Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
ALGÚNS VALORES E DEREITOS CONSTITUCIONAIS.
(TÍTULO I) Intimidade e Familia

Rebeca Rivas Márquez


No texto da constitución, artigo 18, establece o dereito á intimidade, no punto 1 do mesmo, fálanos deste dereito xenericamente e di o seguinte:

1. Garantízase o dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar ademais da propia imaxe.

A intimidade debe ser xuridicamente protexida, ó mesmo tempo, é un tema ético, ¿pero que é a intimidade? É difícil de definir posto que se refire a algo subxectivo. Case tódalas persoas desexan reservarse unha parte da súa vida como os seus pensamentos, emocións, actividades etc.. ou reservalas so a membros da súa familia ou amigos. A vida privada variará dun individuo a outro, dun grupo a outro, da sociedade e da súa cultura; pero o desexo de ter unha vida privada témola todos.
Este principio tamén está recollido na Declaración Universal dos Dereitos do home.

Fundamento da defensa da intimidade

Ainda que a lexislación dun país non protexera o dereito á intimidade existiría en tódolos homes o deber moral de facelo, xa que se trata da dignidade dunha persoa, a sociedade é para unha persoa, non a persoa para a sociedade.

- A. As persoas teñen deberes moi concretos para a sociedade, pero entre estos deberes non está incluída a súa anulación, a desaparición da súa personalidade. A existencia da vida privada é ela mesma unha garantía contra o abuso de poder por parte do Estado. Ó deber de respecta-la intimidade de tódolos cidadáns se convirte nunha garantía da liberdade xeneral dunha sociedade.


Aspectos da vida privada.

Enumeraremos algúns aspectos desta intimidade, servíndonos dos dereitos que a protexen. Os principais aspectos da vida privada son:

A/ Dereitos do home, como expresión e resumo de que o home é como suxeito de atribución das súas deferentes accións. Non é lícito utiliza-lo nome alleo sen consentimento do interesado: un exemplo, na prensa se sustitue por iniciais, cando se trata de algo malo.

B/ Dereito á propia imaxe. Non é lícito obter fotografías, imaxes dunha persoa, sen o seu consentemento, cando a persoa desenvolve unha actividade privada, íntima nin sequera en caso de persoaxes moi coñecidos (actores, cantantes, etc..), se non están realizando unha actividade pública.

C/ Dereito ó segredo da correspondencia. Xuridicamente están reguladas algunhas excepcións a este dereito, pero non nas normais relacións interpersoais, é inmoral leer cartas, escoitar conversacións, ler apuntes íntimos, o diario etc.., doutras persoas.

D/ Dereito ó segredo profesional. O segredo profesional é, antes que nada, un servicio á persoa e á intimidade do que recorre a outro (asesores, médicos, etc..) na búsqueda de consello. Quere decir que o segredo profesional non é un privilexio do profesional, senón un deber ó que corresponde un dereito por parte da persoa a quen “pertence” esa información. Pero ó principio extenderase a calquera outra profesión na que se dean circunstancias semellantes.

E/ Outros tipos de segredos, para os que se esixe tamén unha obriga moral de reserva; nalgúns casos, eses segredos están tamén protexidos xuridicamente. Son:
-No matrimonio segredo ou de conciencia, que se dá cando ocorren determinadas circunstancias persoais que non aconsellan a súa publicación, por exemplo o segredo de matrimonio se éste non quere revela la súa condición de ter estado casados.
- Segredo da afiliación adoptiva pode ser conveniente, cando un fillo é adoptado temporalmente, xa que deste xeito intégrase mellor na familia.
- Segredo de testamento, da vontade do testador.

F/ No ámbito dos negocios comerciais cando se trata de segredos que protexen a actividade humana, o exercicio do traballo, como os segredos mercantís. Nestes casos estase xa máis lonxe da defensa da intimidade.

G/ Dereito á propiedade intelectual ou dereito de autor; ninguén ten dereito a publicar sen permiso do autor unha producción literaria ou artística, tampouco no caso de que se garde o anonimato ou utilizase un pseudónimo.

Forma de ataque á intimidade e á vida privada.

A utilización ilexitima do nome de outro, ou da súa imaxe; a relevación do segredo da correspondencia ou do segredo profesional, usando medios modernos de vixiancia son outros tantos modos de invasión da intimidade:

- Con dispositivos ópticos: espellos, fotografías, televisión en circuito cerrado, etc.

- Con dispositivos acústicos, rexistro de conversacións telefónicas.

- Vixiancia por medio de ordenadores.

- Vixiancia psicolóxica, a través do abuso dos tests de personalidade para obter calquera tipo de traballo. A persoa vese practicamente na obriga de revelar aspectos da súa intimidade que non ten nigunha relación ca súa capacidade de profesional nin co tipo de traballo que se espera que realice.


Conclusións

Vemos como a intimidade é un tema moi amplio. Trátase dun dereito normal da persoa, sen embargo, a lexislación vixente na maioria dos paises é moi escasa nestes campos.


DEREITO Á INTIMIDADE E DEREITO Á INFORMACIÓN

Planteamento do tema

¿Onde termina o dereito á información cando se trata da vida privada das persoas ou das lexítimas reservas de institucións lexítimas e legales?
Coas fórmulas periodísticas comeza o fin da intimidade. As invasións na intimidade allea soen xustificarse dirixíndose á verdade e a que o público, democráticamente, ten dereito a sabe-lo todo.

Intimidade e liberdade

A liberdade non consiste só en poder elexir, senón en poder elixir a acción concreta que se desexa. Se calquera acción humana tivese obrigatoriamente, trascendencia pública.

- O público non ten dereito a invadi-la vida privada dalguén sin o consentemento do afectado.
- Como testemuña que poda establecer a súa existencia está a conciencia.
- A persoa con entendemento e condicións normais admitirá que hai asuntos privados ou íntimos para cada membro da sociedade e que hai outros públicos.

Os procesos por ataques á intimidade xeneralízanse. Nalguns países, os xuíces acolleron favorablemente a pretensión de familiares privadas. Dedúcese destes casos que un tribunal é capaz de dar, xustamente, a razón a un cidadán normal.


FAMILIA

A familia sempre estará en crisis entre tanto non se fundamente nunhas relacións verdadeiramente personalizadas e por amor, nas que cada membro se da ós outros como persoa, e enrriqueza a súa personalidade, incremente a súa autonomía, solidariedade e faga posible o desenvolvemento persoal dos demais compoñentes familiares, sentindo a felicidade dos outros como a súa propia.

Sabemos que antes, a familia era unha institución estable e se constituía de maneira pública e formal sobre o matrimonio, o que consagraba por normas relixiosas, éticas, legais e de costumes de grande vixencia social, que non excluían os sentimentos, preferencias e decisións particulares.

O matrimonio confería unha gran solidez e estabilidade á familia, e a ruptura pública dun matrimonio soía ser moi difícil, e condenada socialmente. Foi o cristianismo quen trouxo á institución amorosa, deliberada e mutua dos contraentes, en principio completemente iguais, ainda que despois adopta diferentes formas na práctica, según os tempos, culturas e pobos. Tamén foi o que de maneira máis directa contribuiu a devolver á muller toda dignidade e dereitos de igualdade co home.

A importancia da decisión persoal, privada e libre dos cónxuxes foi en aumento. Ás veces dase unha deliberada intención de establecer unha relación temporal, mentres a unión sexa compracente e sen obstáculos para ningún dos dous; pero cando xorden os problemas o normal é que se chege á ruptura, porque da a impresión que ese matrimonio construíuse sobre a base dunhas relacións superficiais. Por iso parece necesaria unha máis profunda formación e preparación antes de asumir persoalmente un compromiso no que debe primar a mútua doación amorosa. O que ocorra na relación deberase ó sistema total de relacións e comunicacións entre os seus membros.
Os membros das familias son PERSOAS; modifícanse, perfecciónanse ou deterióranse.


A MISIÓN DA FAMILIA: CALOR AFECTIVO E RAÍCES

O lazo afectivo da parella debe proporcionar ó neno seguridade, incluso xa antes do nacemento, o grao de vinculación con pais, parentes e amigos estará en relación directa coa comodidade, o amor, a seguridade etc... Deben vincular tales relacións para lograr unha boa unión do neno coa súa familia e o seu entorno. Os desgustos graves, peleas familiares, violencia física e psicolóxica, socaban gravemente o grao de unión da familia.

Para que o neno ou o adolescente posúa un bo grao de vinculación necesita sentirse membro importante e necesario da súa familia, da súa clase, da pandilla etc... Síntese máis seguro se percibe que as persoas das que forma parte, preocúpanse del. Ó neno gústalle que lle conten a historia pasada dos seus familiares máis achegados, por que necesita saber que ten un pasado e unha herencia personais.


A FAMILIA, FOGAR IDEAL

- Respecto e amor constitúen os principios básicos polos que rexeranse as relacións familiares.

- A sinceridade fai posible a espontaniedade, incrementa a confianza entre os membros da familia é condición necesaria para que todos se sintan seguros e tranquilos.

- A xenerosidade, é un valor básico para a paz e o bo entendemento en persoas que conviven xuntas durante anos. Corre parella co desexo do ben para os demais.

- A ledicia é o mellor antidrepresivo natural que deben procurar os pais para si mesmos e para os seus fillos.

- A tolerancia, é o resultado do bo entendemento e dun proceder flexible. Unha actitude intolerante fai imposible o diálogo e a comprensión.

- A xustiza, valor que fai posible unhas relacións humanas de igualdade, sen facer distincións que poidan ser humillantes para algún membro da familia.

- A sencillez, a naturalidade, están presentes nun fogar, no que cada membro se sinte valorado, aceptado e acollido.


Un tema sempre actual sobre a familia está sobre todo encamiñado ó dereito da muller. Hai diversos artigos nos xornais, dos que se sacan titulares coma estes;

AS MULLERES MALTRATADAS DISPORÁN DE ASESORAMENTO XURÍDICO GRATUITO

A CONSELLERÍA DE FAMILA CUBRIRÁ ASISTENCIA LETRADA NOS CASOS DE XUIZOS DE FALTAS

Poñerase en marcha no ano 2001 un programa de asesoramento xurídico gratuito para as mulleres que son víctimas de violencia doméstica en xuizos de faltas.
Unha gran parte de denuncias que se presentan por violencia doméstica dan lugar a xuizos por faltas, os que non é preciso a asistencia letrada e, polo tanto, moitas mulleres maltratadas quedan excluídas da sentencia xurídica gratuita.

DEBÁTESE NA CORUÑA SOBRE “AVANZAR NA IGUALDADE”

A Fundación de Mulleres e o Concello da Coruña organizaron unha xornada de difusión sobre o tema "Avanzando na Igualdade". Estratexia integral para a aplicación de igualdade de oportunidades.