O Traballo

María Ángeles
Rodríguez Rozas
Poderíamos defini-lo traballo como toda actividade productiva a cambio dun prezo; pero na nosa sociedade este termo é moito máis complexo.
Tendo en conta que ninguén quere vender o seu esforzo podendo evitalo, é dicir ,tendo medios que permitan subsistir ou que un bo día toque a lotería...
Os traballadores atópanse en inferioridade de condicións con respecto os “compradores de traballo” , son eles os que necesitan o traballo para non morrer de fame, ou pasalo mal, por isto os Estados interviñeron nas relación laborais constituíndo o Dereito Laboral e creáronse así os sindicatos que traballan para protexeren ós traballadores obrigando s Estados a que fagan leis como:
  • O dereito a unha protección no caso de despido inxustificado.
  • As condicións de taballo sexan xustas e equitativas.
  • Prohibición do traballo infantil e garantindo a protección dos xoves no traballo.

Artigo 31: Condicións de traballo xustas e equitativas.


En todo e para todo
SOLIDARIEDADE