofobia e o racismo, o rexeitamento do extranxeiro ou de quen pertence a unha cultura estrana é a expresión do egoísmo que se resiste a ter menos para que outros teñan o necesario. O problema é de xustiza distributiva máis que de incomprensión cara outros pobos e culturas. A proba è que ningún representante doutra cultura é excluido se ven cós petos cheos. O dereito á propia individualidade ou á diferencia dun grupo, é tamén un dereito fundamental, unha expresión da liberdade. Primeiro humáns, e logo magrabís, turcos, islámicos... Outra manifestación da igualdade na liberdade é o dereito dos pobos a súa autonomía total ou parcial, a usa-la súa lingua, manter as súas tradicións, o dereito das culturas minoritarias a non ser absorvidas polas grandes culturas. O artigo 13 di que os estranxeiros gozarán en España das liberdades públicas nos termos que establezan os tratados e a lei.

A expresión “Liberdades colectivas” debe cumplir dúas condicións:

1. Ser respetadas as liberdades individuales de quen integran esa cultura.

2. A diferencia non significa discriminación, conciencia de superioridade sobre os outros.

Na Constitución garantízase, no artigo 16, a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos e das comunidades sen máis limitación nas súas manifestacións, cá necesaria para a conservación da orde pública, protexida pola lei. Ninguén poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas.

Liberdade e igualdade son os dous valores que dan contido á xustiza. Nun sentido amplo, a xustiza inclúe toda moralidade. Gracias ás leis cada individuo vese protexido de posibles ataques. Someterse á lei significa renunciar a parte das liberdades individuais para non perder ou ver ameazado ó principio mismo da liberdade.
O Estado debe igualar a tódolos homes: concédelles igualdade de política, igualdade de dereitos e igualdade ante a lei. A primeira forma de igualdade radicase na liberdade. As tarefas políticas do Estado de benestar entenden a igualdade fundamentalmente como igualdade de oportunidades, é dicir, atender ás necesidades básicas de todos repartindo con xustiza os bens que satisfacen esas necesidades: educación, saúde, traballo, etc. Así pois, a realización dunha verdadeira igualdade de oportunidades debe ser o obxetivo que se propoña o Estado como medio para protexer e asegura-la liberdade igual para todos. Deste xeito, no artigo 17 da Constitución refléxase que ¨toda persoa ten dereito á liberdade e á seguridade. Ninguén pode ser privado da súa liberdade, senón coa observancia do establecido neste artigo e nos casos e na forma previstos pola lei¨. A xustiza esixe que cada caso sexa tratado coma merece. “A cada quen o seu”, é unha fórmula tradicional para definir a xustiza, significa que cada persoa debe de ser tratada según os seus méritos individuais. Nos artigos 9 e 10 da Constitución dise: ¨Corresponde ós poderes públicos promoveren as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e mais dos grupos en que se integra sexan reais e efectivas, removeren os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitaren a participación de tódolos cidadáns na vida política, económica, cultural e social". "A dignidade da persoa, os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da personalidade, o respeto á lei e ós dereitos dos demais son fundamento da orde política e da paz social. As normas relativas ós dereitos fundamentais e ás liberdades que a Constitución recoñece, interpretaranse conforme á Declaración Universal dos Dereitos Humanos e os tratados e acordos internacionais sobre as mesmas materias ratificados por España".


ESCALA PARTICULAR

Fixemos un pequeno estudio para ver, entre a xente xove, o grao de aprecio dos valores incluídos no preámbulo e no artigo primeiro da Constitución. Clasifícanse de 0 a 5 puntos cada valor. Este foi o resultado:

Valores: Igualdade, liberdade, pluralismo, seguridade e xustiza.

Mozos Mozas Total
Igualdade 31 46 77
Liberdade 50 45 95
Pluralismo 30 33 63
Seguridade 45 40 85
Xustiza 47 50 97
Total 203 214 417


XUSTIZA
LIBERDADE
SEGURIDADE
IGUALDADE
PLURALISMO
O valor máis importante para os mozos é a Liberdade cun 24.63%, seguido da Xustiza apoiada por un 23.15%, o terceiro valor apoiado polos mozos e a Seguridade cun 22.16%, como penúltimo termo encóntrase a Igualdade có 15.27%, e por último atópase o Pluralismo có 14.77% dos votos.
Para as mozas o valor máis importante é a Xustiza có apoio do 23.36%, o segundo é a Igualdade cun 21.49%, a Liberdade có 20.02%, o seguinte é a Seguridade có
18.69% e por último atópase o Pluralismo cun 15.42% dos votos.

No total, en primeiro lugar do aprecio atópase a Xustiza cun 23.26%, seguido da Liberdade có 22.78%, no seguinte posto está a Seguridade cun 20.38%, despois a Igualdade có 18.46% e finalmente o Pluralismo có 15.10%.