Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santiago Rodríguez, meu pai

viernes, 26 de abril de 2024
"Seica unha das cousas que nos fan distintos ós outros seres vivos é que os humanos queremos que as nosas vidas transcendan máis aló da morte, que queremos perpetuar a nosa memoria para ser lembrados por futuras xeracións. (...) Partindo da certeza de que transcenderemos á morte, a pregunta a formular é como seremos lembrados no futuro? (...) Quen me dera poder coñecer a vida e obra de tódolos meus devanceiros..."

Estas verbas non son miñas. Escribiunas meu pai. Con elas comeza a súa novela, na Santiago Rodríguez, meu paique levaba traballando case un ano cando enfermou. Éralle importante a memoria. A dos seus antepasados, e a do seu querido padre, cuxa memoria se celebra neste pobo cada ano, cuxa memoria fomenta as letras galegas e castelás nesta Paradela nun certame literario de transcendencia internacional. Un certame, un pai, unha terra que lle deu tanto orgullo e satisfacción ó meu defunto pai.

Hai case un ano e medio estabamos os dous na casa de cultura, na entrega de premios, e xuntos recordamos con tenrura a un pai que eu nunca coñecín. Un pai estimado por moitos, querido por moitos, adorado pola súa familia, adorado por seu fillo. ¡Quén me dixera que tan cedo nos sería arrebatado meu pai, e que tras tan pouco tempo estaríamos aquí outra vez, falando da súa memoria! ¡Qué cruel, a herdanza dun loito, dunha mesma traxedia sufrida por pai e fillo, vértice compartido das nosas vidas! ¡Qué dor, sepultar a un marido, un pai, un irmán! ¡E qué pouco natural sepultar a un fillo! Ante esto, nos queda solo a incredulidade, a gratitude, a dor compartida, e a fe.

Quédanos, como meu pai tan ben soubo, a memoria. E no nome da familia, correspóndeme pronunciar agora unhas breves verbas de memoria. Do meu pai, que non solo coñecín, senón que quixen e admirei. Meu pai, que (un día nos dirá Deus por qué) nos foi quitado tan prematuramente, igual que pasou con aquel outro pai -meu avó- a quen nunca coñecín en persoa.

Sendo Paradela un pobo de cultura, penso que non estaría fora de lugar recordar neste momento unhas palabras de Jorge Manrique, que en chorando a morte do seu pai escribiu: "¡Qué amigo de sus amigos!". Estas palabras resoan na vosa presencia hoxe, na xenerosidade tan magnífica do Concello de Paradela en organizar este acto, na amizade de Xulio Xiz, José Manuel Mato, na compañía do Moi Ilustre Señor D. Luis Varela, Coengo Prefecto de Música de Lugo, de D. José Veiga Maceda, párroco de Paradela e D. Julio Fernández Doval, Vicario Xudicial da diocese, párroco en terras de Paradela. que nos acompañan hoxe, e por suposto no son da música. Manrique tamén escribe "Qué enemigo de sus enemigos!", pero esto non o podo dicir do meu pai porque inimigos non tivo. Ó largo da súa vida meu pai derrochou solo amizade e lealdade, a todos. As facultades que lle deu Deus, que foron considerables, as empregou sempre no servizo dos demais, con absoluta xenerosidade e humildade. A súa casa foi sempre casa de todos, o seu coche, coche de todos, o poder e a influencia que implicaba seu posto académico os empregou unicamente no apoio dos alumnos, Santiago Rodríguez, meu paiespecialmente dos máis necesitados, e por amor á ciencia. Esa ciencia, en cuxo intelixente orde (e desorde) meu pai apreciou a creatividade do alento divino.

¡Qué amigo, agora fillo, de Paradela! Da súa cultura, das súas memorias, dos seus persoeiros. Amigo de Galicia, da cal terminou namorado igual co seu pai, e seu fillo, tras unha larga historia de emigración herdada e propia. ¡Qué amigo daquela Galicia que percorreu coa súa familia dende a súa nenez, do fogar que tanto anhelábamos, contando os días ata as vacacións do verán e nadal!

Pero meu pai foi moito máis que amigo. Máis que un gran académico, docente por vocación, máis que promotor da cultura, e máis que escritor. Dixen xa que meu pai foi fillo, fillo devotísimo non solo do pai senón da nai, a quen adoraba. Foi tamén irmán, irmán leal. Foi esposo entregado e agarimoso da miña nai, a quen chamaba con moita honra o seu primeiro e único amor, que foi compañeira del durante trinta e dous anos de feliz matrimonio. Foi pai, o máis bo, paciente, divertido e xeneroso. Foi home da súa familia, á cal amou con todo o seu ser. E a inexorable capacidade de amar de meu pai resultou ser a parte máis arraigada da súa persoa. Porque cando un tumor lle arrebatou a brillantez intelectual, e logo a coordinación física e verbal, o que permaneceu en meu pai ata o final foron as ganas de responder cando lle dicíamos que o queríamos. Con eso non puido a enfermidade.

Quixera, no nome da familia, agradecerlles de todo corazón a todos vostedes, coñecidos, amigos, e familia; e a Paradela por esta tan digna mostra de agarimo polo meu pai, e por acompañarnos no noso loito. Non hai palabras que alcancen a altura da vosa xenerosidade, igual que as palabras non alcanzan a profundidade da nosa dor. Aos que teñan fe, lles pedimos que recen polo meu pai. Aos que non, que pensen nel. Así, que este oco nos nosos corazóns sexa un lugar de grata e prezada memoria.

Que D.E.P.

(Palabras de Carlos Rodríguez Otero, fillo de Santiago Rodríguez López, no acto de entrega do título de FILLO ADOPTIVO DE PARADELA a seu pai, a título póstumo).
Rodríguez Otero, Carlos
Rodríguez Otero, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES