Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querido Mestre, que obrigado che estou! (2)

martes, 14 de mayo de 2024
San Mateo.
1.20-25. (e tamén Lucas, no 2. 1-7). "Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: -Xosé, fillo de David (descendente del), non repares en levar contigo a María, a túa prometida; pois o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo. Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados.
"Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel. (que quere dicir "Deus connosco").
"Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo a súa prometida; e sen que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el púxolle de nome Xesús".
Aclaracións nominais: Segundo algúns teólogos, significa o mesmo Xesús que Emmanuel, non ao oído senón ao sentido. Cristo, ou Mesías, non son nomes senón títulos; outros opinan que sería máis correcto dicir Cristo Xesús, ou Xesús o Cristo, que nomealo Xesucristo.
¡Salvará ao seu pobo; e salvounos! ¿Cabe un obsequio de xenerosidade meirande cá de perdoar, cá de salvar á descendencia daqueles soberbios da soberbia do Paraíso que, blasfemando do libre albedrío que lles concedera o Creador, alzáronse contra Deus pretendendo endeusarse, pasándose ao bando do único inimigo que tiña o seu Creador? ¡Señor, póñome de xeonllos, que aínda así é pouco!
Entendámolo: Os anxos tamén teñen o seu libre albedrío. Son seres espirituais cunha personalidade que inclúe emocións (Lucas 2: 13-14), intelixencia (2 Corintios 11: 3, 14), e vontade (2 Timoteo 2: 26). Satanás, e con el uns cantos que lle foron adictos, elixiron pecar (2 Pedro 2: 4). Envexosos dos privilexiados daquel Paraíso..., ¡o que xa sabemos, pero con Deus non puideron, que nos mostrou o Camiño da nosa rexeneración!

Abundando no tema das tentacións:
Cristo, en canto home, tamén foi tentado (Hebreos 4:15) pero El non cometeu pecado. Xesús tiña a capacidade de elixir o que quería (Xoán 10: 17-18). Porén, a primeira prioridade de Xesús sempre foi compracer a Seu Pai, e iso foi o que sempre elixiu (Xoán 4: 34). De igual xeito, os anxos escollidos alaban e serven a Deus ¡porque eles o elixen!

Daquela, os seres humanos temos libre albedrío, pero non nos libramos da loita porque a natureza humana foi danada polo pecado. Esta é a razón pola que nos resulta máis difícil ser bos que ser malos (Romanos 5:12). Os santos anxos no teñen esta natureza Querido Mestre, que obrigado che estou! (2)pecaminosa, non están inclinados ao pecado, e por iso fan, sen vacilación, todo o que lle agrada a Deus. Gozan do Ceo á perpetuidade, ese Ceo do que di o Apocalipse (21: 4 e 27) que alí non hai choros, nin clamor, nin dolor; que non se permite a entrada a quen faga cousas malas..., ¡salvo que as levemos perdoadas!

Parémonos a considerar todo isto, pois nisto está, nisto estriba, a nosa salvación. ¡De xeonllos che pido, Señor, que me tires desde o Ceo un balde de auga bendita, pois é moito o que teño que lavar, e de limpo, déixame entrar..., para xunto dos anxos, dos bos, do limpos, dos que nin pecan nin pecaron!

-.-
O bautismo


Mt.3, 1-3; Mc 1, 2-8; Lc 3, 1-18). ¡Aleluia; ábrensenos as portas do Ceo! Xoán Bautista. "Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto proclamando: -Convertédevos. que xa chega o Reino do Ceo. El era de quen dixera o profeta Isaías: "Unha voz clama no deserto: Preparade o Camiño do Señor, endereitade os seus vieiros".

Bautismo de Xesús
Non tiña que facelo; El, non. Veu a este mundo, manifestouse, tomando forma humana, pero, como Fillo de Deus, e por tanto, igualmente Deus, Segunda Persoa da Santísima Trindade, non tiña nada que lavar, ¡absolutamente!, pero quixo ser Mestre en todo, darnos exemplaridade en todo. ¡Grazas, Señor; grazas; mais direino na forma antiga, na completa: "Grazas a Deus", que así foi, que así é, e así debe ser!

Non era máis que un xeito externo de manifesta-lo arrepentimento, un símbolo de purificación, aos que tan afeitos estaban os xudeus. Específico de Xoán é, con todo, que era el ou os seus discípulos quen bautizaba (nos demais casos era o mesmo suxeito quen se mergullaba na auga). O bautismo cristián, en troques, é un xeito de comuñón de Deus co home, "no Espírito Santo", lume purificador" (Mt 3, 2). Dito en termos vulgares, mundanos: O Bautismo é a nosa afiliación ao Partido de Deus!

Daquela, o noso Credo, o Credo do noso Partido, é este:

Credo in unum Deum, Patrem omnipoténtem, factórem caeli et terrae; visibílium ómnium et invisibílium. Et in unum Dóminum Iesum Christum, Fílium Dei unigénitum. Et ex Patre natum ante ómnia saecula. Deum de Deo, lumen de lúmine, Deum verum de Deu vero. Génitum, non factum, consubstantiálem Patri: per quem ómnia facta sunt. Qui propter nos hómines et propter nostram salútem descéndit de caelis. (Xenuflexión). Et incarnátus est de Spíritu Sancto ex María Vírgine et homo factus est. Crucifíxus étiam pro nobis: sub Póntio Piláto passus et sepúltus est. Et resurréxit tértia die, secúndum Scripturas. Et ascéndit in caelum: sedet ad déxteram Patris. Et íterum ventúrus est cum gloria iudicáre vivos et mórtuos: cuius regni non erit finis. Et in Spíritum Sanctum, Dóminum et vivificántem: qui ex Patre Filióque procédit. Qui cum Patre et Filio simul adorátur et conglorificátur: qui locútus est per Prophétas. Et unam, sanctam, cathólicam et apostólicam Ecclésiam. Confíteor unum baptísma in remissiónem peccatórum. Et exspécto resurrectiónem mortuórum. Et vitam ventúri saeculi. Amén.

Bautismo de Cristo. (Mt 3, 13-17; Mc 1, 9-15; Lc 3, 21-22) "Entón apareceu Xesús, que viña desde Galilea ó Xordán, para que Xoán o bautizase. Xoán trataba de impedilo dicindo: -¿Como vés ti onda min, se es ti quen me tes que bautizar a min? Xesús respondeulle: -Deixa, que agora convén que cumprámo-la vontade de Deus. Xoán accedeu. Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viuse o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata pousarse enriba del. E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo benquerido, o predilecto".

¡Ai, Deus, que así, actuando o teu Fillo, instituíches o Bautismo cristián, o Sacramento polo que renunciamos (ou renuncian por nós) a adir a herdanza maldita, a que traemos incrustada na alma de cada quen! Señor, mentalmente, que non podo facelo doutro xeito por culpa de atenderlle ao ordenador, aquí me tes, de xeonllos, e sen paraugas diabólicos, agardando que me laves a sucidade que fun recollendo dende aquel día do meu bautismo para acó; faino, Señor, que xa recei o Credo!

Querido Mestre, que obrigado che estou! (2)
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES