Notas de prensa

O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da UDC acolle unha xornada sobre Terapia Celular e Medicina Rexenerativa

O Grupo de investigación en Terapia Celular e Medicina Rexenerativa da Universidade da Coruña, coordinado pola profesora da Facultade de Ciencias da Saúde Silvia María Díaz Prado, organiza o vindeiro martes, día 3 de outubro, a XVI Xornada Científica en Terapia Celular e Medicina Rexenerativa.

O evento terá lugar durante toda a mañá, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no salón de actos do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA), no Campus de Elviña. As xornadas van dirixidas a investigadores do ámbito biomédico, profesionais e estudantes de ciencias da saúde e titulacións afíns.

A inauguración do evento será ás 9:00 horas e contará coa asistencia de Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC; Mar Castellanos, directora científica do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC); Jaime Rodríguez, director científico do CICA, e a docente Silvia María Díaz.

A continuación terá lugar o ciclo de conferencias, que contará coa participación de expertos como Jesús Pino, do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do CHUS; Gema Lorenzo, do Centro de Investigación en Sanidade Animal CISA-INIA-CSIC de Valdeolmos, Madrid; Antonio Macías, do departamento de Enxeñaría Mecánica, Enerxética e dos Materiais da Universidade de Extremadura; Jacqueline León, da School of Life Sciences da University of Westminster, Reino Unido; e Mercedes Fernández, do INIBIC. A clausura das xornadas terá lugar ás 14:00 horas por parte de Silvia María Díaz.

Universidade da Coruña (UDC), 2023-09-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-catedral-sant.jpg) Tivo lugar a entrega de distintivos Q e S de Calidade Turística 2024 da Axencia de Turismo de Galicia. Este ano entregáronse 53 novas distincións Q de Calidade e 39 S de Sostibilidade. Actualmente, Galicia é a segunda comunidade autónoma con máis distintivos Q e a cuarta de distintivos S. O sector turístico galego atravesa un dos seus mellores momentos, con cifras récord no 2023 e cada vez máis diversificado e desestacionalizado, e con máis de 1,3 millóns de viaxeiros que se aloxaron nos establecementos turísticos galegos nos primeiros catro meses do ano e á crecente tendencia á internacionalización do destino, cun crecemento do 5% do número de turistas estranxeiros que se aloxaron en Galicia no que vai de ano.
Foto de la tercera plana (universidade-estudante.jpg) Un total de 106 universitarios que remataron os seus estudos no ano 2023 veñen de ser galardoados cos Premios fin de carreira pola súa excelencia académica. Así o recoñece a Xunta de Galicia, que publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución con estas distincións. O 62% do alumnado recoñecido son mulleres e, do total de galardoados, 52 pertencen á Universidade de Santiago de Compostela, 35 á de Vigo e 19 á da Coruña. Os mellores expedientes distribúense entre 64 titulacións nos diferentes campus.

Notas

O profesor do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña, José Antonio Orosa García, e Ander Ruiz Zardoya, doutorado pola UDC, acaban de ser galardoados pola revista especializada do ámbito mariño Journal of Marine Science and Engineering (JMSE) (Q1), polo seu artigo 'Methodological Design Optimization of a Marine LNG Internal Combustion Gas Engine to Burn Alternative Fuels'.
Tivo lugar o xoves 30 de maio no salón de plenos de Concello de Paradela a reunión do xurado do XXIX CERTAME LITERARIO MANUEL ORESTE RODRÃGUEZ LÓPEZ, que organiza o propio Concello. Os primeiros premios foron para LUIS LEXANDEL P. G. (CUBA) na categoría de poesía; CRISTÓBAL S. P. (PONTEVEDRA) en narrativa, e JESÚS C. N. (SANTIAGO DE COMPOSTELA) na categoría Camiño de Santiago.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES