Notas de prensa

O Festival 17º Ribeira Sacra presenta avance do cartel da súa oitava edición

A oitava edición do festival 17º Ribeira Sacra, que terá lugar do 26 ao 28 de xullo en diversos escenarios do territorio lucense, anuncia un primeiro avance da súa programación. Denominado como “festival de experiencias”, o 17º Ribeira Sacra marida, non só música, senón tamén outras áreas que cada ano cobran maior protagonismo; como é a arte, a terra e a gastronomía.

Desta maneira, o público vive a experiencia completa e descobre a riqueza paisaxística así como vinícola do territorio, candidato a Patrimonio da Humanidade.
Carlangas y Los Cubatas, Say Yes Dog, Glassio, The Parrots, Mondra, Faneka e Doctor Explosión son os primeiros artistas confirmados da programación musical, que engloba unha variedade de propostas eclécticas.

Carlangas y Los Cubatas é o novo proxecto musical do galego e antigo líder de Novidades Carminha, que se une a Julián Goicoa, Brais R. Otero, Fiz García e Fer Areal neste último traballo, Bailódromo vol. 1, que reúne diferentes estilos para facer bailar ao público.
O grupo Say Yes Dog está formado por dous alemáns e un luxemburgués. O trío fusiona melodías bailables con sintetizadores de gran efecto: sobre uns ritmos potentes; as voces dan cobertura a un son equilibrado e espontáneo.

Glassio regresa a 17º Ribeira Sacra con novas cancións debaixo do brazo. O compositor e produtor irlandés-iraniano Sam R., mestura a electrónica, a new wave e o pop con harmonías ao estilo de míticas formacións como The Beach Boys.

Os concertos dos madrileños The Parrots son éxito asegurado, mesturando os seus hits máis escoitados con outros temas inspirados en bandas de garage rock como Black Lips.
O début de Mondra tamén chega á Ribeira Sacra, que presentará o seu primeiro traballo discográfico “Arden”, unha proposta íntima e irreverente á vez, vencellado ás raíces do folclore galego.

Faneka é un dos grupos revelación máis potentes do panorama musical actual, debido á súa aposta por unha combinación de sons tan única como o folclore iberamericano e o rock progresivo.

Por último, a banda asturiana Doctor Explosión regresa aos escenarios tras sacar o seu último disco chamado "Superioridad Moral". Neste novo traballo manteñen a súa actitude punk e garagera que os caracterizou na década dos 90.

Proximamente, darase a coñecer o resto de programación do festival, que reunirá de novo concertos nalgúns dos escenarios máis singulares da Ribeira Sacra, como son as Adegas Regina Viarum, as Adegas de Vilachá, o Miradoiro de Santiorxo – Escenario Momentos Alhambra -, ou Chantada.

As experiencias tamén forman parte da esencia deste festival. Catas, visitas guiadas ou concertos en escenarios únicos como o Concerto Sorpresa Cervezas Alhambra a bordo dun catamarán navegando o río Sil, son algunhas das actividades vinculadas ao patrimonio e a natureza que se ofrecen. Así a marca está presente naquelas accións nas que se crean momentos especiais en espazos singulares, buscando sempre xerar instantes únicos que conviden a gozar dunha Alhambra coa mellor banda sonora de fondo.

A gastronomía e a arte tamén forman parte desta proposta pola que xa pasaron en edicións anteriores chefs de renome como Lucía Freitas ou Luis Veira, dos restaurantes A Tafona e Ãrbore da Veira respectivamente, quenes ofreceu unha selección de pratos de calidade, elaborados con ingredientes de proximidade. O ano pasado o público tamén puido admirar a exposición do artista galego Suso Fandiño, comisariada por Cooperativa Performa.

17º Ribeira Sacra acaba de ser nomeado vencedor na categoría de Best Small Festival nos premios Iberian Festival Awards. O festival, recibiu o mesmo galardón o ano pasado, consolidándose así, como o festival de pequeno formato de maior calidade de toda a península ibérica.

O festival volve contar con Cervezas Alhambra como patrocinador principal na aposta pola consolidación deste festival, ademais do apoio do resto de institucións colaboradoras, destacando a Xunta de Galicia, así como ás Bodegas Regina Viarum, escenario principal do festival.

Os abonos para esta oitava edición atópanse á venda en www.festivalribeirasacra.com e, proximamente, poñerase ao dispor do público as entradas para as experiencias así como para o transporte do festival, no marco do seu plan de mobilidade.

Festival 17º Ribeira Sacra, 2024-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-catedral-sant.jpg) Tivo lugar a entrega de distintivos Q e S de Calidade Turística 2024 da Axencia de Turismo de Galicia. Este ano entregáronse 53 novas distincións Q de Calidade e 39 S de Sostibilidade. Actualmente, Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis distintivos Q e a cuarta de distintivos S. O sector turístico galego atravesa un dos seus mellores momentos, con cifras récord no 2023 e cada vez máis diversificado e desestacionalizado, e con máis de 1,3 millóns de viaxeiros que se aloxaron nos establecementos turísticos galegos nos primeiros catro meses do ano e á crecente tendencia á internacionalización do destino, cun crecemento do 5% do número de turistas estranxeiros que se aloxaron en Galicia no que vai de ano.
Foto de la tercera plana (universidade-estudante.jpg) Un total de 106 universitarios que remataron os seus estudos no ano 2023 veñen de ser galardoados cos Premios fin de carreira pola súa excelencia académica. Así o recoñece a Xunta de Galicia, que publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución con estas distincións. O 62% do alumnado recoñecido son mulleres e, do total de galardoados, 52 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela, 35 á de Vigo e 19 á da Coruña. Os mellores expedientes distribúense entre 64 titulacións nos diferentes campus.

Notas

O profesor do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña, José Antonio Orosa García, e Ander Ruiz Zardoya, doutorado pola UDC, acaban de ser galardoados pola revista especializada do ámbito mariño Journal of Marine Science and Engineering (JMSE) (Q1), polo seu artigo 'Methodological Design Optimization of a Marine LNG Internal Combustion Gas Engine to Burn Alternative Fuels'.
Tivo lugar o xoves 30 de maio no salón de plenos de Concello de Paradela a reunión do xurado do XXIX CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÃGUEZ LÓPEZ, que organiza o propio Concello. Os primeiros premios foron para LUIS LEXANDEL P. G. (CUBA) na categoría de poesía; CRISTÓBAL S. P. (PONTEVEDRA) en narrativa, e JESÚS C. N. (SANTIAGO DE COMPOSTELA) na categoría Camiño de Santiago.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES