Anterior PáxinaPrincipal Seguinte
AMBIENTACIÓN.
Os Tres Meses Anteriores ó referendum
DECEMBRO DO 1978

Borja González Lage


NESTE MES A CONSTITUCIÓN FOI APROBADA
.


.LUNS 4:

"A propaganda electoral (que tiraron desde unha avioneta) rompeu o tellado
dun colexio en Arcos de la Frontera"
En "La hoja del Lunes" publícase a lista e lugar para as votacións.


. MARTES 5: (víspera das votacións)

"Suárez, por televisión, pediu o voto afirmativo para a Constitución"

Era o día antes das votacións, e estaban aínda coas preparacións electorais,
nas que pedían o voto a favor da Constitución.


. MÉRCORES 6: (día do referendum)

"España vota hoxe a Constitución"
"Espérase un "si" masivo á Constitución"
"ETA lanzou 100.000 panfletos pedindo o "non" á Constitución.

Era o que aparecía nos xornais, no día das votacións.

A maioría da xente esperaba, que a Constitución saíse aprobada, aínda que houbese excepcións como no caso da ETA, que lanzou papeis a favor do "non" nas votacións.

Houbo máis exemplos de xente que non estaba a favor, como a dunha señora que votou berrando o nome de Franco.


. XOVES 7:

"Confirmase un "si'' aplastante "
"En Lugo, normalidade nas votacións''
"Nun colexio de Barcelona varias persoas intentaron ofrecer diñeiro ós electores para que votaran "non" á Constitución"


. VENRES 8:

"A nova era de España comeza a camiñar"
"A Constitución podría promulgarse a partir do día doce"
"Esta Constitución non é a nosa. Clara resposta do pobo vasco, según o PNV"

¡A Constitución xa empeza a camiñar! Esta é a noticia que moitos españois estaban agardando dende hai tempo.

Tamén hai unha noticia anecdótica, xa que Fenosa fora denuciada polos seus traballadores ó non deixarlles ir votar. ( ¡Onde hai patrón ...).


. SÁBADO 9:

"A Constitución entrará en vigor antes de noiteboa"
"Inmediatamente será xurada polo Rei"

Fixouse a data de cando a Constitución entre en vigor, que sería antes de noiteboa.
Para algúns sería como un regalo de Nadal, pero para outros non tanto.


. LUNS 11:

"Fidel Castro anunciaba que xa quería viaxar a España"


. MARTES 12:

"O rei sancionará a Constitución o día 26"(equivocáronse nun día)

Xa se empezan a preparar para o que rexirá a España dende este ano.


. XOVES 28:

"Juan Carlos sancionó la Constitución" (refírese ó día 27)
"Hoxe é o principio dun país en paz e progreso que veremos todos"

Para que non se chamase a Constitución "dos inocentes" publicouse no B.O.E. un día despois (29-XII-78). Desde entón está vixente.

Así comeza a nova época da Constitución, ainda que niso de "paz" non é moi certo, xa que había bastantes terroristas.