6 O primeiro recoñecemento autonómico frustrado de Galicia:


Vanesa Roibás
Isabel Seren


A "petición`" iniciase coa redacción dun proxecto de Estatuto por parte dos representantes, continuándose coa aprobación en referéndum; despois pasa o Parlamento onde o examina e o aproba ou rechaza e incluso tan so refrenda a sua constitucionalidade. Para a elaboración dun Estatuto se necesita que se produzan dous supostos de tipo político:

a) A existencia dun acordo a nivel territorial
b) A aceptación polos políticos presentes no Parlamento

A limitación dun Estatuto ven condicionada por unha serie de elementos de tipo xurídico e extraxurídico. Estas limitacións son de varios tipos

a) Os presupostos político-ideolóxicos sobre o que se basa o réximen político do Estado en xeneral.
b) Os preceptos orgánicos da Constitución e, en xeneral, o orden Constitucional.
.

O primeiro Estatuto de Autonomía (1932-1936)

O texto do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia redactase na súa forma definitiva pola Asamblea de Concellos galegos.
O contenido do texto ven condicionado polo contido da Constitución republicana. Este texto autonómico, tivo que recorrer uns camiños previstos naquela Constitución para adquirir plena validez lexislativa Ademais da súa redacción e aprobación polos concellos, foi sometido a referéndum do pobo galego (28 de xuño de 1936) e a súa aprobación polas Cortes Españolas que produciuse xa no exilio.

Os primeiros proxectos.

Ós poucos días da proclamación da República, en Galicia inícianse os traballos preparatorios para conseguir unha autonomía para o país galego.

  • Proxecto do Seminario de Estudios Galegos

    Este elabora un anteproxecto (en 1931) foi confeccionado por unha comisión constituida por: Valentín Paz Andrade, Alexandre Bóveda, Vicente Risco, Luis Tobío Fernández, Ricardo Carballo Calevo. Consta de 7 títulos e 41 artigos.

  • Proxecto do secretariado de Galicia en Madrid

    Aparece públicado no Boletín do secretariado (1931) consta de 50 artigos. Nel defínese a Galicia coma unha rexión. Concrétase que o idioma oficial é o Castelán. Este proxecto non tivo incidencia.

  • Proxecto do Instituto de Estudios Galegos

    O proxecto constaba de 18 artigos, admite o idioma galego, pero tamén o castelán porque é un idioma culto.

  • Proxecto da Federación Republicana Galega (F.R.G.)

    A F.R.G., acorda facer unha asamblea na que se presenten os proxectos co fin de que servise de base para un proxecto final. Optouse por elaborar a parte outro anteproxecto. Galicia aparecía como un Estado autónomo dentro da República Federal Española con soberanía propia, que residía no pobo galego.
    Cando se reune a asamblea, Cabeza de León, presidente do Seminario de Estudos Galegos, retira o anteproxecto por estimar que a maior parte das súas formulacións estaban xa recollidas.
    O proxecto que se aceptou non tivo éxito ningún, xa que a Constitución alterou a filosofía na que se apoiaba.

  • Proxecto dos Concellos de Galicia

    No Concello de Santiago redáctase un novo proxecto que tivo unha magnífica acollida en Galicia.
    En xullo de 1932 constitúese unha nova comisión encargada de revisa-lo proxecto de Estatuto. Formaban esta Comisión: Manuel Lugrís, Eladio Rodríguez Iglesias, Rodríguez Sanz, López Otero, Montero Díaz, Alexandre Bóveda, Arias del Villar e R.Rajoy Leloup (secretario do Concello de Santiago).
    En setembro, estaba confeccionado o Estatuto, despois de elaborado, iníciase unha longa marcha para a súa aceptación. Constitúese un Cómite Central de Organización e Propaganda en 1933. Era tarde, porque estaban as eleccións de novembro, con triunfo da dereita antiautonomista, frearon o proceso.
    En 1936 volverón a celebrarse eleccións, triunfan a Fronte Popular e recupérase o Estatuto dos Concellos.
    Despois dunha intensísima campaña explicativa e de propaganda, faise o referéndum co resultado da aprobación do Estatuto. Tres días antes do golpe de estado, entrégaselle ó Presidente das Cortes, e o 17 do mesmo mes, horas antes do golpe do estado, o Presidente da República reúnese con Castelao, representante galego, polo que parece que non tería problemas en pasar o trámite parlamentario. O Estatuto adquire estado parlamentario e (co Parlamento xa no exilio) o 1 de febreiro de 1938, nas Cortes de Montserrat, foi aprobado definitivamente; pero todo eso xa era inútil naquel momento da guerra civil. Aínda así, este feito permitiu que Galicia fose considerada Comunidade Histórica na Constitución de 1978.

Joven