3- Xaneiro: En Badaxoz prodúcense novos enfrontamentos na rúa.
Aquí, no norte, as temperaturas chegan a acadar os 25º C.
5- Xaneiro: Corren rumores de crise no goberno.
6- Xaneiro: Nas Cortes andan a discuti-los presupostos.
4- Febreiro: Comeza o debate sobre a proposta da lei do divorcio, que será noticia durante bastantes días.
10- Febreiro: Os deputados faltaban as reunións, por iso todos aqueles que faltasen a unha sesión serían multados (¡tamén daquela!).
26- Febreiro: Remata o debate sobre a lei do divorcio.
Temos en Lugo actuacións dignas de mención, Miguel Fleta, un gran tenor, visítanos é actúa no Círculo das Artes. Tamén temos actuacións no Café Mercantil, na Praza de Sto.Domingo.
27- Febreiro: Un rapaz de 20 anos, durante a sesión do Parlamento, lanza unha pedra contra os bancos azuis (son os bancos do goberno).
4- Marzo: Son aprobados os impostos sobre a fabricación de cervexa e tabaco.
27- Marzo: Rumores de crise no goberno, son desmentidos polo Señor Azaña.
9- Abril: Ofértanse oposicións para médicos na casa de Socorro de Lugo.
13- Abril: Un gran zeppelin andaba a dar a volta o mundo, o Gran Zeppelin, surca o ceo de Lugo
14- Abril: Celébrase en Madrid a festa da República.
5- Maio: Comeza a discusión do Estatuto de Cataluña, que atopa moitas dificultades.
Prodúcese un atentado contra o Señor Azaña, pero fracasa.
10- Maio: Triunfo do Deportivo da Coruña sobre o R. Madrid F.C. O resultado foi de 3 a 0. (Regueiro, ¡era xogador do RealMadrid! ¿O seu pai!)
13- Maio: Sigue debaténdose sobre o Estatuto de Cataluña.
21- Maio: Intervén Lerroux (xefe dos radicais) no debate sobre o Estatuto de Cataluña.
26- Maio: Os deputados galegos defenderán unha emenda para que a reforma agraria non afecte a Galicia.
3- Xuño: Ortega e Gasset (filósofo) e Maura (líder conservador) opóñense ó Estatuto de Cataluña.
11- Xuño: Disturbios en Lugo logo dunha folga xeral.
21- Xuño: As Cortes celebran sesións dobres, traballando tarde e noite. Dous dos deputados andan a labazadas, no corredor do congreso.
26- Xuño: Os militares andan inquietos, arrestan o xeral Cavalcanti.
29- Xuño: Prodúcese un tráxico accidente ferroviario na liña férrea que une Rábade con Lugo.
1- Xullo: Discútese nas Cortes a reforma do Código Penal. Mentres en Lugo tentaban cerrar á circulación a Rúa da Liberdade, coñecida agora como a Rúa da Raíña, así a xente tería nais sitio para pasear.
2- Xullo: Discútese a reforma agraria no Parlamento, séguese a falar sobre ó accidente ferroviario (con foto)
6- Xullo: O Tenor lucense Xesús Salvador García triunfaba en París.
12- Xullo: Comézase a falar de sublevación comunista. Mitin da Unión Rexional de Dereitos, no Teatro Principal.
24- Xullo: Corren rumores de movementos militares. Créanse escolas na provincia de Lugo.
26 Xullo: Os monárquicos piden que volte o Rei.
19- Agosto: Discútese a expropiación de fincas.
23- Agosto: Xuízo contra militares.
1- Setembro: Séguese a discutir o Estatuto de Cataluña.
10- Setembro: Apróbase definitivamente o Estatuto de Cataluña, tamén é aprobada a reforma agraria.
15- Setembro: Folga xeral en Bilbao.
29- Setembro: O Concello de Lugo atravesa unha crise.
5- Outubro: Festa de San Froilán, xa Pelúdez aparecía debuxado e como colaborador de El Progreso. As festas coinciden coa presentación dun modernísimo autobús, contaba con W.C, bar e outras comodidades para facer a viaxe máis agradable.
7- Outubro: Asemblea do partido Republicano en Lugo.
27- Outubro: O Dólar estaba a 12 pesetas O Franco 48 pesetas A Lira a 62 pesetas
6- Novembro: Anúnciase a publicación Ante el Estatuto (refírese ó Estatuto de Galicia) do escritor Portela Valladares, o prezo do exemplar era de 4 pesetas.
30- Novembro: O colexio Balmes preparaba para a oposición á Facenda. No código penal francés mantense a pena de morte.
6- Decembro: Apertura do 1º Parlamento Catalán.
13- Decembro: Apróbase que existan nos Institutos dous tipos de Bacharelato para escoller: científico e literario (¡empezaban os itinerarios!).
14 Decembro: Reúnense os axuntamentos de Galicia para falar do Estatuto para Galicia. A reunión foi na Cámara de Comercio de Santiago.
15- Decembro: Película de moda en Lugo, Ave del Paraíso.
16- Decembro: Creación do imposto sobre a Renda, IRPF.
23- Decembro: O premio gordo da lotería vaise para Huesca, e o segundo premio caeu en Galicia, concretamente en Betanzos.
|