Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
AMBIENTACIÓN.
Os Tres Meses Anteriores ó referendum
NOVEMBRO DO 1978

Jesús García Vázquez

O mes de novembro de 1978 foi un mes moi importante para a Constitución española, entre outras cousas porque foi aprobada polo Congreso e o Senado.
Foron días de moita tensión, nos que había atentados día si, día tamén e niguén podía estar tranquilo nin permanecer indiferente ante o que estaba acontecendo.
Pois ben, despois desta pequena introducción, paso a resumir baseándome nos titulares da prensa daqueles días os feitos máis importantes que aconteceron neste mes tan axetreado.


. DIA 1:

"La constitución aprobada por el Congreso y el Senado. 226 votos a favor 5 en contra y 8 abstenciones en el Senado y 325 votos a favor 6 en contra y 14 abstenciones en el Congreso".
Sempre hai algún que se opón á reforma, pero se me apuran podo comprendelo, agora as abstencións .. ¿como alguén pode permane-cer indiferente ante un feito tan importante como este? Ben, dei-xémolo estar so se trata da miña humilde opinión.

Un dos críticos da constitución foi Silva Muñoz que dicía: "El texto constitucional es una amenaza cierta a la unidad na-cional de Espana".

A continuación, paso a redactar, textualmente, as declaracións dos "Xefazos" daquel tempo trala aprobación da Constitución por par-te do Senado e mailo Congreso:
"La libertad y la igualdad deben convertirse en una realidad cotidiana y no en meras declaraciones de principios".
Adolfo Suárez (presidente do goberno).

"Hemos optado por la vía de la esperanza, aunque mantenemos nuestas críticas".
Manuel Fraga (entón era presidente de la Alianza Popular).

"La democracia emana del pueblo y consciente de ello el rey D. Juan Carlos hizo que el pueblo eligiese a sus parlamentarios que ahora han elaborado la constitución que surge del pueblo y es ahora de nuevo entregada al pueblo para que la ratifique en referendum constitucional".

Antonio Hernández Gil (Presidente das Cortes).


. DIA 4:

"Atentado en Tolosa a la salida de un partido de fútbol, muere un guardia civil".


. DIA 10:

"Aprobado el proyecto de ley de telecomunicaciones y correos".


. DIA 11:

"La mayoría de edad se rebaja a dieciocho años".
¡Menos mal que a rebaixaron!

Antes eras maior de idade os vinteún anos. Estou máis que seguro de que se agora lles din ós que teñen dazaoito anos que teñen que agardar ata os vinteún anos para ser maiores de idade... habíanse acordar da nai dalgún político.
¡con bigote!

. DIA 14:

"El decreto sobre la incorporación del gallego a la enseñanza será enviado al Congreso en breve".
Isto foi especialmente importante sobre todo para algúns como Ramón Otero Pedrayo que dicía: ¡ Cando o galego comece a ser impartido nas escolas xa non deixará de falarse e, polo tanto, non desaparecera!


. DIA 19:

"Sorteo de los nuevos reclutas que van a ir a la mili".


. DIA 20:

"Manifestación de 250.000 personas en la plaza de Oriente de Madrid en recuerdo de la muerte de Franco y Primo de Rivera".


. DIA 27:

"Los reyes ya están en Argentina".
Preséntase unha máquina semellante a unha calculadora que traduce automáticamente.


Mentres todo esto ocurría, os da ETA, GRAPO e demais xerga, seguían, por desgracia, xogando ós soldadiños coas súas bombas e as súas ameazas, como xa comentei antes había atentados a miúdo.
Tamen se producían outras noticias de interese xeral como esta:
"En un partido falto de emoción y calidad el C.D. Lugo venció al Deportivo de la Coruña por 1- 0 en partido de copa del Rey".
Tal e como están agora as cousas se isto ocorrese hoxe mais de un non o crería "nin farto de vino".

Como conclusión podemos dicir que o mes de novembro do 78 non foi un mes moi agradable que digamos, pero a esperanza de posuír unha Constitución estaba ás portas.