Europa con Saúde

María Isabel Núñez Cobas
Esta idea ven a dicirnos que tódalas persoas teñen uns dereitos respecto a prevención e atención sanitaria.

Todos temos dereito a que nos fagan unha revisión médica en calquera momento, tanto si padecemos calquera tipo de doenza ou ben para descartar que esteamos a padecela.

Debemos ter asignado un médico de familia que será o que nos practique a primeira exploración, e, si é preciso, nos envíe a un especialista, que, en definitiva, é o que debe te-los coñecementos específicos da nosa doenza ademais dos medios materias necesarios para un diagnóstico axeitado. Segundo as prácticas nacionais, tal como se recolle no Artigo 35 da Carta, que reforza os dereitos fundamentais da Unión.

Se estas persoas (O médico de familia ou o especialista de cota) non dispoñen dos medios necesarios e precisos para emitir un diagnóstico, poñerán á nosa disposición ós centros ou hospitais, onde poidan dispor deles.

Debemos coñece-los nosos dereitos sanitarios, pois servirannos de moito para ter unha vida saudable. Tamén debemos coñece-las nosas obrigas e, sobre todo, cumprilas. ¡Temos que coidar da saúde!