Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (9)

viernes, 26 de abril de 2024
Arquitectura

Os vestixios da basílica de Dume desenterrados durante as escavacións ao redor da Igrexa Matriz en Dume.
A tumba do Martinho de Braga.
As ruínas que se atopan ao redor do Lugar da Igreja, ou Lugar do Assento, na praza da igrexa parroquial de Dume. Ocupando unha paisaxe rural, o espazo é unha propiedade ampla que inclúe a Igrexa do Sâo Martinho de Dume, constituída por un núcleo central do patio, a capela da Nossa Senhora do Rosário e mailo traseiro da Casa do Assento, na mesma mazá que ocupa o cemiterio local.

As ruínas arqueolóxicas de Dume abarcan un complexo de estruturas que inclúen: unha gran vila romana (con unha zona de habitación) e unha casa de baños; restos dunha basílica de granito en forma de cruz latina (orientada de Este a Oeste); con depósitos alineados regularmente en horizontal en morteiro, pavimento e mosaicos policromados; e unha necrópole conformada por doce sepulturas, situadas nun área delimitada por lousas de granito e/ou cobertura de ladrillos. Estes espazos individuais foron ocupados sucesivamente durante un período de 2000 anos.
-.-

As supersticións en Galicia baixo a dominación dos suevos.
-Tratado «De correctione rusticorum», de San Martín Dumiense.

Sabida é a persistencia dos antigos e profanos ritos entre a xente dos campos e das aldeas, por iso chamados pagáns. A esta primeira causa de idolatría e de vanas observancias uniuse en Galicia a doenza priscilianista cos seus resaibos máxicos e astrolóxicos. Para atallar naquel pobo tan graves males, compuxo San Martín Dumiense o libro De correctione rusticorum. Consta este breve tratado de dúas partes: unha na que se lembran os principais dogmas cristiáns, e outra na que o santo reprende os ritos idolátricos dos campesiños galegos. «Moitos demoños (escribe) dos expulsados do Ceo presiden no mar, e nos ríos, nas fontes ou nas selvas e se fan adorar dos ignorantes como deuses. A eles fanlles sacrificios: no mar invocan a Neptuno; nos ríos, ás Lamias; nas fontes, ás Ninfas; nas selvas, a Diana... Dan os seus nomes aos días da semana: día de Marte, de Mercurio, de Jove, de Venus, de Saturno...; pésimos nomes todos eles entre a xente grega...» «E, ¿que direi da superstición daqueles que veneran ás couzas e ás ratas? Estas vanas idolatrías e sacrificios da lagosta, das ratas e doutras mil tribulacións que Deus envía, facedes pública ou ocultamente e nunca parades delas...» «No acabades de entender canto os enganan os demos con esas observacións e agoiros que esperades. Como di o sabio Salomón, Divinationes et auguria vana sunt... ¿Que esperan eses infelices, atentos sempre ao voo das aves? ¿Que é senón adoración diabólica acender cirios ás pedras, ás árbores, ás fontes ou polos trivios, e observar as calendas, botar no lume a ofrenda sobre o tronco, ou poñer viño e pan nas fontes?... ¿Que é senón culto diabólico invocar as mulleres a Minerva cando tecen a súa tea..., ou encantar as herbas con maleficios, e conxurar aos demos con encantos?» «¿Deixastes o signo de la cruz recibido no bautismo e esperades outras sinais do diabro por adiviñacións e espirros?».

Duraban, pois, entre os galegos do século VI as invocacións aos númenes pagáns en tódolos actos da vida, os sacrificios e as ofrendas ás fontes sagradas, o rito romano das calendas, o maleficio por herbas, o culto céltico das pedras e das árbores, a veneración aos trivios, lugar predilecto para encantos e feitizos polos adoradores de Hécate, a arte augural e das novas supersticións (entre outras, moitas que San Martín non expresa): a adiviñación polos espirros, e a ridícula observancia das ratas e das couzas, cuxos fartazos a principios de ano eran tidos por de bo augur e presaxiaban abundancia na casa visitada por tan incómodos hóspedes: Ut quasi sicut in introitu anni saturetur laetus ex omnibus, ita et illi in toto anno contingit. Tamén censura San Martín que o ano empece polas calendas de xaneiro e non polas de abril, sen dúbida porque ás primeiras enlazábase a festa céltica do solsticio de inverno, apelidada noutras terras festa de Joel. Entón botábase ao lume, con diversas cerimonias, un tronco, o que tamén veda San Martín aos seus diocesanos. Os nomes xentilicios dos días da semana, que se conservan en toda España, menos en Portugal, onde os designan á maneira eclesiástica: prima feira, terza feira, etc., o que non sería aventurado atribuílo ao influxo do bispo dumiense e de outros metropolitanos de Braga que seguiron os seus pasos.
-.-

Conversión do reino suevo

O paso definitivo para a integración entre os suevos e a aristocracia galaico romana, ¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (9)que supoñía ademais a plena consolidación da monarquía sueva, foi a conversión ao catolicismo do rei e da súa corte. O problema é que as fontes discrepan sobre cando se produzo o feito. Segundo Gregorio de Tours a conversión foi obra do rei Chariarico e tivo lugar arredor do ano 550, pero segundo Isidoro de Sevilla foi o rei Teodomiro, e a data no 570. Sen embargo, ambas versións coinciden no fundamental: no protagonismo que tivo neste feito Martín de Braga, un eclesiástico da Panonia, que foi abade de Dumio e bispo de Braga.

A historiografía actual inclínase a favor da versión de Gregorio de Tours, situando a chegada de Martín de Braga á Gallaecia no reinado de Chariarico (550-558/559) e relacionando a súa conversión ao catolicismo coa crecente influencia no reino suevo dos francos merovinxios e dos bizantinos, inimigos dos visigodos. Por iso destacan que Martín de Braga antes de ir a Galicia tiña estado no Oriente bizantino e que a súa chegada ao reino suevo coincide co desembarco dos bizantinos no sur de la península, onde fundaron a provincia de Spania, e, por outro lado, a influencia merovinxia -que tería chegado á Galaecia pola vía comercial marítima que unía a zona de Burdeos coas costas del noroeste de la península- manifestaríase na moi estendida veneración que existía entre os católicos galaico romanos por San Martín de Tours, quen, segundo Gregorio de Tours, tivo un papel destacado na conversión sueva ao catolicismo.​

A actividade de Martín de Braga, apoiada polo rei, centrouse na cristianización dos sectores rurais moi influídos polas crenzas pagáns e pola herexía priscilianista -como se deduce do seu tratado pastoral De correctione rusticorum- e na reorganización da Igrexa do reino para convertela nunha auténtica igrexa «nacional». Así, baixo a supervisión de Martín, que xa ocupaba a sede metropolitana de Braga, foi transformada a organización eclesiástica tradicional herdada del Baixo Imperio romano coa división do reino en 13 dioceses -algunhas delas novas-, á súa vez agrupadas en dous grandes distritos ou «provincias eclesiásticas»: unha meridional, cuxa sede metropolitana sería Braga, e outra setentrional, con Lugo como nova sede metropolitana. Esta división, segundo Luis A. García Moreno, adaptábase á «realidade territorial e política do reino suevo de entón. En efecto, neste reino as zonas setentrionais -correspondentes en liñas xerais ao antigo conventus Lucensis- presentaban con relación ás meridionais un evidente arcaísmo nas súas estruturas socioeconómicas: práctica inexistencia de núcleos urbanos de importancia, coa excepción de Lugo; existencia de distritos con restos de estruturas de tipo tribal cuxa organización eclesiástica estruturábase en torno a mosteiros episcopais de tradición céltica, etcétera». Os trece bispados da reorganizada Igrexa católica sueva foron os seguintes: Britonia; Lucus Augusti; Laniobrense; Iria; Flavia; Tudae; Auriensis; AsturicaAugusta; Dumiun; Portucale; Lamecum; Viseum; Conimbriga; Egitania.

Na consecución dos obxectivos de Martín de Braga foron fundamentais o Primeiro concilio de Braga e o Segundo concilio de Braga celebrados en maio do 561 e en xuño do 572, respectivamente. No primeiro -convocado baixo os auspicios do rei Ariamiro  (558/559-561), sucesor de Chariarico- tratouse a cuestión priscilianista e mailos problemas internos da Igrexa. No segundo -convocado durante o reinado do rei Miro (570-583), fillo de Tedomiro (561-570), sucesor á súa vez de Ariamiro- completouse a creación da Igrexa nacional sueva ao dotala do seu propio dereito canónico, tomado dos principais concilios da Igrexa grega..
-.-

Pensamentos de S. Martinho de Dume
A súa obra é unha "colectánea de textos breves, xeralmente de tipo sentencioso. Nalgúns casos, os pensamentos están lixeiramente retraballados na forma, pero sen adulterar o seu sentido dentro do contexto orixinal", escreve Pio Alves de Sousa, responsável por esta recolha.

Da súa introdución: "Especialmente nestes tratados, o santo bispo de Dume e Braga, que viviu no século VI, deixa transparentar a súa estreita relación con Séneca. S. Martinho non copia servilmente ao Filósofo de Córdoba, pero aproveita e traballa os seus escritos nunha perspectiva cristiá. É un exemplo típico, de acordo cos criterios da época, de sabia relación do cristianismo coa cultura. Por esta vía, o Bispo de Dume, nunha linguaxe purificada, de moral natural, consegue chegar a un público máis amplo que o dos fieis cristiáns e atravesar os séculos".

"Con esta colectánea, obviamente discutible, pretendemos que a influencia de S. Martinho de Dume se mantena viva en públicos que estean para alén dos cientificamente interesados na literatura cristiá antiga. Oxalá este contacto puntual esperte a curiosidade para lecturas mais extensas e completas.

Os temas que están na base dos pensamentos seleccionados son as virtudes da prudencia, da magnanimidade (a que tamén chama fortaleza), da temperanza e da xustiza; e os vicios da ira e da xactancia."

A obra integra da colección «Braga, Cidade Bimilenar», que inclúe o libro «Devocións», recolle páxinas con imaxes dalgúns dos santos venerados nas parroquias e santuarios de Braga, acompañados de oracións dedicadas ao respectivo oráculo.

A Fundação Bracara Augusta foi instituída en 18 de Marzo do 1996. Son os seus fundadores o Municipio de Braga, a Universidade do Minho, a Universidade Católica Portuguesa e o Cabido Metropolitano e Primacial de Braga
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES