Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
AMBIENTACIÓN.
Os Tres Meses Anteriores ó referendum
OUTUBRO DO 1978

Carlos Núñez López


Visitámola Hemeroteca do diario lucense "El Progreso" e alí fomos atendidos estupendamente por Miguel Pereira e por Domingo (moitas gracias). Desta visita saíron as notas sobre estes tres meses.



. MÉRCORES, 4 DE OUTUBRO

- “Enterrouse o Papa Xoán Paulo I”.
- “O Senado aprobou dous artigos máis do proxecto constitucional”.
- “Asasinado en Bilbao o segundo comandante da Marina Española”, o primeiro asasinato de E.T.A. este mes, porque ainda quedaban máis.
- “O profesor Suárez Núnez tomou posesión como rector en funcións”.


. XOVES, 5 DE OUTUBRO

- “Anxel Fole, pronunciou o Pregón das Festas do San Froilán”.
- “Lugo, ocupa un dos primeiros postos en conxunto gandeiro da nación”.
- “España venceu a Iugoslavia, (1-2) en Zagreb, na copa de Europa de Nacións”.


. VENRES, 6 de OUTUBRO

- “O Senado aprobou a Constitución”.
- “Máis de 300 mortos nas inundacións do noroeste da India”.

O Venres día 6 empezouse a falar da Constitución, o máis importante foi, que o Senado aprobouna.


. SÁBADO, 7 DE OUTUBRO

- “Trece transportistas reciben ameazas de morte”.


. DOMINGO, 8 de OUTUBRO

- “En Lugo é o Domingo das Mozas”.
- “España: o país da esperanza”.

Día cerimonial en Lugo co Domingo das Mozas.


. MARTES, 10 DE OUTUBRO

- “Asasinados en Guipúzcoa e en Bizcaia un cabo e un número da Garda Civil”.

Segundo asasinato de E.T.A. neste mes e iso que só estamos a principios.


. SÁBADO, 14 DE OUTUBRO

- “Dous policías armadas, asasinados en Bilbo e outro ferido gravísimamente.

Terceiro asasinato de E.T.A., xa é segundo en Bilbo.


. DOMINGO, 15 DE OUTUBRO

- “Garda Civil morto en atentado ocorrido en Lequietio”.

Outra víctima máis de E.T.A., xa é a cuarta e isto non para.


. MARTES, 17 DE OUTUBRO

- “O cardeal polaco Karol Wojtyla, elixido novo Papa. Toma o nome de
Xoan Paulo II”.
- “A comisión Mixta Constitucional estudiou 38 artigos”.


. XOVES, 19 DE OUTUBRO

- “UCD trata de manexar a súa maneira a Constitución”.


. VENRES, 20 DE OUTUBRO

- “Xoan Paulo II visitará España”.
- “Adolfo Suárez di que UCD é un gran partido e vai estar moito tempo no poder”.

O futuro Papa dixo que visitará España nos próximos días, e Adolfo Suárez cre que a UCD vai estar arriba.


. DOMINGO, 22 DE OUTUBRO

- “Hoxe será proclamado Papa, Xoan Paulo II”.
- “UCD pretende transformar a sociedade española en pro da Liberdade, a Igualdade e a Xustiza”.
- “Balance final do congreso da UCD ”.


. MARTES, 24 DE OUTUBRO

- “Unha vez aprobada a Constitución, produciranse cambios no goberno”.


. VENRES, 27 DE OUTUBRO

- “Faise o proxecto da Lei da Autonomía Universitaria”.
- “Manifestación antiterrorista en Bilbo".

Manifestación infructuosa, non lles sirve de nada porque E.T.A. seguirá co seu.


. MARTES 31 DE OUTUBRO

- “Atentado da Triple A”.

Unha conclusión que saco deste mes é que coa importancia que supuña para o país case non se falou da implantación da Constitución, senón das terribles accións que realizou E.T.A., en total catro asasinatos que puideron ser máis. Agora no 2000 segue habendo atentados, parece mentira que aínda non se solucionara un problema que deu tantas mortes de xente inocente. ¿Ata cando?