Noticias

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie histórica, desde hai 28 anos

Galicia pechou o mes de abril cun dato histórico na cifra de persoas en situación de desemprego. Rexistrou 126.334 persoas en paro, o menor dato de toda a serie histórica (1996), é dicir, desde hai 28 anos. Galicia sitúase como a primeira comunidade autónoma na que máis baixou o paro en termos relativos con respecto a hai un ano e a terceira en absolutos. A caída nun -9,34 % supera en máis do dobre ao descenso rexistrado no Estado (-4,37 %). O paro caeu tamén na evolución mensual (-2,08 %), e, ademais, o descenso reflectido tanto na comparativa anual como mensual tivo lugar nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade.

Galicia pechou o mes de abril cun dato histórico na cifra de persoas en situación de desemprego. Rexistrou 126.334 persoas en paro, o menor dato de toda a serie histórica (1996), é dicir, desde hai 28 anos. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, valorou os datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social, que se publicaron hoxe, salientando a boa cifra, aínda que apelou á prudencia e a seguir traballando para mellorar o mercado laboral e axustar oferta e demanda. “É unha cifra histórica que hai que acoller con prudencia e, por suposto, seguir traballando da man do tecido empresarial para a mellora do mercado laboral e da súa calidade”, indicou.

Galicia sitúase como a primeira comunidade autónoma na que máis baixou o paro en termos relativos con respecto a hai un ano e a terceira en absolutos. A caída nun -9,34 % supera en máis do dobre ao descenso rexistrado no Estado (-4,37 %).

O paro caeu tamén na evolución mensual (-2,08 %), e, ademais, o descenso reflectido tanto na comparativa anual como mensual tivo lugar nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade. Tamén caeu o paro nos colectivos con máis dificultades para atopar un traballo. Así, a cifra de desempregados menores de 30 anos (13.851) é a máis baixa nun abril desde que hai rexistros (2006) e a de mulleres en paro (73.339) é a menor de toda a serie histórica (1996). O número de parados de longa duración (63.068) é o menor nun abril desde 2008.

Na comparativa con abril de 2023, por sectores económicos, a baixada do paro liderouna a construción (-12,87 %), seguida da industria (-12,54 %), do sector primario (-11,32 %) e dos servizos (-8,93 %).

Evolución mensual

Con respecto a marzo, o desemprego baixou entre as mulleres (-1,36 %) e os menores de 30 anos (-3,79 %). O titular de Emprego da Xunta, precisamente, indicou a prioridade do Goberno galego para poñer o foco das políticas laborais nos colectivos que presentan máis dificultades para acceder ao mercado de traballo como son, entre outros, os menores de 30 anos, as persoas maiores de 52 ou os parados de longa duración.

Con respecto ás afiliacións, Galicia continúa a crear emprego, cunha suba nas cotizacións reflectida tanto con respecto a hai un ano (+1,72 %) como na evolución mensual (+0,63 %). A comunidade galega conta con 1.068.335 afiliacións, unha cifra superior á rexistrada hai 15 anos (abril 2009).

Triplo compromiso para xerar emprego

O triplo compromiso que asume a nova Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vai encamiñada a esta mellora do mercado laboral. Son tres eixos para conseguir un emprego de calidade cun mercado laboral dinámico e inclusivo e un crecemento económico intelixente; garantir a competitividade do tecido comercial, asegurando a súa viabilidade e impulso e o relevo xeracional; e redobrar a aposta polo retorno das galegas e galegos no exterior para atraer talento.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración atópase nun proceso de escoita activa cos axentes sociais e económicos de Galicia para recoller as súas propostas e poder deseñar a través do diálogo as mellores medidas para avanzar no progreso de Galicia.

Entre outras políticas é preciso seguir incidindo no axuste da demanda coa oferta, para o que a Xunta avoga pola formación para o emprego adaptada ás necesidades do tecido produtivo, co Plan galego de formación para o emprego dotado en 2024 con máis de 117 millóns de euros; coa cooperación cos principais clústeres e asociacións para formar e reter talento; e ofrecendo formacións de curta duración para garantir a reciclaxe e actualización das capacidades dos traballadores.

R., 2024-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES