ELEUTERIO.-¿Como que se foron?. ¿Por onde saíron?.
XOANA.-Por aquí non pasaron.
ROSA.-Pois, outra porta non hai.
RICARDO.-Fuxirían pola ventá, pero, ¿por que?.
ELÍAS.-Eu xa lles notaba algo raro.
GABRIELA.-¿Ía de aquí esa parella?. Preguntáronme se viña para a taberna e déronme unha carta.
ELEUTERIO.-¿Unha carta?.
ELÍAS.-¿Que di?.
GABRIELA.-(Abre a carta e le). Xa vos dixemos que non somos de ningún sitio e somos de todos. Fixo falta que nacese aquí un neno para
que descubrísedes vós mesmos que sodes hospitalarios, xenerosos, solidarios, para que recuperásedes a
ilusión por vivir e o gusto por celebrar, para que caésedes na conta de que podedes refacer o mundo que
criticades. Xa hai anos que vos naceu o Neno que facía falta. A El tédelo sempre con vós dándovos alento,
pero esquecédesvos e é necesario recordalo. Esa é a nosa misión. Temos que seguir, porque nos agardan
noutros sitios. Graciñas e perdoar por todo.
RICARDO.-Parece un soño.
XOANA.-É mellor seguir durmindo e soñando.
ELEUTERIO.-(Sorrindo). Non. É mellor espertar e converter o soño en realidade.