Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
CONSTITUCIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA
E ACTUAL

María Sharay Santos Rodríguez


A constitución Española de 1931 foi chamada "Carta Magna" republicana.
Elaborouse tra-la proclamación da segunda República. Elaborárona de forma que enlazara co espírito das de 1812, 1869 e 1873, ainda que esta ten algunhas variacións importantes. O presidente da República era Manuel Azaña, un político e intelectual español, que naceu no seo de unha familia de letrados.
Azaña foi o principal propulsor da Esquerda Republicana, o partido que a partir de 1935 uniu á maioria de republicanos de esquerda. Despóis da victoria do Frente Popular, ocupou a presidencia do Consello de Ministros.
Esta Constitución estivo vixente ata o 1936 en toda España e, durante a guerra civil (1936-1939) na zona republicana. O estado adoptaba a forma de unha república democratica e social, laica e aconfesional. Ademáis, incluía os dereitos sociais, aceptaba a autonomía política e administrativa das rexións no marco dun estado integral, e incluía elementos modernizadores na línea do estado social e democrático de dereito.
Nesta Constitución encóntranse moitas diferencias coa que está vixente neste momento. Un dos cambios máis significativos é que no primeiro artículo do título preliminar dí que “A bandeira da República Española é vermella, amarela e morada.” Os valores máis característicos desta Constitución eran a Liberdade e a Xustiza, e garante tamén que o poder emana do pobo.
Unha das novedades importantes é que esta inclúe a posibilidade de que as rexións tiveran unha autonomía política e administrativa, pero iso sí, o estado tiña que acepta-lo chamado Réxime de Autonomía. Este réxime existe cando, dentro dun estado, hay territorios ou outros dotados de facultades que son aceptadas pola autonomía en algunhas materias, nas que non aparecen as normas de nación, como pasa con Estados Unidos, Suiza e algúns outros países. Nos estados unitarios, o querer ser autonomía pode ser debido a motivos históricos, culturais ou raciais, tamén foi un aspecto innovador que a través da fórmula do Estado Integral é a separación da Iglesia e o Estado.
En España, como dí a Constitución de 1978, constituíronse 17 comunidades con grados de Autonomía, acordada coa súa historia. Cando o País Vasco e Cataluña xa tiñan o estatuto de Autonomía aprobado pola República, Galicia comezou un recoñecemento de autonomía. Comezou en Santiago, promovida por Eduardo Rajoy e apoiado polo Partido Galeguista. O 28 de xuño de 1936 votouse aquel estatuto, xa aprobado, presentouse en Madrid o 17 de xullo de 1936, ó día anterior ó comezo da guerra civil.


CONSTITUCIÓN DO ANO 1978

Tanto na Constitución republicana do 1931 como na actual, late unha pregunta ¿Qué é e que significa España? Pregunta imposible de responder en poucas palabras, pois moi probablemente existen tantas ideas de España como españois viven e existiron dende os Reis Católicos. O insigne escritor José Ortega y Gasset respondía. “España é un remuiño de pó no camiño da historia, despois de que un gran pobo pasara ó galope”
Hoxe sabemos que España é plural é unha, e nela A Constitución de 1978 é a columna vertebral do territorio que extende as súas terras de Cádiz a Bilbao, de A Coruña a Tarragona, de Mallorca a Tenerife... No seu texto organiza as Institucións e elementos deste apasionante país formado por moitas culturas plurales que enriquecen o legado cultural ó longo dos séculos.
Para unha xove coma min a Constitución é unha garantía de unidade na pluralidad da súa xente, á principal confianza de paz e a afirmación da convivencia entre españois.
Curioso para nos pode ser que os autores da Constitucion española de 1978 estivese formado por sete persoeiros:
- Miguel Herrero de Miñon(Pertencentes a UCD)
- José Pedro Pérez-Llorca
- Gabriel Cisneros
- Gregorio Peces-Barba
era o home do PSOE
- Jordi Solé Tura era o representante do PCE
- Miquel Roca foi o ponente de CIU
- Manuel Fraga representaba a Alianza Popular

O texto foi aprobado o 31 de Outubro de 1978 no congreso por 325 votos a favor, 6 en contra e 14 abstencións; no Senado, por 226 votos a favor, 5 en contra e 8 abstencións.
O 6 de decembro de 1978 o pobo español aproba o texto. O 33% do censo abstense o por eso as síes (15,7 millóns) significa que a Constitución é finalmente sancionada no congreso dos Diputados por El Rei Juan Carlos I.
A Constitución de 1978 é a primeira que se alcanza en España por consenso, un consenso ensaiado nos Pactos da Moncloa e atopado en poucas outras situacións. A isto súmaselle a súa longa vixencia, feito este tamén único na historia de España.